17 diciembre 2015
Outra novidade
Teño uns pés perfectos está publicado por Kalandraka con texto de María Solar e ilustracións de Gusti.
O personaxe principal , Melchor Sabichón, preséntase ao concurso Na busca do neno máis listo pero, malia ter preparado moitos temas, non esperaba enfrontarse a unha materia descoñecida: os pés. O protagonista atopará nun libro, que lle facilita a nai, todo canto necesita saber sobre esas extremidades inferiores: os tipos de pés, a súa anatomía e a función que cumpren para que poidamos camiñar e correr, o número de ósos que teñen, curiosidades sobre as unllas ou as pegadas que deixamos. Descobre, ao rematar o concurso, que o próximo pásanos moitas veces desapercibido.

Libro escrito con humor, destinado a lectores autónomos que queiran saber moito sobre pés.
Publicado en Rede Lectura.
16 diciembre 2015
Tempo de acivros, tempo de libros 2015
Aquí tedes o tríptico de recomendacións lectoras e audiovisuais para agasallar ou que vos agasallen elaboradas polas bibliotecas do:
CEIP ADR Castelao de Rianxo
CEIP Ana Mª Diéguez de Asados
CEP Brea Segade de Taragona
IES Félix Muriel
Biblioteca Pública Municipal
BOAS FESTAS E BOAS LECTURAS!
05 diciembre 2015
Presentación da guía de lectura.Tempo de Acivros Tempo de Libros
O venres 11 de decembro as 19:00 horas no auditorio de Rianxo faremos a presentación da guía de lectura: “Tempo de acivros, tempo de libros”. Na cal vos propoñemos una escolma de lecturas e música.Neste acto participaremos co: C.E.I.P. Ana Mª Diéguez de Asados, C.E.P. Xosé Mª Brea Segade de Taragoña, I.E.S. Félix Muriel de Rianxo e a Biblioteca Municipal de Rianxo.28 noviembre 2015
Deixounos Neira Vilas
Grazas por traballar ao longo de toda a túa vida pola nosa lingua, a nosa cultura, a nosa identidade e a nosa dignidade.
Biblioteca CEIP ADR Castelao.
Aínda temos recente a saída ao teatro para ver a adaptación teatral do Espantallo amigo de Xosé Neira Vilas a cargo de Os Quinquilláns. Foi a primeira lectura colectiva de case todo o cole, que tivemos a sorte de ver representada. Deixade a vosa opinión sobre o libro e sobre a obra de teatro. Neira Vilas seguirá moi presente entre nós.

26 noviembre 2015
Realidade Aumentada
Hoxe algúns dos alumnos/as que se achegaron ata a biblioteca no recreo puideron coñecer unha novidade interesante a Realidade Aumentada.
E, en que consite?
Pois é unha app que permite LER doutra forma.
Descargas a app no teléfono ou a tablet e mentres les podes acceder a contidos "escondidos" en distintos soportes: carteis, libros...
Neste caso o cartel da campaña de lectura de bibliotecas escolares Biblioteca Escolar, base de exploracións ten escondido...
Moitas grazas aos axudantes de biblioteca por explicarnos esta novidade.
Se queredes baixarvos a App ao voso teléfono ou tablet ou saber máis de como funciona picade neste enlace do blog de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Poderedes acceder a un manual de como descargar e usar a aplicación (Aurasma), a un vídeo explicativo e a diversas actividades que se fixeron noutros colexios galegos utilizandoa.

Pois teredes descubrilo.

25 Novembro . Día contra a Violencia de Xénero.
Eu quero un bo trato.
Eu quero vivir en igualdade.
Que pouco a pouco fóronse enchendo de palabras que fomentasen a igualdade.
Co maltrato non hai trato.
ENTRE TODOS. NON!!!
Novo Mobiliario
18 noviembre 2015
Novembro: Mes da Ciencia en Galego
Por segundo ano consecutivo, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvese a celebración de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.Xa temos preparado unha exposición de libros sobre ciencia e experimentos.
Animarse a preparar un experimento na clase e logo expoñelo na biblioteca para o resto de compañeiros .
12 noviembre 2015
Outono. Magosto.
Nace unha nova páxina do cole con recursos sobre o outono: refráns, adiviñas, receitas, poesías,...
Pouco a pouco irémola completando, con creacións do cole e con outros recursos. O outono.
Pouco a pouco irémola completando, con creacións do cole e con outros recursos. O outono.
05 noviembre 2015
XOVES CONTO
Comezou o Xoves Conto. Contacontos nos recreos, para aqueles nenos e nenas que lle gusta escoitar contos, ou contalos aos seus compañeiros.
Moi ben nenos e nenas!
03 noviembre 2015
Contos de Medo
O xoves contáronse algúns contos de medo na biblioteca e nas aulas. Aquí temos a Laura e a Lucía contándonos o conto:
A nena da saba branca.
Puxéronsenos os pelos de punta e a pel de galiña do medo que nos fixeron pasar.
Noraboa contadoras!
Os nenos e nenas de 2º A, cos seus títeres contáronlle " Tío Lobo" aos nenos e nenas de catro anos de Infantil. Un conto tradicional italiano, de inesperado final.
01 noviembre 2015
MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR. INAUGURACIÓN.
As actividades son:
Recordamos como funciona a biblioteca, normas.
Presentamos a campaña deste curso:
Soñando Galicia con Manuel María.
Decoramos os marcapáxinas da campaña.
Recitamos o poema o Ourizo de Manuel María. Lemos o conto de "Mouriño".
Deseñamos unha portada relacionada co outono.
Algunhas fotos:
31 octubre 2015
MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR
RECEITA BISCOITO DE CABAZA
As clases de segundo prepararon uns biscoitos de cabaza
Unha forma divertida de aprender a elaborar unha receita e ademais escribila.
Seguro que estas experiencias non se esquecen!
Unha forma divertida de aprender a elaborar unha receita e ademais escribila.
Seguro que estas experiencias non se esquecen!
Animádevos a preparala!
Exposición libros de Medo polo Samaín.
Ao longo destas semanas estiveron expostos libros relacionados coa temática do "Medo" para que os nenos e nenas os leran nos recreos e nas súas Horas de Ler nas clases.
Tamén están con eles os nosos monstrosos Papamedos para que coman os medos dos nenos nenas.
No magosto queimarémolos todos.
Tamén están con eles os nosos monstrosos Papamedos para que coman os medos dos nenos nenas.
No magosto queimarémolos todos.
A ver si desaparecen!
30 octubre 2015
El monstruo de colores.

El monstruo de colores
Anna Llenas
El Monstruo de Colores non sabe o que lle pasa. Fíxose un lío coas emocións e agora tócalle desfacer o embrollo. Unha historia sinxela e divertida, que introducirá aos pequenos e a maiores no fascinante linguaxe das emocións.
Para ler o libro:
29 octubre 2015
28 octubre 2015
CURTAS DO SAMAÍN. A BRIGADA DOS SEPULTUREIROS
Nun arrepiante cemiterio viven tres estrafalarios sepultureiros que dedican a maior parte do tempo a resolver estraños misterios. Coñecemos a esta brigada?
CURTA: A MANCHA
CURTA: A MANCHA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)