28 noviembre 2015

Deixounos Neira Vilas

Grazas por traballar ao longo de toda a túa vida pola nosa lingua, a nosa cultura, a nosa identidade e a nosa dignidade.
Biblioteca CEIP ADR Castelao.



Aínda temos recente a saída ao teatro para ver a adaptación teatral do Espantallo amigo de Xosé Neira Vilas a cargo de Os Quinquilláns. Foi a primeira lectura colectiva de case todo o cole, que tivemos a sorte de ver representada. Deixade a vosa opinión sobre o libro e sobre a obra de teatro. Neira Vilas seguirá moi presente entre nós.


1 comentario:

silvia piña lópez dijo...

Dame moita pena que Xose Neira Vilas morrera pero gustoume moito o seu libro.