10 septiembre 2013
VOLTA AO COLE!
Mañá 11 de setembro ás 11 comeza a singladura do curso 2013-14.
Gustaríavos saber que tema eleximos este curso para traballar desde a biblioteca? Como será o mural da porta da biblio deste curso?
Pois botade a andar a vosa imaxinación...
Aquí tedes unha pequena pista... de quen é esta ilustración?
Esperamos as vosas respostas e que nos comentedes que tal o primeiro día ! _
12 agosto 2013
Liberespazo
09 agosto 2013
05 agosto 2013
Exposicións Letras Galegas no Auditorio Municipal.
Dende o 15 de xullo ata o 4 de agosto estiveron no Auditorio Municipal as exposicións:
Valentín Paz Andrade: Galego de Corazón.
Roberto Vidal Bolaño: Autor, Actor e Público do Aquí.
Esta semana toca recollelas!
Valentín Paz Andrade: Galego de Corazón.
Roberto Vidal Bolaño: Autor, Actor e Público do Aquí.
Esta semana toca recollelas!
03 agosto 2013
Lendo en Rianxo
Na Feira do Libro de Rianxo.
As bibliotecas de Rianxo estivemos presentes na Feira do Libro cunha pequena mostra do traballo que realizamos. Quixemos sacar as nosas bibliotecas á rúa e compartir a nosa experiencia común con tod@s os que paseron pola Feira ao longo deses días. "Lendo en Rianxo" foi o nome que escollemos para o noso espazo nunha das casetas da feira e o título do vídeo que elaboramos para proxectar na feira e mostrar algunhas das actividades que se desenvolven no día a día das bibliotecas de Rianxo.
Aquí o tedes: Lendo en Rianxo.
Programa da Feira do Libro.
Este foi o noso recuncho.

29 junio 2013
Recurso para ALFIN
Recurso elaborado por Mª Olga Rodríguez Díaz do CEIP Milladoiro de Malpica
Pincha aquí para acceder ao documento: búsqueda de información.
28 junio 2013
Graduación de Educación Infantil
A biblioteca acolleu a graduación dos nenos e nenas de Educación Infantil. Este acto estivo organizado polos seus titores e especialistas.
Os nenos/as viñeron vestidos con birrete e banda.Cantaron unha canción de graduación e recibiron cadansúa orla.
Foi un acto sinxelo e emotivo.
A biblioteca fíxosenos moi pequena para acoller a pais, nais, avós, amigos,...que acudiron a presenciar a graduación.
Noraboa! Xa estades en primaria!
Foi un acto sinxelo e emotivo.
A biblioteca fíxosenos moi pequena para acoller a pais, nais, avós, amigos,...que acudiron a presenciar a graduación.
Noraboa! Xa estades en primaria!
27 junio 2013
Voces Rianxeiras
Polo mes de marzo, fixemos este xornal entre todos e todas as nenas e nenos do colexio. Xa estivo exposto para que o poidésedes ver.Agora aquí o tendes máis a man, por si o queredes volver a ollar ou ensinarllo as vosas familias.
25 junio 2013
Graduación dos alumnos de 6º
Os maiores do cole xa se despediron de nós para ser os máis "peques" do Instituto.
Boa sorte a todos/as e demostrade todo o que valedes.
Non vos olvidedes da vosa singladura polo Castelao e volvede a visitarnos!
18 junio 2013
Encontro con Paula Carballeira
O xoves 13 os nenos e nenas de cuarto tiveron un encontro coa escritora e actriz: Paula Carballeira.
Con anterioridade, nas clases estiveran lendo varios libros da autora. Un destes libros foi Casas. Así construíron, debuxaron e inventaron distintos modelos de casas. Estaban desexando coñecela!
Paula contoulles que para facer este libro inspiroulle o feito de que ela viaxara por moitos lugares e que viveu en moitos tipos de casas das que aparecen no libro; aínda que moitas casas eran imaxinarias. Suxeríulle que por darlle a imaxinación non pasaba nada!
Tamén houbo un anaco para as historias de medo. Todos botáronse para atrás asustados ao rematar a historia.
Ninguén se quería marchar estaban moi a gusto escoitando a esta narradora fabulosa. A final houbo un intre para asinar os libros dos nenos e nenas.

17 junio 2013
GRAZAS POR COLABORAR
Este venres xuntamos aos colaboradores e colaboradoras de biblioteca para darlle as grazas por axudar na biblioteca. Quixemos agasallalos cun pequeno presente.
Algúns xa marchan do cole rumbo ao instituto. Acordarémonos de todos vós.
Sin estes colaboradores a biblioteca non funcionaría tan ben!
Algúns xa marchan do cole rumbo ao instituto. Acordarémonos de todos vós.
Sin estes colaboradores a biblioteca non funcionaría tan ben!
Moitas gracias a todos e todas!
16 junio 2013
Compartindo Auga Enfeitizada
Si queredes ver visitade o blog da súa biblioteca.
15 junio 2013
Amigos dos libros.
Conto inventado e ilustrado, na clase, polos nenos e nenas de 1º A no mes de abril. Libros Mil. Empregaron para ilustralo unha técnica que lles gústou moito. Pintaron con ceras brandas de moitas cores o fondo, logo déronlle unha capa de negro e finalmente rascando apareceron os personaxes.
O resultado precioso!
O resultado precioso!
07 junio 2013
06 junio 2013
05 junio 2013
04 junio 2013
02 junio 2013
01 junio 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)