18 enero 2019

EXPOSICIÓN DE LIBROS SOBRE A PAZ


Como ben sabedes o día 30 conmemórase o Día da Paz. 
Desde a biblioteca fixemos unha escolla de diferentes títulos para traballar na clase.
Esta é a exposición que podedes ver na biblioteca.




22 diciembre 2018

Tempo de acivros, tempo de libros


Un ano máis os coles de Rianxo: o CEIP Ana María Diéguez de Asados, o CRA de Rianxo, o CEP Xosé Mª Brea Segade de Taragoña, o CEIP ADR Castelao  e a BPM Castelao  xuntámonos para ofrecervos unha escolma das últimas novidades de libros e música en galego para que agasalledes ou vos asagallen no Nadal.

Poderédelos atopar tamén nas diferentes bibliotecas en función das idades dos usuari@s.

                                               
                      
                       Un libro polo Nadal 
                           nunca está mal!




20 diciembre 2018

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

Nesta ocasión Sofía contoulles aos alumnos e alumnas de Segundo de E.P. unha versión do libro El Cascanueces y el Rey de los ratones, xa que era o que estaban traballando na clase eses días.
Os alumnos elaboraron unha postal para desexarlles aos usuarios da biblioteca municipal un Bo Nadal e Feliz Ano 2019. 
De volta no colexio viron unha versión clásica de debuxos animados deste clásico de Nadal. 
Ademais, os alumnos de Segundo B elaboraron un cascanueces como decoración navideña.

10 diciembre 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO

No mes de novembro celebramos o mes da ciencia en galego. Na biblioteca preparamos unha pequena exposición sobre ciencia e cine. O alumnado tivo a oportunidade de facer diferentes actividades relacionadas co cine durante a súa sesión de biblioteca semanal e tamén durante os recreos. 



05 diciembre 2018

CHARLA CIM


O venres 30 de novembro recibimos a visita  do CIM de Boiro. A súa directora, María Ortega, xunto coa psicóloga e avogada do centro estiveron co alumnado de 5º e 6º de primaria e lles explicaron a labor que realizan.
Os nenos e nenas estiveron moi atentos e ao final lles fixeron moitas preguntas. 









Moitas grazas pola visita!



28 noviembre 2018

INAUGURACIÓN CURSO 2018-2019


No mes de outubro celebramos a inauguración da biblioteca para o curso 2018-2019. 
Tódolos cursos pasaron pola biblioteca onde fixeron diferentes actividades: visionado de curtas, obradoiros de lectura, etc.
Cada clase trouxo un debuxo sobre a temática do cine que despois se colgou no teito da biblioteca para comezar a ambientala.
Picade na foto para ver máis fotos dos diferentes cursos.



                                 



27 noviembre 2018

VISITA CULTURAL



O martes 27 e mércores 28 de novembro o alumnado de primaria asistirá á "XIX Mostra de Curtas Vila de Noia". Nesta mostra se proxectan curtas, tanto de ficción como de animación, creadas por profesionais e aficionados de diferentes partes do mundo.





21 noviembre 2018

EXPOSICIÓN O MAGO DE OZ

Durante os meses de outubro e novembro tivemos na entrada do colexio unha exposición con diferentes versións de O Mago de Oz. Algunhas clases tamén viron a película.



CELEBRANDO O 25N


Con motivo do 25 N preparamos na entrada do colexio  unha pequena exposición de lecturas para traballar nas aulas.



PRÉSTAMO INTERBIBLIOTECARIO




Esta semana recibimos outro lote de Libros a Eito da biblioteca escolar do CEP Xosé María Brea Segade, de Taragoña.


Esta vez, o libro emprestado foi Coraline, de Neil Gaiman. Os alumnos de 4º recibiron estes exemplares con moita ilusión.






Moitas grazas !



28 octubre 2018

Compromiso de Colaboradores da biblioteca

Ao longo desta semana os colaboradores asinarán o seu compromiso de colaboración nas distintas actividades da biblioteca. Sen eles,elas sería moi difícil ter:  a biblioteca ordenada, facer préstamo, controlar os ordenadores,... e un longo etc

22 octubre 2018

Poeticas diversas na biblioteca escolar.

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora, deste cartel que xa temos na nosa biblioteca.

Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.

MARCAPÁXINAS DA CAMPAÑA DE LECTURA

Estes son os modelos a cor, tamén os fixemos en branco e negro para que os nenos e nenas os poidan
colorear.


DIPLOMA CO LEMA GAÑADOR



HORARIO CURSO 2018-2019


COLGADOR HORA DE LER

Únete a Dorothy Gale, Totó, o León Cobarde, o Home de Folla de Lata, a malvada Bruxa do Oeste,...
levaranche xunto o Mago de Oz. Presentamos o modelo deste curso. 
Este colgador está pensado para as lectura na casa. 
Que ninguén moleste !!!

Calendario

As mochilas xa botaron a andar.Este é o calendario, deste curso, para que as aulas leven o control  do tempo de permanencia en cada casa.
Desfrutade da lectura en familia!!

21 octubre 2018

Curtas inauguración. Bullying Blender

Unha análise sobre a violencia e a desigualdade de xénero a través do bullying escolar.

Curtas Inauguración. Mobile

Filmakademie, en colaboración con Verena Fels, grandes referencias de animación, creou Mobile, un audiovisual totalmente marabilloso cuxo tema é xenial para o noso tempo: amizade. 
Fels, directora alemá, conquistounos cunha curta que ilustra a historia dunha vaquiña e varios animais que "viven" nun móbil para bebés. Alí, a vaca adorable está só no lado oposto doutros animais e, polo tanto, sen amigos. De súpeto, un pequeno rato amarelo invita á vaca a cambiar de lado, o que sen dúbida causará perturbacións no móbil. A vaca, para estar máis preto do seu novo amigo, fai o impensable e ata pon a outros animais en risco. O desenvolvemento dos feitos mergúllanos en suspenso, pero o fin demostra que a amizade pode ser máis forte que calquera cousa, creando, mesmo, un equilibrio entre todos os animais.

Curtas inauguración. Snack Attack

Snack Attack, unha curta asinada por Eduardo Verástegui e a súa productora Metanoia Films, que ademais de poñervos un sorriso que permanecerá ata o final da mesmo, fainos reflexionar sobre a forma en que xulgamos ás persoas, deixándonos levar polas primeiras impresións, falsas apariencias, por prexuicios que nos impiden compartir e gozar do que esas persoas poden e queren ofrecer. Toda unha canción para a xenerosidade.