26 mayo 2012

A WEB SOBRE ARTE DO CASTELAO



Un grupo de mestres do colexio elaboraron esta páxina web onde podedes atopar diferentes recursos para aprender máis sobre diferentes pintores.

Animádevos hai un montón de actividades Lim!


Este boneco que aparece no mural basado nunha obra de Miró que adorna a porta
da nosa biblioteca este curso quedará no lateral esquerdo do blog para que premades sobre el e poidades acceder sempre a estes fantásticos recursos!

10 mayo 2012

Buscando arte

Apetéceche coñecer máis sobre algunhas obras famosas? 
Elixe o cadro que máis che chame a atención e busca información sobre el e sobre o seu autor.




Open publication - Free publishing - More alfin

 Fíxate nas pistas:

- Coñeces o retrato do autor? Busca máis información sobre el e sobre as súas obras...

- Coñeces a obra ou paréceseche a algunha que xa coñeces? Busca as que xa coñezas; é probablemente aparezan as que non.

- Varias obras son dun caricaturista e pintor de pontecesures moi amigo de Castelao. De feito, ilustrou o libro Retrincos.


                           A QUE ESPERAS?

17 abril 2012

HOXE VISÍTANOS ABRAHAM CARREIRO

O ilustrador Abraham Carreiro visitará hoxe o colexio. Os alumnos de 5º e 6º esperan impacientes a súa visita para intercambiar con el impresións do seu libro XOELIKI. 

 Premede na portada para ir á páxina web do libro.

Para meterlles gañas aos que todavía non leron o libro na páxina web do libro hai un pequeno vídeo non volo perdades!


 Tamén vos recomendamos os libros da colección: 
"Contos que len outros nenos do mundo"
 unha colección que trata de achegarnos ás diferentes culturas do mundo mediante contos populares de distintos lugares. E que podedes atopar na biblioteca.


Non te olvides de compartir con todos as tús opinións. DEIXA UN COMENTARIO!


13 abril 2012

A BICICLETA DE ANA MARÍA

Poderemos desfrutar desta obra de Airiños este fin de semana:


SÁBADO 14

- Taragoña, praza de Campos de Pazos 17.00 h (se chove no Centro Cultural e Deportivo)

- Araño, exterior da escola de Buía 18.00 h (se chove dentro da escola)

- Asados, exterior do CC Simón Varela 19.00 h (se chove no interior centro)




DOMINGO 15

- Isorna, exterior da escola de Vacariza 17.00 h (se chove dentro da escola)

- Leiro, campo da festa 18.00 h (se chove Centro Cultural Vicente Vidal)

- Rianxo, Praza Rafael Dieste 19.00 h (se chove no Auditorio)

UN DÍA ESPECIAL CON ANXO FARIÑA



Hoxe será un día especial para alumnos de 2º e 3º ciclo xa que irán ó Auditorio Municipal para coñecer ó autor e ilustrado galego Anxo Fariña. Se queres coñecer máis cousas sobre el e a súa obra preme na foto

    

 Que foi o que máis che gustou desta actividade? Que libros de Anxo recomendarías e por que? 

Anímate e deixa os teus comentarios.

02 abril 2012

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


 Este día celébrase desde 1967 coincidindo co nacemento de Hans Christian Andersen co ánimo de inspirar o amor polos libros e chamar a atención sobre a importancia de fomentar o gusto pola lectura nos máis pequenos.

 Todos os anos a International Board on Books for Young People, IBBY,  encarga un texto e un cartel para conmemorar este día.

O texto deste ano, titulado Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro , elaborouno o poeta, dramaturgo, narrador, editor e ensaísta mexicano Francisco Hinojosa.
 
 O cartel  creouno o  ilustrador, tamén mexicano, Juan Gedovius. A Juan Gedovius gústalle ilustrar libros para os máis peques porque:

 "ellos tienen la misma afición a los dragones que yo, porque encuentran fascinante todo lo que solo puede verse a través de mágicos conjuros y porque defienden la existencia de todo cuanto se nos olvida cuando nos volvemos grandes" (fuente Andalia.com)

29 marzo 2012

26 marzo 2012

A IMPORTANCIA DE TRABALLAR A POESÍA


Gladys Ximena Pérez Llanes da Universidade de Medellín creou este video que ilustra a importancia de traballar a poesía







O equipo de Biblioteca do CEIP QUINTELA DE MOAÑA ofrécenos estes consellos para ler poesía:



A poesía hai que leela despaciooooooooooooooooooooo,……. e con intención (e emoción).Hai que respectar a puntuación,,,,xa que o ritmo da poesía pode cambiar senón respectamos os puntos e comas.
A poesía necesita porque vai mais alá da palabra escrita,e ten como obxectivo tocar a alma e o corazón dos que a escoitan.
Non podemos ler todas as poesías igual,porque hai poesías para os días de sol, para os días de chuvia, para reir, para xogar, e para sentir.
Utilizade a voz,  elevandoa , ou   baixandoa  , según o pida a poesía .Facede pausas teatrais, silencios………., alongaaaaaaaaaade as palabras,as sílabassssssssss ,segundo vos dicte o ritmo do poema . Non esquezades que :
a poesía é como unha canción sen música.



