Para que nestas vacacións disfrutedes coa lectura deixámosvos aquía a guía con recomendacións:
29 marzo 2012
GUÍA DE LECTURAS 2º TRIMESTRE
Para que nestas vacacións disfrutedes coa lectura deixámosvos aquía a guía con recomendacións:
26 marzo 2012
A IMPORTANCIA DE TRABALLAR A POESÍA
Gladys Ximena Pérez Llanes da Universidade de Medellín creou este video que ilustra a importancia de traballar a poesía
O equipo de Biblioteca do CEIP QUINTELA DE MOAÑA ofrécenos estes consellos para ler poesía:
A poesía hai que leela despaciooooooooooooooooooooo,……. e con intención (e emoción).Hai que respectar a puntuación,,,,xa que o ritmo da poesía pode cambiar senón respectamos os puntos e comas.
A poesía necesita porque vai mais alá da palabra escrita,e ten como obxectivo tocar a alma e o corazón dos que a escoitan.
Non podemos ler todas as poesías igual,porque hai poesías para os días de sol, para os días de chuvia, para reir, para xogar, e para sentir.
Utilizade a voz, elevandoa , ou baixandoa , según o pida a poesía .Facede pausas teatrais, silencios………., alongaaaaaaaaaade as palabras,as sílabassssssssss ,segundo vos dicte o ritmo do poema . Non esquezades que :
a poesía é como unha canción sen música.
E como non, no noso cole tamén a traballamos!!!!!!!
O 21 de marzo celebramos o "Día da Poesía"
Alumnos e alumnas de 2º recitando no patio ós seus compañeiros as poesías que crearon.
Pero tamén traballamos a poesía en moitas outras ocasións:
- Recompilación "Febreiro, mes do amor"
- Recompilación "Día de Rosalía"
Deixovos aquí tamén dous enlaces interesantes da biblioteca do CEIP Pintor Laxeiro sobre como construír poesías e como ilustrar poesías.
Si vos gusta a POESÍA podedes visitar moitos outros enlaces seleccionados picando aquí.
25 marzo 2012
COÑECENDO A JACKSON POLLOCK
Gustavos esta obra de Jackson Pollock?
Este artista americano é un dos grandes xenios do Expresionismo Abstracto para coñecer máis sobre el podedes visitar Inner Art
Pero o que non vos podedes perder é a visita á súa FUNDACIÓN na que podedes ver infinidade de obras e entenderedes perfectamente en que consiste esta corrente artística.
23 marzo 2012
A BICICLETA DE ANA MARÍA

Dous membros do grupo de teatro Airiños viñeron ao colexio a presentarnos
A bicicleta de Ana María
Tedes un montón de ocasións para ver a obra completa:
DÍA: sábado 24 de marzo
- TARAGOÑA: Praza Campo de Pazos 17.00 h
- ARAÑO: Exterior da Escola de Buía 18.00 h
- ASADOS: Exterior das Escolas de Atalaia 19.00 h
DÍA: domingo 25 de marzo
- ISORNA: Exterior da Escola de Vacariza 17.00 h
- LEIRO: Campo da festa 18.00 h
- RIANXO: Praza de Rafael Dieste 19.00 h
Para máis información de todas as actividades culturais que se levarán a cabo en RIANXO neste fin de semana podedes vivisar Barbanza, por Certo o blog do xornal dixital de Barbanza e Noia.
21 marzo 2012
DÍA DA POESÍA
.
Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día da Poesía e queremos aproveitar para publicar a recompilación de poesías ilustradas sobre o mar que recitamos e ilustramos o ano pasado. Acordádesvos?
Por certo, "Un mar de poesías" tamén está impreso e dispoñible na biblioteca.
Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día da Poesía e queremos aproveitar para publicar a recompilación de poesías ilustradas sobre o mar que recitamos e ilustramos o ano pasado. Acordádesvos?
Por certo, "Un mar de poesías" tamén está impreso e dispoñible na biblioteca.
Open publication - Free publishing - More carteles
Acordábadesvos desta actividade? Que cartaz vos gusta máis? Por que?
Recorda que os blogs enriquécense cos vosos comentarios!
Acordábadesvos desta actividade? Que cartaz vos gusta máis? Por que?
Recorda que os blogs enriquécense cos vosos comentarios!
VISITA DUNHA ARTISTA
Este luns estivo no centro Carla Lojo Vieito, unha grande artista, que nos trouxo unha mostra da súa obra chea de vida e cores para que a puidesemos coñecer. Ademais, tamén a puidemos ver traballar e facerlle preguntas.
Deixamosvos aquí un pequeno video con momentos deste día.
Moitas grazas por compartir un momento tan especial con todos nós!
Deixamosvos aquí un pequeno video con momentos deste día.
![]() |
| Exposición Carla Lojo Vieito |
12 marzo 2012
Coñecíades ó superratónico xornalista Gerónimo Stilton?
Gerónimo Stilton é o director do periódico El Eco del Roedor e a súa irmá Tea Stilton é corresponsal no seu periódico. Ademais, estes dous superratónicos xornalistas e os seus amigos sempre están metidos en interesantísimas investigacións, algunha que outra un tanto perigosa, para manter a Ratonia informada.
Estaste perdendo un montón de aventuras!
Os que xa coñecíades estes libros podedes deixar a vosa opinión sobre o que máis vos gusta nos comentarios. Así os vosos amigos sabrán o que pensades!
SEMANA DA PRENSA
No blog O Recanto de Mik atopamos esta fantástica recompilación de recursos para traballar a semana da prensa.
Moitas grazas a todos os que colaborastedes para crear e xuntar todas estas fantásticas actividades!
SEMANA DA PRENSA
A todos os corresponsais de EL ECO DEL ROEDOR:
Esta semana, do 12 ó 16 de marzo, celébrase en todos os colexios galegos a SEMANA DA PRENSA. Deberedes visitalos para manter a Ratonia informada do que sucede neles.
09 marzo 2012
8 de MARZO : DÍA DA MULLER TRABALLADORA
EU SON COMA TI
Nesta unidade didáctica tes actividades, videos e moitas propostas interesantes para realizar.
E se premes aquí poderás coñecer moitas cousas sobre as mulleres científicas ao longo da historia a través dun caderno de actividades.
29 febrero 2012
24 febrero 2012
Rosalía de Castro
Deixovos aquí dous videos relacionados coa homenaxeada deste día:
- Poesía Negra Sombra cantada por Luz Casal e música de Carlos Núñez.
- Tamén podedes ver o un vídeo que ilustra poema Adiós ríos, adiós fontes cantado por Amancio Prada
Agardamos os vosos comentarios!
.
- Poesía Negra Sombra cantada por Luz Casal e música de Carlos Núñez.
- Tamén podedes ver o un vídeo que ilustra poema Adiós ríos, adiós fontes cantado por Amancio Prada
Agardamos os vosos comentarios!
.
24 de febreiro: Día de Rosalía
Hoxe conmemórase o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Estamos preparando diversas actividades para celebralo. Iremosvos dando conta delas pouco a pouco.
Mentres tanto deixámosvos algunhas informacións de interese:
Podedes ver no seu blog máis actividades que están levando a cabo para conmemorar este día.
Busto en homenaxe a Rosalía de Castro feito polo escultor Camilo Rodríguez Vidal .
(Si picades no seu nome podedes visitar o blog deste artista padronés que tamén elaborou a escultura da Manuela)
Mentres tanto deixámosvos algunhas informacións de interese:
- O CEIP A Pedra de Bueu (Pontevedra) preparou esta información sobre Rosalía e a súa vida.
Open publication - Free publishing
Podedes ver no seu blog máis actividades que están levando a cabo para conmemorar este día.
- O concello de Rianxo convoca neste día a todos
os rianxeiros e rianxeiras a participar diante da estatua de Rosalía no Paseo da Ribeira nun recital poético ás 7 da tarde
Busto en homenaxe a Rosalía de Castro feito polo escultor Camilo Rodríguez Vidal .
(Si picades no seu nome podedes visitar o blog deste artista padronés que tamén elaborou a escultura da Manuela)
- Se queredes ver o que algunhas das cousas que se están facendo noutras bibliotecas podedes picar no logo ou ben no enlace que hai no nome: BLOG DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
- A Asociación de escritoras e escritores de lingua galega (AELG) tamén ten programadas diversas actividades para celebrar este aniversario. Para o día de hoxe suxírenos que nos regalemos UN LIBRO EN GALEGO e UNHA FLOR
- Se queredes máis información podedes visitar á páxina web oficial de Rosalía de Castro si picades na súa foto.
.
31 enero 2012
CANTOS LIBROS PARA APALPAR!
O Apalpador é o personaxe que preside o tríptico de recomendacións de lectura para Nadal que elaboramos, un ano máis, as bibliotecas do CEIP Ana Mª Diéguez, do CEIP A.D.R. Castelao, do CEP Xosé Mª Brea Segade, do IES Félix Muriel e a Biblioteca Pública Municipal de Rianxo.
Xa sabedes, nestas vacacións tedes á vosa disposición unha boa escolma de libros e música para gozar en familia. Non esquezades incluír un libro entre os agasallos destas datas.
Queremos agradecerlle á AMPA do colexio a súa colaboración xa que fixo posible podervos entregar os trípticos a cor.
Xa sabedes, nestas vacacións tedes á vosa disposición unha boa escolma de libros e música para gozar en familia. Non esquezades incluír un libro entre os agasallos destas datas.
Queremos agradecerlle á AMPA do colexio a súa colaboración xa que fixo posible podervos entregar os trípticos a cor.
12 diciembre 2011
10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










