19 diciembre 2025
11 diciembre 2025
26 noviembre 2025
CONMEMORACIÓN 25 N: XUNTAS
Este ano, para conmemorar o 25 N, realizamos un mural colectivo co lema "Xuntxs". Cada aula decorou un cartaz e escribiu unha reivindicación do que podemos lograr se traballamos xunt@s.
Tamén creamos unhas pegatinas para colorear.
28 octubre 2025
MOCHILAS VIAXEIRAS 2025-2026: ARRANCAMOS!
Outro ano máis xa temos preparadas as Mochilas viaxeiras que axiña viaxarán ata as vosas casas.
Este ano a Xoubiña Castelao, a mascota da biblio, proponvos que lle "enviedes" unha postal sobre algún lugar que visitastes ou que vos gustaría visitar.
Na mochila vai incluída unha postal en branco, para que a decoredes como máis vos guste (collage, debuxo, diferentes texturas...).
Cando a traiades de volta, colgarémola por diferentes lugares do cole para que a Xoubiña Castelao a poida ler.
27 octubre 2025
ACTIVIDADES SEMANA DO SAMAÍN
Aquí podedes ver as actividades que realizaremos durante esta semana.
Estade atentos porque teremos curtas de medo nos recreos!
25 octubre 2025
PREPARACIÓN DAS MOCHILAS VIAXEIRAS 2025-2026
Outro ano máis estamos preparando as "Mochilas viaxeiras" deste novo curso.
Que actividade nos propoñerá facer a Xoubiña Castelao?
Como vedes, ela xa está lista para viaxar polo mundo.
24 octubre 2025
17 octubre 2025
OBRADOIRO TECENDO O OUTONO
Hoxe tivo lugar a actividade "Tecendo o outono coas nosas familias".
Aquí tedes unha mostra do que fixeron.
14 octubre 2025
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA CURSO 2025-2026
Aquí tedes un cartaz cunha proposta de actividades que realizaremos para a inauguración da biblioteca este curso. Pero, coma sempre, vós podedes facer as actividades que máis vos gusten.
ROSCO DE PALABRAS E CUESTIONARIO SOBRE XULIO VERNE E "A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS" (3º CICLO)
INICIANDO O NOVO PDI PARA ESTE CURSO...
Observade ben o mural da biblioteca.
A ver se sodes capaces de adiviñar sobre que imos investigar este curso...
10 octubre 2025
28 septiembre 2025
COMEZAMOS NOVO CURSO ESCOLAR!
Boas tardes a todos!
A partir do 1 de outubro xa poderedes facer empréstitos na biblioteca xa que contaremos co apoio dos nosos biblioaxudantes.
Recordade tamén que a partir dese día a biblio estará aberta polas tardes, das 16:00 ás 18:00 horas.
Aquí tedes un cartaz coas normas da biblio.
16 junio 2025
LECTURA E FAMILIAS: CABEZUDOS E TEATRILLOS
Aquí podedes ver os cabezudos que elaboraron os grupos de 1° e 2° coas súas familias. Quedaron chulísimos, verdade?
13 junio 2025
12 junio 2025
VISITA DOS BOMBEIROS
Hoxe recibimos a visita dos bombeiros. Nesta ocasión estiveron cos pequerrechos de E.Infantil e cos de 1º de E. P.
06 junio 2025
GRACIÑAS POR COLABORAR!
Esperamos contar con todos os nen@s colaboradores de 5° para o próximo curso e os que xa vos ides para o institución desexámosvos moita sorte.
Non vos olvidedes de pasar pola Biblio Muriel, alí tamén fan moitas actividades!
05 junio 2025
TEATRO INFANTIL:
Hoxe os alumnos de E.I. e 1° e 2° de E.P. foron ata o auditorio ver a obra "Bibopalula". Nesta ocasión foron todos os centros educativos de Rianxo.
Pasárono xenial!
04 junio 2025
MOCHILAS VIAXEIRAS: EXPOSICIÓN
Aquí podedes ver tódolos seres fantásticos e/ou mitolóxicos que crearon as familias que participaron na actividade das "Mochilas viaxeiras".
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!
Semana do Medio Ambiente. Obradoiros de Arterreciclado. BMaker
Esta semana, os grupos de terceiro de primaria, desfrutaron de varias actividades sobre o Medio Ambiente.
O martes fixeron unha recollida de lixo na praia da Torre.
O mércores fixeron uns obradoiros de Arterreciclada con algúns dos materiais recollidos na praia. Grazas á Asociación Amicos.
O xoves os grupos de 3° e 4° tiveron unhas charlas con Augas de Galicia.
TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN: O URCO E OUTROS SERES FANTÁSTICOS

03 junio 2025
XUÑO, MES DO MEDIOAMBIENTE
Charla sobre a importancia de eliminar as especies invasoras dos nosos montes.
Esta semana, Ánxela Miguéns, presidenta da Comunidade de Montes de Leiro, nai dun alumno veu a dar unha charla sobre a importancia de eliminar as especies invasoras dos nosos montes para alumnado de 2º e a convidalos xunto coas súas familias a participar este sábado no voluntariado medioambiental para a eliminación de acacia no monte de Leiro.
31 mayo 2025
CHARLAS CEIDA
Durante este curso o alumnado de 5° e 6° recibiu varias charlas do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) sobre a importancia da conservación do medio ambiente e medio mariño.
30 mayo 2025
ALFABETIZACIÓN MÚLTIPLE
Aquí tedes unha mostra de actividades realizadas polo alumnado de 3° ciclo empregando as TICS.
E aquí outros proxectos de 3 ° de E.P. na que empregaron libros da BE para buscar a información necesaria.
29 mayo 2025
FACEMOS TEATRO
Os alumnos e alumnas de 1° de E.P. traballaron o teatro e fixeron un teatro de títeres con personaxes mitolóxicos. Aquí tedes unha mostra dos traballos de 1° A.
Os nenos e nenas de 3° B ilustraron o conto "Maruxa", de Eva Mejuto. Logo, varios nenos contáronllo ao alumnado de infantil e 2° empregando o teatrillo xaponés kamishibai.











































