| ||
| De Buzón |
17 junio 2016
Libriño de xogos populares e tradicionais galegos.
Os xogos populares, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.
XOGANDO A FACER TEATRO. XOVES CONTO.
Os nenos e nenas de 2º A representaron Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo de Manuel María.
Moi ben!!
Sodes uns artistazos e artistazas!!
Na terra de Castelao hai canteira para o teatro.
Teatro de guiñol.
Teño un teatro xeitoso.
Máis xeitoso non o hai!
Teño un teatro pequeno
agasallo de meu pai.
É un teatro sinxelo,
un teatriño moi bon
e tan práctico que cabe
no máis pequeno rincón.
Teño bonecos de goma,
de cartón e de papel.
Chámanse Barriga Verde,
Bululú e Tía Isabel…!
E teño unha cachiporra
que mete unhos estacazos
tan feroces e potentes
que semellan canonazos!
O meu teatro é un mundo.
Os personaxes que invento
teñen vida, fantasía
e doulles coñecemento…!
Eu represento comedias,
dramiñas, dramas, dramóns c
os meus bonecos que rin,
cos meus bonecos choróns…!
Manuel María.
13 mayo 2016
06 mayo 2016
04 mayo 2016
Enquisa alumnado
Si estás en 3º, 4º, 5º ou 6º cubre esta enquisa, por favor. Axúdanos a mellorar ;-)
Enquisa Familias
Contamos con vós para mellorar!
En 5 minutiños cubride esta enquisa e facédenos chegar todas as suxerencias para mellorar que consideredes imortantes. Terémolas en conta!
Enquisa Profesorado
Por favor, cubride a seguinte enquisa. Con só 5 minutiños do teu tempo obteremos datos que son necesarios para a avaliación. Grazas!
26 abril 2016
"Soñando Galicia... con Manuel María"
Xa está chegando a todos os colexios de Infantil e Primaria de Galicia e outros lugares sinalados a nosa exposición
"Soñando Galicia... con Manuel María"
gañadora do Concurso-Exposición sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016, Manuel María.
E, como vos prometemos, aquí a tedes a guía e os carteis. (Picade nos enlaces anteriores)
Se o preferides, podedes acceder ao Portal da Lingua Galega onde está colgado o traballo.(Picade na imaxe)
18 abril 2016
Os libros son para VALENTES
Nesta ocasión foi Pedro Feijoo quen nos agasallou co seu texto
"Os libros son para valentes"
Picade na imaxe para ver o díptico completo.
Recompilación de contos en Power Point e Slideshare
No blog Leyendo, leyendo, disfruto y aprendo hai un montón de recursos relacionados coa lectura.
Nesta ocasión queremos recomendarvos a recompilación de contos en Power Point e Slideshare que podedes atopar nel.
Pica encima da seguinte imaxe e irás directamente a dita sección

Queres ser un Contacontos na nosa biblioteca?
Só tes que seguir estes tres pasos ben sinxelos:
1.- Elixe un dos contos do enlace anterior ou calquera que a ti che guste.
2.- Preparao un pouquiño (Practica lendoo varias veces, tamén en voz alta)
3.- Fala con algún dos profes de garda da biblioteca para elexir un día de Xoves Conto para contalo
Anímate e Participa!!!!
Máis recursos Día do Libro
Día do Libro
Queres coñecer a Don Quixote?
Neste libro interactivo atoparás dúas aventuras de Don Quixote e Breogán.
Pincha na imaxe e comeza coa aventura

Don Quixote e Breogán e o exército de ovellas
Don Quixote e Breogán e a pousada encantada
Na exposición da biblioteca atoparás estas e outras aventuras de Don Quixote e Breogán e outros libros relacionados con esta celebración.
17 marzo 2016
Unha muller traballadora na nosa biblioteca
O 16 de marzo visitounos unha muller traballadora: Vanesa, auxiliar de odontoloxía, que traballa con outras dúas compañeiras máis.
Os alumnos de 3º recibiron unha charla de saúde dental, destacando a importancia de lavar os sobre todo antes de ir durmir e de facelo en círculos.
O que máis lles gustou foi un xogo no que acabaron todos cos dentes e a lingua tinguida de azul.
Ademáis, déronlles "pegatas" e cepillos de dentes!
Moitísimas grazas Vanesa polo teu tempo e esforzo!!!
09 marzo 2016
Falando de mulleres traballadoras
Aquí tedes unhas plantillas que podedes usar para elaborar contos, facer descripcións, inventar biografías... sobre mulleres traballadoras.
O límite só é a vosa imaxinación!
O límite só é a vosa imaxinación!
Collage mulleres rianxeiras

Con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, queremos montar un collage con fotografías de mulleres da nosa vila polo que, nesta ocasión, pedimos a vosa colaboración para que nos fagades chegar fotografías tamaño carné de mulleres da vosa familia (nais, avoas, tías, etc.).
Gracias por colaborar!
Recordade que en canto o teñamos publicarémolo no blogue.
Mulleres na Historia
Mulleres no Mundo, pinterest da USC
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









