20 octubre 2019

LEMA BIBLIOTECAS ESCOLARES 2019-2020


A Dirección Xeral de Centros e Recusos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía" . Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece una imaxe múltiple e evocadora de diversas situación que unha biblioteca escolar pode facilitar.

Intervir na biblioteca escolar (nos seus espazos, nos seus tempos, nos seus recursos e actividades) ten consecuencias para o alumnado e para a comunidade educativa. Das características e dos enfoques desa intervención dependen os usos e as oportunidades que a biblioteca pode ofrecer. Cómpre una reflexión sobre a distribución dos espazos, a organización dos tempos, a selección dos recursos e, moi especialmente, sobre o enfoque das actividades, co fin de que a biblioteca escolar poida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecementeo, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.



No hay comentarios: