18 diciembre 2013
17 diciembre 2013
Visitando a Biblioteca Pública Municpal
Os alumnos de primeiro visitaron hoxe a Biblioteca Pública Municipal onde Sofía, a bibliotecaria, lles contou o conto "El Cascanueces y el Rey de los Ratones".
Despois deixamos unhas fermosas árbores decoradas con cascanoces, bailarinas e reis dos ratos con fermosos desexos para o Nadal.
Nos próximos días visitarán coas súas familias a biblioteca para ensinarlles o seu traballo.
Podedes aproveitar para levar emprestado algún libro!
.
Unha doce visita á biblioteca
Os alumnos/as de 1º asistiron hoxe a unha charla na biblioteca do cole sobre as abellas. Beatriz de mel de Galicia axudounos a recordar todo o que aprenderon o curso pasado e ensinoulles máis cousas curiosas sobre elas.
Ademais, recibiron un doce regalo. O mel estaba riquísimo!
Ademais, recibiron un doce regalo. O mel estaba riquísimo!
HORA DE LER NA CASA
Polas casas andan moitos destes colgadores que foron decorados polos nenos e nenas nas aulas.
Queremos insistir na importancia de adicarlle todos os días tempo á lectura.
Eses 10 ou 15 minutos de lectura diaria deben servir para consolidar a fluidez lectora do alumnado e o seu gusto poa lectura.
As familias debedes aproveitar para que os nenos e nenas lean en voz alta; xoguen a facer preguntas, aprendan a facer resumos contándovos as historias coas súas palabras, inventen finais diferentes, cambien os contos introducindo personaxes máxicos ,.....o todo o que se vos ocorra.
Para diferenciar ese momento de lectura os nenos e nenas decoraron un colgador para a porta do seu cuarto, sala,... que colocarán cando comecen a "Hora de Ler na Casa" e indicarán ao resto de membros da familia que ese é un momento especial e deben procurar non interromper dita actividade.
Desfrutade das lecturas compartidas!
E os máis maiores das lecturas silenciosas!
.
16 diciembre 2013
15 diciembre 2013
Tríptico: "Tempo de acivros, tempo de libros" 2013
Presentación do Tríptico "Tempo de acivros, tempo de libros"
Aquí tendes algunhas fotos da presentación do tríptico de recomendacións lectoras que se levou a cabo o pasado venres 13 ás 19.00 horas no Auditorio Municipal.
A verdade é que o pasamos xenial!
Grazas a todos os que asististedes e MOITÍSIMAS GRAZAS a Ricardo e Aroa por representar o noso colexio. Fostedes uns contacontos extraordinarios!
Nos vindeiros días subiremos o vídeo das intervencións.
12 diciembre 2013
Visitando a Biblioteca Pública Municipal
Os alumnos de 2º visitaron hoxe a Biblioteca Pública Municipal.
Alí Sofía, a bibliotecaria, contoulles un conto clásico de Nadal "El Cascanueces y el Rey de los Ratones" de E.T. A. Hoffmann que se fixo moi coñecido gracias á famosa adaptación de Tchaikovsky para ballet.
Os alumnos/as adaptaron tres contos clásicos convertíndoos en contos de Nadal. E cada clase contou o seu conto. Estiveron traballando arreo para ilustralos e deixalos decorando a biblioteca.
Alí Sofía, a bibliotecaria, contoulles un conto clásico de Nadal "El Cascanueces y el Rey de los Ratones" de E.T. A. Hoffmann que se fixo moi coñecido gracias á famosa adaptación de Tchaikovsky para ballet.
Os alumnos/as adaptaron tres contos clásicos convertíndoos en contos de Nadal. E cada clase contou o seu conto. Estiveron traballando arreo para ilustralos e deixalos decorando a biblioteca.
Queredes saber cales elexiron?
Visitade a BPM Castelao!
.
11 diciembre 2013
TEMPO DE ACIVROS, TEMPO DE LIBROS.
Un ano máis as bibliotecas do concello de Rianxo colaboramos para elaborar a guía de lecturas recomendadas.
Como novidade, para abrir boca presentarémola este venres 13 de decembro no Auditorio Municipal ás 19.00 horas.
Poderedes ver pequenas intervencións de alumnos e alumnas de tódolos centros participantes.
Non o perdades!
07 diciembre 2013
Adeus a Nelson Mandela.
Onte, 6 de decembro, enterámonos dunha triste nova: o pasamento de Nelson Mandela.
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos...
...sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemiento ou calquera outra condición.
Artigos 1 e 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Achegándose o Día Internacional dos Dereitos do Home, non podemos senon reflexionar sobre a súa figura.O home que foi quen de reconducir a historia de Sudáfrica, conquerindo a reconciliación de dúas partes radicalmente enfrontadas: a minoría branca que ostentaba o poder económico e político, e a maioría negra carente de dereitos. Unha figura que, polo ben do seu país, foi quen de perdoar os máis de trinta inxustos anos pasados na cadea.
O discurso de Mandela durante o xuízo que o condenou á cadea:
Teño loitado contra a dominación branca e teño loitado contra a dominación negra. Soñei cun ideal de sociedade democrática na cal todas as persoas vivan xuntas en harmonía e con igualdade de oportunidades. É un ideal que me fai querer vivir para conquerilo, pero, se é necesario, é un ideal polo que estou disposto a morrer.
Tamén a Rosana Rodiles, da Biblioteca Escolar Xoan Farias (C.E.I.P. de Pazos) que nos ten ofrecido a imaxe coa que concluímos.
E ao Lar do Frianciño da biblioteca CEIP Friáns de Teis.por recopilar e dar forma a esta entrada.
05 diciembre 2013
Constitución Española e o
Estatuto de Autonomía
04 diciembre 2013
Lume
Con este fermoso traballo sorprendeu Mariana aos seus compañeiros e a mestra despois de ler o libro
Lume !
de Alberto Varela Ferreiro.
Lume !
de Alberto Varela Ferreiro.
03 diciembre 2013
Obradoiro de tarxetas.
Pola época do magosto algunhas aulas realizaron un obradoiro de elaboración de tarxetas, que contiñan ditos, cantigas, refráns e adiviñas.
Sinxelos experimentos
Uns sinxelos experimentos da biblioteca Avelaiona Luíña. Podedes experimentar e convertiros en científicos.
EXPERIMENTOS from lolaiglesias
02 diciembre 2013
01 diciembre 2013
A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS
Na semana do magosto os nenos e nenas de 4º C representaron este conto popular.
Está un pouco escuro pero siguese ben a historia!
Está un pouco escuro pero siguese ben a historia!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


