23 abril 2009

24 de abril, Os alumnos de 6º D visitarán a Biblioteca Municipal

Seguindos cos actos de conmemoración de "abril mes dos libros",
os alumnos de 6º D visitarán a biblioteca municipal.

Realizarán unha sesión de introducción á banda deseñada,
BD, é dicir, cómic. E coñecerán un pouco a obra de David Prieto Seijo,
que visitará a Biblioteca Municipal o vindeiro sábado 25 de abriL ás 11 da mañán.

AS PRAZAS SON LIMITADAS ASÍ QUE APÚNTATE CANTO ANTES.



Cómic de Trasmallo "O tesouro de carraxe Sieiro".
Trata sobre RIANXO.
Seguro que coñecedes moitos lugares.
¿Atrevédesvos a comprobalo?

4 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Parabéns por achegarvos á blogosfera. Un novo xeito de facer visibles as nosas bibliotecas na rede. Un blog fermoso, moi fermoso. Parabéns.
Saúdos desde Iniciarte.

Biblioafonso dijo...

Xa tesdes blog. Fantástico. A medrar con eles. Felicitacións.
Saúdos desde Cambre.

Orbil dijo...

Benvidos a blogosfera.
Que a travesía por ese mar de libros sexa pracenteira.
Saúdos de Órbil para Xouba Castelao

Anónimo dijo...

Ola veciñ@s!
Parabéns polo voso blog e pola vosa bilioteca. Dá gusto tervos tan pertiño tamén na "blogosfera".
Queremos convidarvos a continuar unha cadea de desexos e fantasía que chegou ata nós desde outra biblioteca escolar.
Vide de visita a
www.blogoteca.com/bbs
para saber máis.

Unha aperta
Biblioteca Brea Segade de Taragoña