Para conmemorar este día tan especial preparamos unha actividade titulada " Viaxa cun libro". Cada aula tiña que escoller un lugar do mundo e o libro ou lenda que mellor o represente para elaborar nunha cartolina a portada de dito libro ou unha imaxe da lenda.
Preparamos un mapa do mundo e pegamos as ilustracións arredor do mesmo. Aínda non o temos rematado pero vai quedar ben xeitoso, verdade?
Xa case está...
Ademais, as aulas fixeron diferentes actividades.
Aquí tedes unha mostra do que fixeron as aulas de segundo de primaria. Como vedes, montaron un fermoso mural con debuxos dos seus libros favoritos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario