28 enero 2016

Apadriñamento Lector co IES Felix Muriel.

Tiñamos pendente do primeiro trimestre a visita dos nosos padriños e madriñas lectoras do IES Felix Muriel.
Desta vez trouxéronos un conto de Paz.
"O homiño de Papel" de Fernando Alonso.

A nena aburríase na casa. Cos xoguetes de sempre xa non se entretiña. Un día imaxinou, inventou e fixo un amigo de papel de periódico. O homiño de papel e máis a nena aprenderon a descubrir a vida, as cousas boas e malas que hai nela, e como se lles pode transmitir esperanza e alegría ós demais, mirando as accións humanas cos ollos da solidariedade.


Actividades O homiño de papel.


Curtas da Paz.

Esta foi a curta de hoxe " For the Birds".
Moi simpática!

Curtas da Paz.

Este vídeo demostra que os touros, como calquer animal , é un ser vivo con sentimientos propios, que prefiere vivir en paz, pastando e xogando,....

Curta da Paz. Fábula da Mantis.

A Fábula da Mantis trata da solidaridade. 
Atopándose unha eiruga pechada nun tarro de vidro sen tapar, entra unha mantis perseguindo unha mosca. Ao vela a eiruga pídelle axuda para saír do seu encerro. Ao que a mantis resposta burlándose dela. Logo a Mantis  vivirá un acontecemento que, unido ao proceso lóxico da transformación da oruga en bolboreta ensinarálle unha lección que non olvidará xamais......
 Animarse a vela!

Curtas semana da Paz.

O luns, a curta elexida foi "A Ponte" Unha fermosa animación que nos ensina como facerlle espazo aos demais.

25 enero 2016

Canción para o Día da Paz e non Violencia.

O próximo 30 de xaneiro, conmemorando o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, celebrarase o Día Escolar da non violencia e a paz. Desde a biblioteca queremos sumarnos a esta iniciativa coa montaxe da exposición adicada á temática da non violencia, amizade, solidariedade e os sentimentos, e que xa podedes consultar.
Nesta semana habrá curtas ou contos para a Paz.
Esta é a canción elexida para a xuntanza de todo o colexio:
Tu enemigo 
de Pablo López  que nos fará reflexionar coa letra.

As clases están traballando cunha lenda dos indios americanos. A lenda das bolboretasO colexio está enchéndose de bolboretas con desexos.

POEMAS PARA A PAZ. MANUEL MARÍA.

Recopilados polo IES San Paio.

Libro para a Paz

Este libro xa foi recomendado na guía de lectura do Nadal " Tempo de Acivros Tempo de Libros"
Para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, volvemos lembralo.

Mamá Cabra e Carmen Gil  publican o libro-disco A bruxa Discordia. Cancións para a paz na coleccción Sonárbore da Editorial Galaxia. As ilustracións son de Iria Fafián.

 A bruxa Discordia constitúe un álbum ateigado de valores positivos pensado e desenvolvido tendo en conta as necesidades dos nenos e nenas. Mensaxes como a importancia de compartir, de respectar ao próximo ou de convivir en harmonía escritas na súa propia linguaxe e transportadas a través dun dos vehículos máis eficaces: a música.
Material ben acaído para os primeiros lectores e para acompañar no Día da Paz.
Velaquí unha mostra das cancións que inclúe o libro-disco:


Baile da paz

Esta é a danza
da esperanza,
danza capaz
de sementar paz.


Ombro con ombro
pódese todo.
Dá un taconazo.
levanta o brazo


Colle a orella
da túa parella.
Faille cóxegas.
Ponte en crequenas.


Esta é a danza
da esperanza,
danza capaz
de sementar paz.

Agora dá un brinco,
ou mellor cinco!,
e tres palmadas
con gargalladas.


Logo ao compás
anda cara atrás.
E cara adiante,
coma un xigante.


Pinta un momento
paz no vento.
Grita un segundo:
"paz no mundo"e con donaire
dálle ao cú aire.

01 enero 2016

CALENDARIO LECTURA 2016

Dende a Subdirección Xeral de Bibliotecas, da Secretaría Xeral de Cultura (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), edítase un cartel co Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2016, no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza. A delicadísima ilustración é de Tania Solla.

17 diciembre 2015

Presentación de Tempo de Acivros Tempo de Libros.



Outra novidade

Teño uns pés perfectos está publicado por Kalandraka con texto de María Solar e ilustracións de Gusti.

O personaxe principal , Melchor Sabichón, preséntase ao concurso Na busca do neno máis listo pero, malia ter preparado moitos temas, non esperaba enfrontarse a unha materia descoñecida: os pés. O protagonista atopará nun libro, que lle facilita a nai, todo canto necesita saber sobre esas extremidades inferiores: os tipos de pés, a súa anatomía e a función que cumpren para que poidamos camiñar e correr, o número de ósos que teñen, curiosidades sobre as unllas ou as pegadas que deixamos. Descobre, ao rematar o concurso, que o próximo pásanos moitas veces desapercibido.

Libro escrito con humor, destinado a lectores autónomos que queiran saber moito sobre pés.

Publicado en Rede Lectura.

16 diciembre 2015

Tempo de acivros, tempo de libros 2015




Aquí tedes o tríptico de recomendacións lectoras e audiovisuais para agasallar ou que vos agasallen elaboradas polas bibliotecas do:

CEIP ADR Castelao de Rianxo
CEIP Ana Mª Diéguez de Asados
CEP Brea Segade de Taragona
IES Félix Muriel
Biblioteca Pública Municipal


BOAS FESTAS E BOAS LECTURAS!

05 diciembre 2015

Numerosos cuentos en Powerd Point

Presentación da guía de lectura.Tempo de Acivros Tempo de Libros

O venres 11 de decembro as 19:00 horas no auditorio de Rianxo faremos a presentación da guía de lectura: “Tempo de acivros, tempo de libros”Na cal vos propoñemos una escolma de lecturas e música.Neste acto participaremos co: C.E.I.P. Ana Mª Diéguez de Asados, C.E.P. Xosé Mª Brea Segade de Taragoña, I.E.S. Félix Muriel de Rianxo e a Biblioteca Municipal de Rianxo.

28 noviembre 2015

Deixounos Neira Vilas

Grazas por traballar ao longo de toda a túa vida pola nosa lingua, a nosa cultura, a nosa identidade e a nosa dignidade.
Biblioteca CEIP ADR Castelao.



Aínda temos recente a saída ao teatro para ver a adaptación teatral do Espantallo amigo de Xosé Neira Vilas a cargo de Os Quinquilláns. Foi a primeira lectura colectiva de case todo o cole, que tivemos a sorte de ver representada. Deixade a vosa opinión sobre o libro e sobre a obra de teatro. Neira Vilas seguirá moi presente entre nós.