23 noviembre 2013

O Sistema Solar

Os nenos e nenas do 1º ciclo están coñecendo: os planetas, os satélites, as estrelas,..... e para que poidades buscar información  aprender ou repasar moitos contidos aquí tendes esta presentación.

22 noviembre 2013

Do lila ao laranxa.

Acabámonos de enterar desta proposta. 
O lila é a cor do lazo co que celebramos o 25 de novembro.
Nesta data conmemórase o brutal asasinato das irmás Mirabal.
Para este ano, a ONU fainos unha bonita proposta: pintar o mundo de laranxa en 16 días. É dicir, manter unha actitude activa contra o maltrato. Eses días abranguen dende o 25 de novembro (data do asasinato das irmás Mirabal) ata o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos.
Para máis información sobre quen eran estas irmás e porque se celebra nesta data, visita o lar de Frianciño.
Para os libros seleccionados un fermoso cartel feito coas mans de varios nenos e nenas.

25 de Novembro 
         Non 
A Violencia de Xénero.

15 noviembre 2013

Visita o cole

Ao longo destas dúas semanas os nenos e nenas trouxeron as súas cestiñas cos froitos do outono. Ademais pedimos a vósa colaboración para  elaborar  unhas  manualidades feitas con follas ou con froitos do outono.
O luns 18 de 16:30 a 18:00 podedes visitar o colexio para ver estas marabillas.
Un pequeno avance.

14 noviembre 2013


A PORTA DA BIBLIO ANUNCIA MAGOSTO CON CANTIGAS


A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo do castiñeiro abaixo,
mira que golpe levou!



Miña nai, doime a barriga
-Miña filla, confesión.
As castañas que comiche
 De qué castiñeiro son?


Castañas asadas
e viño con mel;
e a miña señora
detrás do tonel.


Moza que estás no canizo
Bota castañas abaixo,
Anque non teña madil
Agochadas no refaixo.

Monxe que estás no canizo
Tira castañas para baixo,
tírame das máis grandiñas
que as pequenas non me baixo.

Acabáronse as vendimas
E veñen as esfolladas,
Para comer coas mozas
Catro castañas asadas.




13 noviembre 2013

O verme Mouriño

Esta é unha adaptación do conto O verme Mouriño feita polos nenos e nenas de 2º A. Mañán contaranlla aos nenos e nenas de Educación Infantil

12 noviembre 2013

Contín Contón

Os nenos e nenas de primaria aínda non puideran ver e escoitar este fermoso conto.Pero hoxe no recreo, aqueles que se achegaron á biblioteca disfrutaron de Contín Contón interpretado polos nenos e nenas de 2º A.

11 noviembre 2013

Plantillas para describir froitos de outono

A maldición do magosto.

Outro conto elaborado hai uns anos feitos os personaxes con castañas.



A solución é o magosto

Para que o volvades a ver e ler un conto feito no cole xa hai uns anos.

O Señor Mago e a Folla.

Antón é un mago que decide poñer fin á súa soidade, convertendo nunha meniña unha das follas arrastradas polo vento do outono. Queredes saber ...máis?
Este é o conto para o recreo de hoxe . As voces son dos nenos e nenas de 2º B. 
O conto é de Tono Núñez e as ilustracións de Suso Cubeiro.