25 abril 2013

VISITA DOS BOMBEIROS

A semana pasada os bombeiros. Viñeron darnos unha charla sobre o lume e como debíamos de facer unha evacuación do cole.

ABRIL MES DOS LIBROS E CONTOS

Hai unha semana pedímosvos as familias a vosa colaboración para que transformásedes unha botella de plástico, recollida do comedor escolar, nun personaxe.

A colaboración foi fabulosa!!
Nota enviada ás familias.

 Apareceron todo tipo de personaxes: bruxas, bolboretas, pingüíns, dragóns,......
Aquí tendes unha pequena mostra.



Convidámosvos a visitar a exposición  o luns 29 de 16:00 a 18:00.

Sabías que se necesitan…?
   10 litros de auga para facer un vaso de plástico de usar e tirar.
   18 litros de auga para un prato de usar e tirar.
   120 litros de auga para unha botella de litro e medio.

Agora sacarémoslle partido a eses personaxes.

AUGA ENFEITIZADA. ABRIL MES DOS LIBROS

A exposición "Auga enfeitizada" foi elaborada polos alumnos/as de 2º A. Está composta por información sobre seres fantásticos da auga que eles foron buscando en distintos libros e ilustrada con axuda das súas familias.

Ás clases proporcionouselles unha ficha para que buscasen información sobre os seres fantásticos nos paneis da biblioteca.
                                                                             
Agradecementos á Biblioteca Municipal Castelao por emprestarnos moitos dos libros empregados para a busqueda de información.

Noraboa a 2º A polo seu gran traballo e por compartilo con todos!

24 abril 2013

ABRIL MES DO LIBRO






Onte en tódalas clases apareceu un agasallo. 
Que mellor agasallo que un libro! e un poema.
Poema día do libro



Ademais reparteuse por todalas aulas información sobre o día do libro.


Entre os mestres e mestras realizamos un amigo invisible do libro. 

ABRIL MES DOS LIBROS

PALABRAS QUE VAS LER NON AS DEIXES CORRER

Dende comezos de abril na biblioteca hai unha selección de libros relacionados coa temática da auga para que poidades consultar e levar a casa.

De Buzón

ABRIL MES DO LIBRO.

Onte os nenos e as nenas de primaria foron ao auditorio a ver a obra en inglés. "The Leyend of King Arthur". Interpretada pola compañía Face 2 Face.

Para situarnos.
No ano 726 Inglaterra buscaba desesperadamente un líder. Arthur convírtese en Rei cando extrae a mítica espada Excalibur dunha pedra. A partires de entón atoparase  coa malvada Morgan Le Fay (a súa media irmá) que quere arrebatarlle o poder. Por outro lado Gwynevere, a nova esposa de Arthur, sabe onde encontrar o famoso Santo Grial que dará vida eterna ao primeiro que o atope. Morgan rapta a Gwynevere e coa axuda dos seus cabaleiros (unos afortunados membros do público) e do mago Merlín, Arthur vaise en búsqueda do Santo Grial. 
Unha desternillante aventura, toda en inglés pero que entenderon moi ben.


ABRIL MES DO LIBRO

Día Mundial do Libro 
 Só un libro.
 Non sei que facer.
 Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
 Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
 Por que?
 Que lle fixen eu?
 Míroo e remíroo.
 Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
 Nada.
 É só un libro.
 Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse. Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
 A ver se así reacciona.
 Non. 
Que vai reaccionar! 
 Espera. 
O libro espera.
 Non se decata de que son máis forte ca el. 
 Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
 Se cadra estase rindo de min. 
Crerase moi importante por ser un libro.
 Vouno abrir. 
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade.
 Vaia! Non está nada mal. Empézame a caer simpático.
 Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
 Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
 Era xusto o que eu quería. 
 Un libro.
 Este libro. 

 Paula Carballeira
 Texto escrito para as Bibliotecas Escolares de Galicia con motivo do Día Mundial do Libro 2013.

A ver se nestes días chega a nosa biblioteca!

Buscando información

12 abril 2013

LETRAS GALEGAS

Aquí tendes unhas actividades LIM para Educación Infantil.

Actividades LIM para o 2º ciclo de primaria.
Actividades LIM para o 1º ciclo de Educación Primaria.

Elaboradas por Biblio de Mallón.

HORA DE LER

Coa finalidade de dinamizar o tempo de lectura a biblioteca Avelaiona Luíña do CEIP de Cespón, elaborou estes modelos de fichas. Están pensadas para o 2º ciclo, para ler de xeito colectivo na pizarra dixital e ir razoando e resolvendo as cuestións que se prantexan.


09 abril 2013

08 abril 2013