31 enero 2022

DÍA DA PAZ: CAMIÑO POLA PAZ

 Como tódolos anos, fixemos unha exposición de libros sobre a Paz na biblioteca. 




Este ano para conmemorar o Día da Paz elaboramos un mural con diferentes imaxes de Rianxo. O título elixido para este traballo foi "Camiño pola Paz" xa que o Camiño de Santiago pasa pola nosa vila.

Cada aula elixiu un lugar de Rianxo ou un lugar polo que pasara o Camiño de Santiago que lle gustara especialmente. Para iso os rapaces e rapazas sacaron fotos no seu tempo de lecer e logo trouxéronas ás súas aulas. Unha vez alí, realizaron un traballo de selección entre todos. 

Logo plasmaron esa foto no mural empregando papel con diferentes formatos e texturas. O resultado final foi moi interesante.

Podedes ver a praia das Cunchas,  a praia da Torre, o paseo do río Té, o paseo do Castelo da Lúa, a igrexa de Rianxo ao atardecer... ata o famoso Faro de Corrubedo.

 Gústavos?




21 diciembre 2021

AS NOSAS ACTIVIDADES DE NADAL

 A rapazada de 4° B realizou estes cartaces para colocar no concello, no auditorio e na biblioteca municipal e así desexarlle un bo nadal a toda a vila.






Os nenos e nenas de 2° A realizaron uns carteis para animar ás familias a mercar libros no Nadal.


 


Os maiores de infantil, os nenos e nenas da aula de 5 anos A, elaboraron estas fermosas postais para desexarlles un Bo Nadal ao seus seres queridos.




20 diciembre 2021

OBRADOIROS MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasaron os rapaces e rapazas nos obradoiros científicos organizados para o Mes da Ciencia en Galego.




SÍMBOLOS DO CAMIÑO: A VIEIRA

 Coñecemos un pouquiño máis sobre algún símbolo do camiño. A vieira tamén ten as súas curiosidades.

ÁRBORES DE NADAL

 Este ano fixemos estas fermosas árbores de nadal. Continuando  co noso proxecto sobre o Camiño de Santiago cada aula elaborou unha cuncha de vieira con motivos navideños. Despois xuntamos todas e aquí tedes o resultado.





Quedáronnos moi bonitiñas, verdade?

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

 

17 diciembre 2021

EXPOSICIÓN LIBROS DE NADAL

 Aquí tedes unha pequena exposición de libros sobre o Nadal que temos na biblioteca. Este ano temos novidades.






09 diciembre 2021

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA: VISITA DAS DIFERENTES AULAS

 Nas seguintes imaxes podedes ver algunhas das actividades que realizaron os alumnos e alumnas das diferentes aulas durante a inauguración da biblioteca para este curso.

Aquí podedes velos coloreando o marcapáxinas co lema deste curso, coloreando os seres fantásticos do camiño e tamén redactando a súa parte do conto colectivo que crearon entre tódalas aulas tomando como fío conductor o libro Seres Fantásticos do Camiño de Xan Eguía.


29 noviembre 2021

25-N

A  proposta desde os equipos de  biblioteca e dinamización para celebrar o 25-N este curso foi a elaboración dun lienzo co debuxo dunha peregrina. Cada aula tiña que escoller unha muller de calquera idade, anónima ou famosa e debuxala facendo o Camiño de Santiago. Tamén podían escoller o medio de transporte: bicicleta, a pé, a cabalo, etc.
O debuxo ía acompañado dun lema moi importante " Camiño por.....".
Con todo isto fixemos unha exposición dos cadros en cada pavillón.

Aquí tedes unha foto de como quedou a exposición do pavillón de infantil.




Ademáis, cada aula conmemorou este día con diferentes actividades.

Por exemplo, a rapazada de 2º, despois de traballar o libro "Cuando las niñas vuelan alto" fixeron diferentes actividades. Aquí tedes unha pequena mostra:


Os alumnos de 4º A elaboraron uns cartaces para os comercios da vila aproveitando os debuxos da súa peregrina.



                

27 noviembre 2021

MÚSICA NO CAMIÑO: CONCERTO DE ARPA

 Este venres, 26 de novembro, os alumnos e alumnas  de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. puideron disfrutar dun concerto didáctico de arpa ofrecido por Alba Franco. Ademais de tocar varias pezas, explicoulles as diferentes partes deste marabilloso instrumento.





Moitas grazas Alba!



24 noviembre 2021

TOUPICIENCIA. A XANELA DO MAXÍN

No Portal da Lingua Galega podedes ver unha miniserie sobre divulgación científica en galego. Picade na imaxe para acceder aos vídeos.



 

22 noviembre 2021

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Este ano volvemos celebrar o Samaín no colexio e recuperamos a tradición das cabazas decoradas. 

Houbo cabazas de todo tipo: unicornios, bruxas, fadas...ata tivemos cabazas peregrinas.

Picade na imaxe para poder ver as cabazas que trouxo o alumnado e tamén os seus disfraces.


A nós gustáronnos moitísimo! E a vós?

02 noviembre 2021

CONTOS TERRORÍFICOS PARA CELEBRAR O SAMAÍN

Como ben sabedes, o venres celebramos o Samaín no colexio. Para celebralo, os rapaces de 5º crearon contos de terror. Cada neno creou o seu monstro e inventou un conto de medo para ler o día de Samaín.

Fixérono nas súas aulas xa que como sabedes aínda non podemos xuntar grupos. 

Como vedes, leron na penumbra.  Algúns contos daban moito meeedoooo!



25 octubre 2021

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este ano renovamos as mochilas viaxeiras por dentro e por fóra.

En primeiro lugar, mirade que bonitiñas son estas novas mochilas do Xacobeo (graciñas profe Lourdes).
E agora,  mirade o material que propoñemos este ano. Sí, sí, vedes ben, catro cousiñas: un conto, unha revista de National Geographic Kids, un libro de Ciencia e un xogo de mesa.
Levan tamén unha pequena tarxeta para que fagades nela o que se vos ocorra: un debuxiño, unha pequeniña explicación de algo que vos gustara da mochila, un collage ou incluso unha fotografía vosa coa mochila.
Con todas as tarxetas faremos unha exposición no colexio e tamén intentaremos subir ao blog as fotos para que as familias tamén poidades velas.



Esperamos que vos guste esta nova proposta das mochilas e desfrutedes en familia.

24 octubre 2021

MALETA VIAXEIRA SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO

 

Durante este mes, tivemos na biblioteca unha Maleta Viaxeira sobre o Camiño de Santiago ofertada pola asesoría de Bibliotecas Escolares. As aulas puideron vir ata a biblioteca para ler o contido de dita maleta. Hai dende guías do camiño, ata lendas e contos basados no Camiño.




18 octubre 2021

PASAPALABRA SOBRE OS VOLCÁNS

Aquí tedes un pasapalabra en galego elaborado por algunhas mestras que forman parte do equipo de biblioteca para que poidades aprender un pouco máis sobre os volcáns.


MÚSICA NO CAMIÑO: CONCERTO DE JAZZ

 Este venres os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 2º desfrutaron dun concerto de Jazz levado a cabo pola cantante Silvia Ferre.

Todos aprenderon moitísimo e pasárono aínda mellor!

Aquí tedes unhas imaxes para que poidades ver canto lles gustou!







Moitas grazas Silvia!