08 febrero 2014

CANDELORIA


A Candeloria en Galicia é o día do casamento dos paxaros. Representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera. Ademais, para os mariñeiros era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal. Estivo montada esta exposición con libros de paxaros e coas tarxetas das clases de 2º.

06 febrero 2014

Escribindo con Castelao.

O 30 de xaneiro coincidindo co nacemento de Castelao e o Día da Ilustración, comenzouse con esta actividade de escritura.A partires de cadros de Castelao os nenos e as nenas fixeron voar a súa imaxinación inventando historias de eses cadros:  de nenos, de paisaxes, de demos, bailarinas, ...

05 febrero 2014

Entrevista a un premio Nobel

Por fin nos visitou o personaxe misterioso e os cuartos puideron facerlle a entrevista.
Don Camilo foi respostando as numerosas preguntas. Tamén ensinou os cromos de fútbol que coleccionaba, a medalla do Nobel, ...
Logo tocou escribir en  LOSPAPELESDEIRIAFLAVIA.


Contos de Nadal coas Familias.

Contos Clásicos adaptados ao tempo de Nadal polas familias.

Tren cos dereitos dos nenos e nenas.

No acto da Paz que celebramos o xoves recordamos os dereitos dos nenos e vimos os trens elaborados polas clases.


29 enero 2014

Acto pola Paz.

Nos corredores do cole hai colocados dous trens cheos de Dereitos dos Nenos elaborados entre todas as clases. 
Esta é só a locomotora!
Mañá xuntarémonos todos para  ver os vagóns e logo cantar a canción Es Tiempo de Cambiar de Juanes.

Traballo de investigación: Nelson Mandela.

Temos na biblioteca exposto un traballo de investigación a cerca da figura de Nelson Mandela elaborada por algúns alumnos e alumnas da clase de 6º C.
Hai que seguir a información no sentido das agullas do reloxo para coñercer un pouco mellor a figura de Nelson Mandela.
Tamén unha selección de premiados co Premios Nobel da Paz.

Contacontos A bomba da Felicidade.

Hoxe tivemos un contacontos pola Paz. Carmela contounos :A bomba da Felicidade. Unha adaptación dun conto Da Galiña Azul de Carlos Casares. 


Día da Ilustración

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu por primeira vez, no calendario da lectura de 2014, a celebración do Día da Ilustración en Galicia, coincidindo coa data de nacemento de Castelao, e celebrando así unha das facetas desta importante figura da historia e da cultura galega. E a estrea é de luxo pois vén acompañada dun cartel deseñado por Miguelanxo Prado, un dos máximos representantes do mundo da ilustración galega. 

Algunhas clases do cole tamén están facendo algún traballiño relacionado con Castelao como ilustrador. Xa vos manteremos informados.

FESTIVAL DE NADAL 2º CICLO

25 enero 2014

Anímate e ven a biblioteca.

Unha vez máis volvemos a colaborar os equipos do cole para programar unha semana de Contacontos ou curtas relacionadas coa paz, os dereitos, a igualdade....

Máis recursos para a Paz

Contos e actividades para Educación Infantil:
O soño de Lolo fala das diferencias.
         La paloma Mari Paz
Vídeos:
                                      Recursos paz