27 mayo 2013

El Pez Arcoiris

Adaptación do conto El Pez Arcoiris feito coa técnica Stop Motion, voces dos nenos e nenas de 5 anos B. Esperamos que vos guste!

20 mayo 2013

Serafín Marcos. Letras Galegas

O día 20 asistimos todos a ver o espectáculo de Serafín Marcos sobre Roberto Vidal Bolaño. Os nenos/as acabaron bailando O Baile do Cabalo. Isto si que lles gustou!

05 mayo 2013

Os alumnos de 2º visitan o Cambón en Vigo


O pasado venres día 3 de maio os alumnos de 2º visitaron o centro de interpretación das Illas Atlánticas de Galicia no edificio CAMBÓN de Vigo complementando así as investigacións que están realizando sobre as zonas de humedais, en concreto, das marismas.

Esta actividade, organizada dentro do proxecto ECOMAR e financiada por unha das institucións que colaboran, o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, fixo posible que os alumnos de segundo coñeceran mellor a flora, fauna, paisaxe, xentes... dos arquipélagos das Illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. De feito, ESTÁN DESEXANDO IR A VISITALAS!  e os que xa foron QUEREN VOLVER!


Grazas aos fantásticos monitores do Parque e do proxecto Ecomar por ensinarlle aos alumnos do cole tantas cousas de xeito tan lúdico e ameno!

02 mayo 2013

Roberto Vidal Bolaño

Dous videos un para rematar o mes de abril e outro para comezar o mes de maio. Mes das Letras. 
Os dous son de Paco Nogueiras Nodar.

CONTACONTOS

O martes pasámolo xenial escoitando a contacontos Raquel Queizás.
 Contounos unha lenda xaponesa que explicaba porque os tigres teñen raias. O conto de Artur e Clementina e un conto dunha ratiña. 

01 mayo 2013

LIBERESPAZO

Seguimos repartindo pases ao liberespazo, esta vez a segundo e terceiro.
Todo un éxito!


De Buzón
Mañá xoves tócalle o turno a cuarto. 
Si alguén se esqueceu ou non pudo coller o seu pase, pode pasar a recollelo na biblioteca.

30 abril 2013

APADRIÑAMENTO LECTOR

Fomos preguntando polas aulas de sexto, quenes estaban interesadso en ser Padriños ou Madriñas lectoras. Os interesados viñeron a unha reunión na biblioteca onde se lle explicou en que consistía e que debían facer.Na biblioteca escolleron o conto que lle ían contar aos nenos/as de 3 anos. Houbo nenos/as que preferiron traer o seu conto preferido da casa. Todos se deixaron aconsellar na elección do conto por algún membro do equipo de biblioteca. Logo prepararon o conto e finalmente houbo ese apadriñamento lector. A clase clase de 6ºA apadriñou a 3 anos C, a clase de 6ºB apadriñou a 3 anos A e a clase de 6ºC apadriñou a  3 anos B.




.
A todos lles gustou moito a actividade!

29 abril 2013

ABRIL MES DOS LIBROS E DA LECTURA

Os nenos e nenas de Educación Infantil, van ao Auditorio Municipal a ver a obra Baleadas interpretada pola compañía Traspediante.

Os nenos e nenas do segundo ciclo terán unha sesión de contacontos, na biblioteca, despois do recreo.

LIBERNAUTAS

Hoxe os nenos e nenas de primeiro achegáronse no recreo para recoller o seu pase ao liberespazo .
Como funciona o pase ao Liberespazo:
As colaboradoras repartirán e cuñarán  os pases.
 Reserva de datas desta semana: luns para primeiro. Martes : segundo e terceiro. Xoves: cuarto. Venres: quintos e sextos. Si alguén non pode nesas datas pode recollelo noutro momento.
Unha vez lido o libro collido na biblioteca cada neno/a deberá cubrir o seu pase. Título, editorial, si lle gustou.... deberá presentarllo as colaboradoras do liberespazo para que elas lle cuñen o pase.
Só cuñarán o pase unha vez á semana.
Aqueles que consigan completar o pase ao liberespazo, terán unha pequena sorpresa.
Anímate e ven a biblioteca e recolle o teu pase!


SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Aínda que xa sucedeu no mes de marzo, mostramos un mural que elaboraron as clases de 5 anos B e 3 anos C de educación infantil, con motivo da semana da prensa na escola.
Estiveron buscando noticias, recortando titulares, anuncios,... das distintas seccións dos xornais. Manexaron distintos xornais e compuxeron un fermoso mural.

28 abril 2013

LIBERESPAZO

Apareceron  uns carteis misteriosos no cole:
Queres ser un libernauta? 
Ven a biblioteca no recreo para a semana e sabrás como conseguilo.
Como podo ser un libernauta?
Que é o liberespazo?
Como podo viaxar polo liberespazo?
Que será todo esto?
Fixarse nos carteis e achegádevos á biblioteca!

25 abril 2013

Auga Enfeitizada