23 enero 2014

Nelson Mandela

Dende a Biblioteca do CEIP Andrade chéganos un prezi, cunha adaptación e tradución ao galego do libro "Me llamo... Nelson Mandela"da editorial Parramón.
Pincha aquí para ver a presentación. Tarda un pouco en cargar.

 O libro El autobús de Rosa para coñecer un pouco mellor o tema do Apartheid.

Un cuestionario on line sobre a figura de Nelson Mandela.

22 enero 2014

Coñecendo a Cela

Os cursos que rematan ciclo están coñecendo a figura de Cela, Don Camilo ou como lle chamaban súas tías e nai Camiliño Josesiño.
Dous encargados da Fundación Camilo José Cela desenvolven a actividade.
Os cursos de segundo tiveron unha actividade titulada: 
A casa das Letras.
Onde a parte de coñecer a CJC, elaboraron un conto a partires da extracción das letras dunha casa e logo ilustránonno e contáronno.

Para os de cuarto a actividade é diferente . Títulase entrevista a un premio Nobel e nesta primeira sesión están aprendendo a formular as preguntas como verdadeiros reporteiros. Ata gañaron un carnet de xornalista para poder asistir á seguinte sesión, onde entrevistarán a un personaxe misterioso.
Quen será?

A nosa selección de libros da paz.

Estes son libros para facer usos durante estes días na biblioteca ou levalos os mestres e mestras a aula e logo volver colocalos na exposición.

Durante esta semana, estes libros  non se emprestarán, para levar as casas.

Grazas!

A nosa porta volve a falar.

Recórdanos datas importantes do mes de Xaneiro como son: 
O nacemento e morte de ADR Castelao.
O nacemento de Wolfgang Amadeus Mozart.
30 de Xaneiro día escolar da Paz e non Violencia.

A Bomba da Felicidade.

Un libro de Carlos Casares co que miles de nenos e persoas maiores se introduciron na literatura infantil na nosa lingua. Publicado por primeira vez en 1968, neste libro o narrador vai recordando para unha nena amiga, Ana, algúns episodios vividos por ela na infancia, entre os que destacan as historias de Leoncio, o inventor da bomba da Felicidade e do "papaio", unha lingua para falar cos paxaros. 

Os nenos e nenas de 2º A elaboraron a súa adaptación deste conto con motivo do día da Paz.


Para a semana que vén tamén o contarán na biblioteca.                                       
Agardámosvos!



20 enero 2014

O nacemento do dragón.

Esta obra  conta a orixe desta criatura mítica, creada en tempos inmemorias polos nenos e nenas das diversas tribos chinesas como animal da Paz.

19 enero 2014

Recomendamos A orquestra de Clara.

Quen me dera que a música guiase o mundo era o desexo/soño da nena protagonista de A orquestra de Clara, unha novela que Tambre publica na colección Ala Delta e que a súa autora, Elisa Ramón, dirixe aos primeiros lectores.

Convencida das propiedades terapéuticas da música, a rapaza, que xa practicamente vivira dende o nacemento entre instrumentos e partituras, empéñase en refuxiarse na arte de combinar os sons de acordo coas leis da melodía, harmonía e ritmo e canalizar así a súa tristeza, cando o Ministerio da Guerra lle solicita que se incorpore a filas, os seus medos, cando se ve preto do campo de batalla ou mesmo o seu desacordo co que está facendo.

Entre cancións e interpretacións discorre a historia que bebe da realidade os personaxes e a arte musical.

Na procura dun mundo (máis) xusto para todos hai que tentar sementar paz alí onde parece que todo é destrución, entoar unha melodía onde todo é ruído e facer, coma no conto, que os demais sigan o exemplo e se rebelen contra as inxustizas, a guerra, a agresión e a opresión. Oxalá que, coma no conto, alguén entoase unha cancón e todos foramos capaces de abandonar malosentendidos, sensabores e disgustos e acollérmonos os sons melódicos e harmoniosos da paz e da ausencia de conflito.

Música de cores

http://programaeducativo.ayudaenaccion.org/files/2013/11/Bloque-MUSICA-DE-CORES-GAL.pdfMúsica de cores é a proposta que fai Axuda en Acción para traballar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, que se celebrará o próximo 30 de xaneiro. O material pretende unir a toda a Comunidade Educativa (docentes, alumnado, persoal non docente e familias) a través dunha reflexión sobre as barreiras que nós mesmos levantamos para protexernos do medo, e que provocan aínda máis medo e intolerancia. Ademais esta actividade ten como obxectivo infundir no alumnado a necesidade de comprender o por que das cousas e buscar formas de vencer eses medos en vez de evitalos, así como construír un mundo máis xusto mediante a promoción do diálogo. 
Preme aquí para acceder aos materiais.

Un conto para a Paz. Marce o carteiro.

Dende a Biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica 
 chéganos este conto tan dulce para a PAZ.
Marce, o carteiro from bemilladoiro on Vimeo.

18 enero 2014

ES TIEMPO DE CAMBIAR.

Esta é a canción que cantaremos todos xuntos o día 30. 
Es tiempo de cambiar.It´s time to change de Juanes.

Xa podedes ir practicando!
Letra da canción impresa.

17 enero 2014

FALEMOS DE PAZ



Varios poemas de escritores e escritoras galegas cunha temática común: "A Paz".
Os mesmos poemas pero para traballar nas clases. Falemos de Paz.

Nelson Mandela

Achegándonos ao día da Paz e non Violencia gustaríanos que coñecesedes mellor a figura de Nelson Mandela. Premio Nobel da Paz.
A morte e algo inevitable cando un home fixo todo o que creía necesario polo seu pobo e país pode descansar en paz creo que eu cumprín ese deber, e por iso descansarei na eternidade.
Caza do tesouro sobre Mandela.

Documental sobre a súa vida.




Coñece a Mandela.


16 enero 2014

Castelao

Neste mes de Xaneiro , coinciden dúas datas importantes. Por unha banda o nacemento de ADR Castelao o 30 de xaneiro  e pola outra a súa morte o 7 de xaneiro. 
Xoga e descubre Castelao. 

15 enero 2014

Tempo de acivros tempo de libros.

Para os que non puideron asistir, aínda que con retraso, chega o video do que foi a presentación das recomendacións lectoras das bibliotecas do concello de Rianxo.
Tempo de acivros .Tempo de libros.

03 enero 2014

Itinerario Lector

Unhas actividades para traballar co libro: 
Cando a Terra esqueceu xirar de Fina Casalderrey 
incluído no itinerario lector  do primeiro ciclo.