Xa chegou o outono e na seguinte ligazón aportada polo blog O recanto de MIK atoparedes unha morea de recursos arredor desta estación para traballar co alumnado de Infantil e Primaria:
28 septiembre 2012
OUTUBRO MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR.
Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro).

![]() |
| Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide, que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008,Miguelanxo Prado/2009, Marina Seoane/2010, Emma Ríos/2011)(recollido en BEGA) SEGURO QUE O TEREMOS RÁPIDO NO NOSO COLE! |
25 septiembre 2012
Sodes "NIÑOS PERVERSOS" ?
Durante o mes de setembro celébrase "O MES DE ROALD DAHL"
polo que nos gustaría recomendarvos a lectura dun libro divertidísimo cun nome bastante curioso
Cuentos en verso para niños perversos.
Tamén atopamos en youtube este fantástico vídeo:
Moitas grazas ás autoras:
María del Mar Rodríguez Criado............como EL PÁJARO NARRADOR
Asunción Rayos Marco........................como LOS TRES CERDITOS
M. Ángeles Hernández Guillén..............como EL LOBO
Estefanía Sánchez Sánchez.................como CAPERUCITA

POR TAN ESTUPENDO TRABALLO!!!!!
13 septiembre 2012
DÍA DE ROALD DAHL !!!!
Tal día como hoxe, 13 de setembro, en 1916 naceu este magnífico escritor británico.Escribiu moitísimos libros entre eles algúns tan coñecidos como:
- James e o Melocotón Xigante
- Charlie e a Fábrica de Chocolate
- O Dedo Máxico
- O Superzorro
- Matilda
- As bruxas
(tarta elaborada por Cake Doctor)
Así que hoxe é un bo día de ler ou reler un dos seus libros ou ver algunha das películas basadas nos seus libros.Recordade unha das súas frases máis célebres:
"Si piensas llegar a alguna parte en la vida tienes que leer muchos libros"
04 septiembre 2012
02 agosto 2012
FEBRE OLÍMPICA
Cos xogos olímpicos recén inaugurados, destacar algúns libros con esta temática:
O famoso rato ten que enfrentarse a un curioso misterio: a de un equipo que gaña tódalas probas.
Axtérix y los juegos olímpicos
É unha das máis famosas historietas creadas por Uderzo y Goscinny, que esta vez sitúan aos seus coñecidos personaxes na Grecia Clásica, onde a poción máxica corre o perigo de ser prohibida ao considerarse dopaxe.Así empeza este divertidísimo libro: "Outros Xogos Olímpicos pasarán á Historia por ser os mellor organizados. Outros Xogos Olímpicos pasarán á Historia por ser os que viron bater un maior número de récords. Pero os Xogos Olímpicos de Ningures pasarán á Historia por ser os máis estrambóticos e divertidos. Como país organizador, Ningures puido presentar os seus atletas, que ata entón nunca participaran nunhas Olimpíadas. O equipo olímpico ninguriense formábano un grupo de deportistas, cadaquén máis estrafalario, protagonistas dunha presa de anécdotas.
Os Bolechas queren saber....
Como son os xogos olímpicos e paralímpicos de verán.
Os primeiros xogos olímpicos celebráronse na honra do deus grego Zeus, na cidade de Olimpia. Neles só participaban homes e as mulleres casadas non podían entrar no estadio. Dende a XV edición, os atletas competían nus. Dende que as prohibiu un emperador romano no s. IV, por seren unha homenaxe a un deus grego, até 1896 non houbo más competicións olímpicas. A partir de aquí, celébranse cada catro anos nun país distinto. Os do 2012 terán como marco a cidade de Londres.
26 julio 2012
![]() |
| MUSEO DE NÓS NUCO RIANXO |
Dende a biblioteca do ADR Castelao queremos agradecerlle a Nuco, tódalas horas que pasou connosco: ensinándonos, explicándonos as súas obras, respondendo as nosas preguntas e contándonos un pouco da cultura de Galiza e Rianxo con tanta amabilidade e entusiasmo. Moitísimas grazas.
Os nenos/as de 2º A coa axuda das súas familias elaboraron un libro de contos relacionados coas obras dun pintor galego, Urbano Lugrís
A maior parte das obras de Urbano Lugrís relaciónanse co mar, por iso nos contos aparece o mar, pero non calquera mar, senón o galego: as rías, as illas, zonas perigosas, o faro de Fisterra, Cada alumno/a inventou o seu conto no que aparecía a Serea Viaxeira. Esta viaxaba pola costa galega e viveu diferentes aventuras .
Recordávosvos que temos un Lim e recursos para a poesía sobre o autor, no noso recuncho da Arte.
04 julio 2012
Unha actividade que comezou o día da inauguración da biblioteca e que consistiu en transformar as fotos dos nenos e nenas de 4º C en Archimboldos nas distintas estacións.
03 julio 2012
museo castelao

Ao longo do curso fomos creando o Museo ADR Castelao. Cada clase interpretou unha obra dun pintor ou pintora con distintas técnicas. Tamén fixemos tres cadros colectivos que foron: O Guernica de Pablo Picasso, O Bico de Gustav Klimt e os Bailaríns de Castelao.
Quedou moi CHULO!!! A ver si atopades a vosa porta ou corredor!!
02 julio 2012
27 junio 2012
Otra actividade que se levou a cabo no mes de xuño foi a de Rianxo en verso.
Xuntamos que o 5 de xuño se celebra o día do medio ambiente e a arte da fotografía.
As clases participantes sacaron fotos por distintos lugares de Rianxo.
Logo nas clases cos titores elaboraron distintas poesías a partires das fotografías.
Unha pequena mostra da clase de cuarto C.

Durante o mes de xuño, todo o colexio foi de visita ao museo "De Nós" do escultor rianxeiro Nuco.Tódalas clases quedaron encantadas coa visita e fascinados pola súa obra.
O noso agradecemento público pola súa gran amabilidade, paciencia e implicación con todos nós.
Os nenos/as de cuarto C elaboraron estes acrósticos a partires do seu nome e o seu museo.
O noso agradecemento público pola súa gran amabilidade, paciencia e implicación con todos nós.
Os nenos/as de cuarto C elaboraron estes acrósticos a partires do seu nome e o seu museo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)