21 octubre 2015

Samaín en Exipto.

Estámonos achegando ao Samaín.

Conto elaborado polos nenos e nenas que o curso pasado ían en 1º B.
O mesmo conto pero en vídeo.

20 octubre 2015

PLAN ANUAL DE LECTURA 2015-2016

                                                                 HORA DE LER NA CASA
Porque ler sempre é importante tanto na casa como na escola. Adícalle un momento de lectura no teu cuarto e pon este colgador na porta para que ninguén che interrumpa na túa aventura.

PLAN ANUAL DE LECTURA 2015-2016

POÑEMOS A VOSA DISPOSICIÓN ESTA PLANTILLA DE HORARIO PARA COMPLETAR
                                               HORARIO PARA COLOREAR CLASES

                                                    MODELOS DE MARCAPÁXINAS: 
                                    SOÑANDO GALICIA CON MANUEL MARÍA.

GUÍA DE COLABORADORES 2015-2016

Colaboradores biblioteca 2015- 2016

Estes son os nosos colaboradores para este curso. Algún ou algunha falta e outros cambiaron de idea.
Despois de varias  semanas de proba, hoxe foron pasando pola biblioteca para asinar o seu compromiso e recibiron a súa guía de colaboradores.



Moitas grazas por colaborar co cole e coa biblioteca!

Recomendación


Porque Cuqui non quere ir á lavadora, conto moi MOI IMPORTANTE para lerlles aos maiores antes de durmir

É o título do primeiro álbum da escritora María Lado , publicado en Apiario en 2014. As ilustracións son de Yanina Torres Tuirán.
Neste álbum, María Lado cóntanos o que lle acontece a Cuqui, un osiño de peluxe, dende a visión dun neno pequeno que cuestiona a sensibilidade das persoas adultas.
Este álbum ten interés para a lectura en familia e a través del podemos establecer vínculos afectivos coa lingua, tan necesarios hoxe.

05 octubre 2015

Biblioteca escolar, base de exploracións



Este ano a campaña proposta por Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia é

 "Biblioteca escolar, base de exploracións"

polo que ao longo do curso realizaremos diversas actividades nas que nos convertiremos  en exploradores/as.
Exploraremos o mundo e o que hai fóra del pero sobre todo exploraremos o que temos máis cerca. O que hai en Galicia.
 Nesta ocasión encargado de ilustrar foi o ilustrador e autor de banda deseñada Fran Bueno.


http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/802

 Pica na imaxe para coñecer máis sobre a campaña proposta pola Consellería.

Benvidos/as ao curso escolar 2015/6!

21 agosto 2015


A serie de Gatiño, con textos de Joel Franz Rosell e ilustracións de Constanza v. Kitzing.
E canto á Gatiño e as vacacións, cóntasenos que o último día, antes das vacacións, na clase de Gatiño, todos os animais contan a onde irán no verán; hai para todos os gustos: Parrula vaise con súa nai ao mar, Coella vai cos irmáns á casa do avós, Esquío parará a metade do tempo co pai e a metade coa nai e cámping, Ourizo vaise só a aprender idiomas a Inglaterra... pero Gatiño non sabe qué vai facer. Cando chega á casa pregunta e a resposta non pode ser mellor: non irán a ningunha parte “pasarémolo moi ben: papá, túa irmá, teu irmán, ti e máis eu... Serán unhas vacacións fantásticas!, porque imos estar todos... xuntos” di a nai.
Unha ensinanza, o valor de compartir o tempo, facendo o que sexa, sen necesidade de ir nin lonxe nin a un lugar distinto, estar xuntos.
Outra ensinanza, a presentación de todo tipo de familias e situacións e ningunha mellor que outra, simplemente distintas. O traballo coa memoria a través das repeticións...

03 agosto 2015

Feira do libro 2015 Rianxo



Un ano máis as bibliotecas de Rianxo participamos na Feira do libro mostrando o noso traballo nunha das casetas e un ano máis elaboramos un vídeo conxunto no que facemos visible o que está a pasar nas biblios de Rianxo ao longo do ano.
O vídeo ten unha banda sonora de luxo,os Carapaus,un grupo con vínculos rianxeiros.
Destacamos tamén a colaboración de Fotos de Rianxo que nos cedeu, coma sempre que llo pedimos, material para a montaxe.

Feira do libro

Actuación do dúo musical Barahunta.
Pregón de Helena Villar Janeiro.
Caseta das Bibliotecas. Lendo en Rianxo.




22 julio 2015

FEIRA DO LIBRO EN RIANXO 2015

 Volve a Feira do Libro a Rianxo cun amplo programa de actividades, catro días para empaparnos de libros e cultura.

Lédeo con atención!

 Mañá inaugurando a feira,  estará dando o pregón  Helena Villar Janeiro acompañada do grupo Barahunda.

Tamén podedes pasar pola caseta das bibliotecas do concello e curiosear entre os materiais expostos . 
Seguro que algúns fánsevos coñecidos!

18 junio 2015

Todos contamos. Historias do pasado.


Onte visitounos o avó de Aitana e de Álex Alumnos de 4º. Estivo contándolle aos rapaces de cuarto historias do pasado, como era de a vida en Rianxo fai 60 anos e como cambiou todo.
Que con 25 pesetas (0,16 €) ía a Santiago, pagaba o Celta ida e volta, unha entrada do baile e o cine. Explicoulles como se xogaba ao Gua, Á Churra, ás Bolas, aos cartón (sacados das caixas dos mistos), ao Monte "Namura" e a Palmada-patada-cuada.
Como se reunían ao redor da lareira para contar contos e cantos. De que no había tele ,. nin teléfono pero si Radio Andorra. E ata que como as vacas se arrendaban!

LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO... TAMÉN NO VERÁN.

Unha pequena escolla de contos, peliculas, música para desfrutar, Grandes e pequenos neste Verán.

Apadriñamento lector.

Perdoade por levar un tempo sen actualizar o blogue. Temos moitas actividades pendentes de subir e compartir. Imos comezar polos apadriñamentos lectores cos rapaces e rapazas do IES Felix Muriel de Rianxo.
Este curso tiveronse que pospoñer ao mes de xuño por excursións, exames e outros motivos.
Viñeron cargados de contos que falaban de distintos países.

10 junio 2015

Xogando coas matemáticas

Voces Rianxeiras. 2015-2015

Aquí temos o xornal que xa leva uns meses elaborado. 
Hai noticias simpáticas!

Kamishibai

Kamishibai, en xaponés, quere dicir “teatro de papel”.
É unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Os nenos e nenas de cuarto contaron para os seus compañeiros na BPM Castelao un conto popular de Ghana. 

Por que hai tantas pedras nos ríos?
Escoitádeos e sabredes o motivo.