21 octubre 2018
Curtas inauguración. Rato en venta.
Goza desta curta de CGI sobre Snickers, un rato que quere ser un animal doméstico, desexando ser comprado por alguén. Pero ten un gran problema: as súas enormes orellas. Os nenos que entran na tenda riénse. Snickers atopará ao compañeiro que desexa? O que o levará quen é?
Curtas inauguración. The Present.
“The Present” (O Agasallo) é unha curta alemá que gañou máis de 50 premios nos distintos festivais de cine do mundo. A súa conmovedora historia básase nunha pequena tira cómica de Fabio Coala e fainos reflexionar sobre a importancia das cousas sinxelas,e da aceptación e o amor propio. Disfrutemos desta pequena e fermosa historia.
18 octubre 2018
VISITA DE Mª JOSÉ GULÍN RODRÍGUEZ
O mércores 9 de outubro tivemos un encontro coa escritora María José Gulín Rodríguez, quen nos veu contar o seu último conto O zapateiro e o raposo. Estivo con primeiro, segundo, terceiro e cuarto.
Queremos agradecerlle que, de maneira desinteresada, viñera pasar unha mañá con nós.
Aquí podedes ver unha mostra dos traballos feitos por algunhas clases sobre o libro.
Aquí podedes ver unha mostra dos traballos feitos por algunhas clases sobre o libro.
17 octubre 2018
MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa están en marcha as mochilas viaxeiras para este curso. Esperamos que disfrutedes e alucinedes coas lecturas propostas.
O lema escollido para este ano é "Lectura e cine, un plan de alucine" .
Agradecemos á Biblioteca Pública Municipal a súa colaboración co colexio, outro ano máis, co préstamo de varios exemplares para poder completar as mochilas, tanto con lecturas para adultos como para nenos.
11 octubre 2018
PRENSA NA ESCOLA
O colexio está participando no programa de La Voz de Galicia Prensa na Escola, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de EP.
Tódolos mércores as aulas participantes reciben 10 xornais para traballar con eles.
Os demáis cursos tamén podedes utilizalos se vos interesa.
10 octubre 2018
PRÉSTAMO INTERBIBLIOTECARIO
Esta semana os alumnos e alumnas de 6º recibiron un lote de libros a Eito da biblioteca escolar do CPI San Vicente de A Baña.
Os libros emprestados foron 17 exemplares de Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas e 17 exemplares de Kafka y la muñeca viajera, de Jordi Sierra y Fabra.
Moitas grazas por este préstamo!
CONTACONTOS SOBRE A DIABETE
A semana pasada os nenos e nenas de 1º de EP estiveron na biblioteca escolar con Raquel Queizás, quen lles contou un conto no que Nano, o protagonista, ten diabete.
08 octubre 2018
XORNADAS DE BOAS PRÁCTICAS EDUCATIVAS
O sábado 6 de outubro celebráronse en Santiago de Compostela unhas Xornadas de Boas prácticas educativas nas que se presentaron o PDI e o Proxecto TIL realizado no centro o curso pasado: Abrir Rianxo ao Mundo.
Presentamos unha pequena mostra do que fixemos.
27 septiembre 2018
CONTACONTOS INFANTIL ILUSTRADO
Este sábado 29 de setembro ás 12:00 na biblioteca pública os nenos entre 3 e 7 anos poderán ver
Gliz o pastor de nubes e o pintor de flores
Non faltedes!
24 septiembre 2018
VISITA DE ELSA DIMANDE
Xa recibimos a visita de Elsa Dimande. Aquí vos deixamos algunhas imaxes que nos recordarán o seu paso polo colexio.
CONCERTO DIDÁCTICO
O mércores 19 de setembro todo o colexio fomos ao Auditorio escoitar un concerto didáctico realizado polo Cuarteto Tuberías.
Nos ofreceron un concerto de bandas sonoras que nos gustou moitísimo.
18 septiembre 2018
RIANXO E MOZAMBIQUE

O venres 21 de setembro teremos a visita da traballadora social Elsa Dimande, que traballa como técnica na Asociación Nacional de Municipios de Mozambique e participa no programa de colaboración Vacacións con traballo en Galicia.
Esta asociación traballa en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
O concello de Rianxo é socio deste Fondo Galego, creado no ano 1997 e formado por 95 concellos das catro provincias galegas. A través del lévanse a cabo diferentes proxectos e actividades de cooperación ao desenvolvemento nos países do Sur.
Elsa falaranos de temas tan importantes como son a igualdade de xénero, o traballo social con nenos e nenas, o urbanismo para o benestar da infancia e o asociacionismo feminista, sen esquecerse da solidariedade internacional.
Esperamos que disfrutedes coa súa visita!
09 julio 2018
03 julio 2018
BANDA DESEÑADA. ARROASMAN E ARROASGIRL 2
Segunda entrega das aventuras de Arroasman e Arroasgirl. Aventuras rianxeiras. Que ocorrerá?
ENTREVISTA A ROSALÍA.
Facendo teatro, entrevistando fomos coñecendo a Rosalía. Esta poetisa tamén ten a súa presenza na nosa vila.
Esto ocorreu na biblioteca ala polo mes de febreiro ou marzo.
ABRIR RIANXO AO MUNDO. BANDA DESEÑADA.
Creación de banda deseñada onde Rianxo é o lugar onde suceden estas aventuras.
POR CATRO RECANTOS DE NADA
Por Catro recantos de nada. De Jérôme Ruillier
Cadradiño quere xogar na casa dos seus amigos Redondiños, pero non pasa pola porta porque… A porta é redonda como os seus amigos! «Teremos que recortarchee os recantos!», dinlle o redondiños. «Oh, non! –di Cadradiño– Doeríame moito!» Que podemos facer? Cadradiño é diferente. Nunca será redondo.
Un libro sobre a amistade, a diferencia e a exclusión.
Tivemos xa a sorte de que o contaron no Xoves Conto, e agora algo máis están facendo. Haberá que esperar ao curso que vén.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











