03 julio 2018
POR CATRO RECANTOS DE NADA
Por Catro recantos de nada. De Jérôme Ruillier
Cadradiño quere xogar na casa dos seus amigos Redondiños, pero non pasa pola porta porque… A porta é redonda como os seus amigos! «Teremos que recortarchee os recantos!», dinlle o redondiños. «Oh, non! –di Cadradiño– Doeríame moito!» Que podemos facer? Cadradiño é diferente. Nunca será redondo.
Un libro sobre a amistade, a diferencia e a exclusión.
Tivemos xa a sorte de que o contaron no Xoves Conto, e agora algo máis están facendo. Haberá que esperar ao curso que vén.
ABRIR RIANXO AO MUNDO. OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE
O alumnado de sexto de primaria representou para a inauguración do proxecto unha adaptación da obra teatral de Castelao
Esto supuxo un gran esforzo por parte das titoras, do alumnado, pero o resultado mereceu a pena.
Fixeron a representación para todo o colexio no auditorio e logo repetiron actuación para as súas familias.
Grazas ao grupo teatral Airiños por prestarlle algún do seu atrezo.
ABRIR RIANXO AO MUNDO. ENTREVISTA RADIO VOZ
Entrevista en Radio Voz sobre o Proxecto TIL
Anímate a escoitar a entrevista e coñece un pouco sobre o noso proxecto.
Abrir Rianxo ao Mundo. RIANXO IN ENGLISH
Material audiovisual que non puido ser exposto. Os alumnos e alumnas de sexto, preséntanse e fálannos un pouco sobre a gastronomía de Rianxo. Pincha aquí ou visita a páxina web do cole.
ABRIR RIANXO AO MUNDO. ANUNCIOS.
Os nenos e nenas de cuarto B convidando a coñecer Rianxo. Vídeos publicitarios. Están na páxina web do cole.
29 junio 2018
RIANXO DO A AO Z
Traballo elaborado polos nenas e nas de primeiro.Recolle con cada letra información, curiosidades sobre o noso pobo.
Fermoso traballo!! Noraboa!!
Fermoso traballo!! Noraboa!!
28 junio 2018
A RIANXEIRA
O proxecto Abre Rianxo ao Mundo comezou a andar coa nosa Rianxeira. Cada nivel ilustrou coa técnica de papel rachado a letra da canción.
ABRIR RIANXO AO MUNDO EN FOTOS DE RIANXO
Grazas a Fotos de Rianxo por dar a coñecer o noso proxecto. Para o colexio foi un luxo poder mostrar algúns dos seus traballos sobre este proxecto no auditorio e que o pobo ,as súas xentes o puidesen comtemplar. Tamén grazas ao concello por cedernos o auditorio, e colaborar no transporte de materiais.
Aínda que quedaron moitísimos traballos sen ser expostos cremos que cumprimos o obxectivo do proxecto que era DAR A COÑECER RIANXO.
Quedounos a mágoa de que a Voz de Galicia non se interesase nin en poñer unha breve reseña sobre a exposición.
ABRIR RIANXO AO MUNDO. MANUEL ANTONIO.
MANUEL ANTONIO o poeta do mar.
Dentro dos actos organizados polo concello sobre a figura do poeta, 90 anos da publicación do seu poemario De catro a catro,o colexio participou de múltiples formas: recitando algúns dos seus poemas, facendo murais, ilustrando os seus poemas con inspiración vangardista, pintando nas rúas, verbas máis cotidiáns en follas.
Parte de ese material estivo presente na exposición. Os murais puideron ser vistos por moitos rianxeiros e rianxeiras, pois pendurados na fachadas da súa casa natal estiveron só un día;por mor do mal tempo.
Cos debuxos fixéronse dous libros un sobre a vida do poeta e outro ilustrando os seus poemas. A maiores realizouse un retrato sobre o autor.
O gran descoñecido, agora xa o temos un pouco máis preto e coñecemos un pouco máis sobre el e as súas poesías.
ABRIR RIANXO AO MUNDO.CANCIÓN DA RIANXEIRA
Si por algo se coñece Rianxo e as súas xentes é pola Rianxeira, que se canta en medio mundo ou mundo enteiro. Pode consideranse o segundo himno de Galiza.
Cando botamos a andar este proxecto decidimos comezalo Ilustrando a Rianxeira. Por niveis fomos repartíndonos as estrofas.
Cando botamos a andar este proxecto decidimos comezalo Ilustrando a Rianxeira. Por niveis fomos repartíndonos as estrofas.
Este foi o resultado!!
Xa está na imprenta para facer un libro coas ilustracións e poder telo na biblioteca.
ABRIR RIANXO AO MUNDO.
27 junio 2018
ABRIR RIANXO AO MUNDO. CAMISETA
Dentro do proxecto "Abrir Rianxo ao mundo", no que está a traballar este curso o colexio, realizouse un concurso de debuxo e lema sobre Rianxo entre o alumnado. Co obxectivo de facer unhas camisetas coas que dar a coñecer a nosa vila. O gañador na categoría de "lema" foi para Pablo Miranda da aula de 2º B, e na categoría de "debuxo" foi para Eloi Ordóñez da aula de Educación Infantil de catro anos B.
Parabéns para eles e todos e todas os e as participantes!! O xurado non o tivo nada fácil!!
Este foi o resultado!!
Agora xa está en practicamente todas as casas dos nenos e nenas do colexio.
Parabéns para eles e todos e todas os e as participantes!! O xurado non o tivo nada fácil!!
Este foi o resultado!!
Agora xa está en practicamente todas as casas dos nenos e nenas do colexio.
VIVIR EN RIANXO
QUE BONITO É!!
ABRIR RIANXO AO MUNDO.RIANXO DO A AO Z
Rianxo do A ao Z foi o título do traballo dos nenos e nenas de primeiro de primaria. Con cada letra do alfabeto buscaron información, escribiron sobre autores rianxeiros, lugares, costumes, alcumes...e logo déronlle este fermoso deseño. Agora convertirémolo en libro para ter na biblioteca e todos poder desfrutar deste traballo.
ABRIR RIANXO AO MUNDO
Fomentáronse actividades moi variadas: buscas de información sobre o municipio e parroquias, como era Rianxo no século XIX e comezos do s.XX, elaboración de libros de receitas,de comic, contos, con información variada, anuncios promocionais, maquetas, cadros,....e un longo etc.
Tamén a nosa impresora 3D tivo o seu espazo e os escornabots con xogos de preguntas e respostas sobre Rianxo.
Durante todo o curso tivemos no cole numerosos escritores,escritoras,creadores,artistas que viñeron a contarnos o que facían. Grazas a: José Ricardo Losada, Helena Villar Janeiro, Ché Tembra, Tantino e Raúl Burés .
Como actividade inaugural tivemos a sorte de poder asistir a unha adaptación da obra Os vellos non deben namorarse de ADR Castelao a cargo de todo o alumnado de sexto de primaria. Uns artistazos!! Moitas máis fotos.
07 mayo 2018
Enquisa alumnado 2018
Si estás en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria axúdanos a mellorar cubrindo esta enquisa. Tes ata o 25 de maio
Moitas grazas!
Moitas grazas!
Enquisa Familias 2018
Por favor, cubride esta enquisa e axudádenos a mellorar. Tedes ata o 25 de maio.
Moitas grazas por colaborar!
Moitas grazas por colaborar!
Enquisa Profesorado 2018
A vosa opinión é moi importante para nós. Cubre esta enquisa e axúdanos a mellorar!
Tedes ata o 25 de maio.
Tedes ata o 25 de maio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



