Anivádevos a bailar!
31 octubre 2012
30 octubre 2012
Inauguración 5 anos Infantil
Os nenos e nenas de 5 anos viñeron cheos de pinguiñas que decoraron nas súas clases, e de outras pingas non tan pequenas.......
Houbo un debate nas súas aulas para elexir os personaxes. Trouxéronnos a:
Campaíña,
ao Lobo e
a algún personaxe máis......
Houbo un debate nas súas aulas para elexir os personaxes. Trouxéronnos a:
Campaíña,
ao Lobo e
a algún personaxe máis......
29 octubre 2012
27 octubre 2012
INAUGURACIÓN BIBLIOTECA
Os maiores do colexio trouxéronnos aos Megatoxos.
Un curso de quinto a Gerónimo Stilton e outro a Harry Potter.
Os de catro anos a Peppa Pig e ao Gato con Botas
para o noso "Recuncho Literario".
Conseguimos encher a biblio de pinguiñas!!
INAUGURACION NENOS NENAS DE 3 ANOS
Os máis pequenos do noso cole tamén visitaron a nosa biblioteca. Trouxéronnos a Pinocho, á Ratiña Presumida e á televisiva Dora a Exploradora para o "Recuncho Literario".
Os nenos e nenas de 1º A contáronlle o conto " As Aventuras de Pinocho", que eles mesmos fixeran na clase.
Logo viron o video de Pocoyó e a Regadeira Máxica.
Mirade que guapos e guapas viñan!!
26 octubre 2012
25 octubre 2012
24 octubre 2012
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
O mes de outubro é o mes da Biblioteca escolar e, como xa sabedes, hoxe 24 de outubro é o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR.
Para celebralo esta semana estamos inaugurando "oficialmente" a singladura da biblioteca este curso baixo o lema:
Palabras que vas ler...
non as deixes correr.
Gústavos o novo mural da porta da biblio?
Representa o ciclo da auga, xa que o PDI deste curso xirará entorno á auga.
As pinguiñas das que beberemos este curso son moi especiais... Que vos parecen?
ARTUR E MORGANA VISITAN O CASTELAO
Onte, tivemos unha visita moi especial na biblio. O rei Artur e a "meiga" Morgana viñeron contarnos algunhas cousas sobre as súas vidas e sobre Avalón, a illa onde viven co mago Merlín.
Aproveitando a súa visita Morgana falounos das propiedades de certas plantas e alimentos como o mel, as estrugas, a menta, a cebola, o allo...
Como non tiñan tempo para máis convidáronnos a ir este sábado día 27 de outubro ó Auditorio Municipal ás 21.00 horas para seguir contándonos cousa e coñecer ó MAGO MERLÍN!!!!
(se queredes saber máis sobre a obra de teatro picade no nome do mago)
18 octubre 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


.jpg)