E como non, no noso cole tamén a traballamos!!!!!!!

O 21 de marzo celebramos o "Día da Poesía"

 Alumnos e alumnas de 2º recitando no patio ós seus compañeiros as poesías que crearon.


Pero tamén traballamos a poesía en moitas outras ocasións:

  • Recompilación "Febreiro, mes do amor"


 
 
Deixovos aquí tamén dous enlaces interesantes da biblioteca do CEIP Pintor Laxeiro sobre como construír poesías e como ilustrar poesías.

Si vos gusta a POESÍA podedes visitar moitos outros enlaces seleccionados picando aquí.




25 marzo 2012

COÑECENDO A JACKSON POLLOCK


Gustavos esta obra de Jackson Pollock?

Este artista americano é un dos grandes xenios do Expresionismo Abstracto para coñecer máis sobre el podedes visitar Inner Art

Pero o que non vos podedes perder é a visita á súa FUNDACIÓN na que podedes ver infinidade de obras e entenderedes perfectamente en que consiste esta corrente artística.

23 marzo 2012

A BICICLETA DE ANA MARÍA


Dous membros do grupo de teatro  Airiños  viñeron ao colexio a presentarnos

      A bicicleta de Ana María                                                                                                              




















Tedes un montón de ocasións para ver a obra completa:

DÍA: sábado 24 de marzo
  • TARAGOÑA: Praza Campo de Pazos 17.00 h                
  • ARAÑO: Exterior da Escola de Buía 18.00 h
  • ASADOS: Exterior das Escolas de Atalaia 19.00 h


DÍA: domingo 25 de marzo

  • ISORNA: Exterior da Escola de Vacariza 17.00 h
  • LEIRO: Campo da festa 18.00 h
  • RIANXO:  Praza de Rafael Dieste 19.00 h



 Para máis información de todas as actividades culturais que se levarán a cabo en RIANXO neste fin de semana podedes vivisar Barbanza, por Certo  o blog do xornal dixital de Barbanza e Noia. 



BURROMAQUIA


Mañá sábado 24 de marzo ás 12.00  na Biblioteca Municipal





NON O PERDADES!

21 marzo 2012

DÍA DA POESÍA

 .
Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día da Poesía e queremos aproveitar para publicar a recompilación de poesías ilustradas sobre o mar que recitamos e ilustramos o ano pasado. Acordádesvos?

 Por certo, "Un mar de poesías" tamén está impreso e dispoñible na biblioteca.



Open publication - Free publishing - More carteles

 Acordábadesvos desta actividade? Que cartaz vos gusta máis? Por que?
Recorda que os blogs enriquécense cos vosos comentarios!

VISITA DUNHA ARTISTA

Este luns estivo no centro Carla Lojo Vieito, unha grande artista, que nos trouxo unha mostra da súa obra chea de vida e cores para que a puidesemos coñecer. Ademais, tamén a puidemos ver traballar e facerlle preguntas.



Moitas grazas por compartir un momento tan especial con todos nós!

Deixamosvos aquí un pequeno video con momentos deste día.


Exposición Carla Lojo Vieito

12 marzo 2012

Coñecíades ó superratónico xornalista Gerónimo Stilton?

Gerónimo Stilton é o director do periódico  El Eco del Roedor e a súa irmá Tea Stilton é corresponsal no seu periódico. Ademais, estes dous superratónicos xornalistas e os seus amigos sempre están metidos en interesantísimas investigacións, algunha que outra un tanto perigosa, para manter a Ratonia informada.
 
 
A que esperas? 
Estaste perdendo un montón de aventuras!





Os que xa coñecíades estes libros podedes deixar a vosa opinión sobre o que máis vos gusta nos comentarios. Así os vosos amigos sabrán o que pensades!

SEMANA DA PRENSA

No blog  O Recanto de Mik atopamos esta fantástica recompilación de recursos para traballar a semana da prensa.




Moitas grazas a todos os que colaborastedes para crear e xuntar todas estas fantásticas actividades!






SEMANA DA PRENSA

A todos os corresponsais de EL ECO DEL ROEDOR:

 Esta semana, do 12 ó 16 de marzo,  celébrase en todos os colexios galegos a SEMANA DA PRENSA. Deberedes visitalos para manter a Ratonia informada do que sucede neles. 
  
      

09 marzo 2012


8 de MARZO : DÍA DA MULLER TRABALLADORA

                                   EU SON COMA TI



Nesta unidade didáctica tes actividades, videos e moitas propostas interesantes para realizar.
E se premes aquí poderás coñecer moitas cousas sobre as mulleres científicas ao longo da historia a través dun caderno de actividades.






Os nenos e 2º B contáronnos este fermoso conto da editorial OQO.


Viñeron cheos de corazóns como Matías o protagonista.





29 febrero 2012

Temos a gran sorte de poder contar coa visita do autor :
Silvestre Gómez Xurxo.
Virá a falarnos a cerca do seu libro
 Ti non xogas!
E estará co alumnado do segundo ciclo na biblioteca.


Xa temos moitas preguntas para facerlle!