Este libro xa foi recomendado na guía de lectura do Nadal " Tempo de Acivros Tempo de Libros"
Para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, volvemos lembralo.
Mamá Cabra e
Carmen Gil publican o libro-disco
A bruxa Discordia. Cancións para a paz na coleccción Sonárbore da
Editorial Galaxia. As ilustracións son de
Iria Fafián. A bruxa Discordia constitúe un álbum ateigado de valores positivos pensado e desenvolvido tendo en conta as necesidades dos nenos e nenas. Mensaxes como a importancia de compartir, de respectar ao próximo ou de convivir en harmonía escritas na súa propia linguaxe e transportadas a través dun dos vehículos máis eficaces: a música.
Material ben acaído para os primeiros lectores e para acompañar no Día da Paz.
Velaquí unha mostra das cancións que inclúe o libro-disco:
Baile da paz
Esta é a danza
da esperanza,
danza capaz
de sementar paz.
Ombro con ombro
pódese todo.
Dá un taconazo.
levanta o brazo
Colle a orella
da túa parella.
Faille cóxegas.
Ponte en crequenas.
Esta é a danza
da esperanza,
danza capaz
de sementar paz.
Agora dá un brinco,
ou mellor cinco!,
e tres palmadas
con gargalladas.
Logo ao compás
anda cara atrás.
E cara adiante,
coma un xigante.
Pinta un momento
paz no vento.
Grita un segundo:
"paz no mundo"e con donaire
dálle ao cú aire.