FUNCIONAMENTO E NORMAS DE USO DA NOSA BIBLIOTECA
25 octubre 2012
24 octubre 2012
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
O mes de outubro é o mes da Biblioteca escolar e, como xa sabedes, hoxe 24 de outubro é o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR.
Para celebralo esta semana estamos inaugurando "oficialmente" a singladura da biblioteca este curso baixo o lema:
Palabras que vas ler...
non as deixes correr.
Gústavos o novo mural da porta da biblio?
Representa o ciclo da auga, xa que o PDI deste curso xirará entorno á auga.
As pinguiñas das que beberemos este curso son moi especiais... Que vos parecen?
ARTUR E MORGANA VISITAN O CASTELAO
Onte, tivemos unha visita moi especial na biblio. O rei Artur e a "meiga" Morgana viñeron contarnos algunhas cousas sobre as súas vidas e sobre Avalón, a illa onde viven co mago Merlín.
Aproveitando a súa visita Morgana falounos das propiedades de certas plantas e alimentos como o mel, as estrugas, a menta, a cebola, o allo...
Como non tiñan tempo para máis convidáronnos a ir este sábado día 27 de outubro ó Auditorio Municipal ás 21.00 horas para seguir contándonos cousa e coñecer ó MAGO MERLÍN!!!!
(se queredes saber máis sobre a obra de teatro picade no nome do mago)
18 octubre 2012
11 octubre 2012
Pepe, Maruxa e as Mochilas Viaxeiras
Pepe e Maruxa axudaron á Xoubiña Castelao a preparar as Mochilas Viaxeiras; estiveron seleccionando libros para adultos na Biblioteca Pública Municipal para que viaxen ás vosas casas. Escolleron libros de cociña, de consellos para pais e nais, literatura clásica, best sellers...
Sabedes quenes son?
| Buscádeos na foto |
Se queredes saber máis sobre eles buscádeos na biblio municipal. Seguro que tamén van a meter a Sofía, a bibliotecaria, en "líos" convencéndoa para propoñervos actividades interesantes e divertidas. Tamén teñen máis amigos invadindo bibliotecas se queredes coñecelos pinchade aquí.
Dentro de moi pouco xa sairán as Mochilas!!!!
Os alumnos de 2º e Roald Dahl
Os alumnos de segundo estiveron coñecendo diferentes libros dun dos grandes autores de literatura infantil e xuvenil, Roald Dahl.
Gustoulles moito Cuentos en Verso para Niños Perversos, As Bruxas, Charlie e a Fábrica de Chocolate...
Disfrutaron de diferentes actividades como exposicións de libros, inventaron contos, viron videos...
Gústavos o broche de bruxa que fixeron?
De feito, despois de ler fragmentos de "As Bruxas", están seguros de que algunhas profes son BRUXAS!!!! Se queredes máis pistas para saber detectalas buscadeas no libro.
10 octubre 2012
A editorial Kalandraka premiada!
A editorial Kalandraka acaba de recibir o "Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012" polo seu compromiso coa literatura infantil. É a primeira editorial galega e a primeira adicada á literatura infantil e xuvenil que recibe este importante premio.
Na concesión do premio destacaron a calidade das súas ilustración, o coidado que poñen nos textos, o seu interese en cultivar xéneros como a poesía e o ser un referente tanto en España como no estranxeiro.
Os seus libros están traducidos a varios idiomas. De feito, temos libros de Kalandraka na nosa sección de Inglés.
A nós non nos sorprende nada esta nova xa que NOS ENCANTAN OS SEUS LIBROS!!!!!!
ANÍMATE!!!! Escribe nos comentarios cal é o teu libro de Kalandraka favorito.
09 octubre 2012
05 octubre 2012
Voces Rianxeiras
O curso pasado elaboramos entre todos o xornal do cole, ó que chamamos Voces Rianxeiras, recuperando o nome dunha antiga publicación que xa había no colexio.
Se queredes ver algúns dos antigos exemplares de Voces Rianxeiras, revista que elaboraron fai anos os vosos pais, nais, tíos, tías, primos... están na sección de revistas, xusto na entrada da biblioteca.
A verdade é que fixeron un estupendo traballo. Tede en conta que non tiñan ordenadores nin impresoras e tiñan que usar "outras tecnoloxías" como as máquinas de escribir.
03 octubre 2012
Revista Escolar "Ondiñas Veñen"
Xa sabemos que un pouquiño tarde pero... aquí tedes, en formato dixital, a revista que publicamos a finais do curso pasado.
Máis vale tarde que nunca!!!!!
02 octubre 2012
28 septiembre 2012
Xa chegou o outono e na seguinte ligazón aportada polo blog O recanto de MIK atoparedes unha morea de recursos arredor desta estación para traballar co alumnado de Infantil e Primaria:
OUTUBRO MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR.
Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro).
Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro).
![]() |
| Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide, que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008,Miguelanxo Prado/2009, Marina Seoane/2010, Emma Ríos/2011)(recollido en BEGA) SEGURO QUE O TEREMOS RÁPIDO NO NOSO COLE! |
25 septiembre 2012
Sodes "NIÑOS PERVERSOS" ?
Durante o mes de setembro celébrase "O MES DE ROALD DAHL"
polo que nos gustaría recomendarvos a lectura dun libro divertidísimo cun nome bastante curioso
Cuentos en verso para niños perversos.
Tamén atopamos en youtube este fantástico vídeo:
Moitas grazas ás autoras:
María del Mar Rodríguez Criado............como EL PÁJARO NARRADOR
Asunción Rayos Marco........................como LOS TRES CERDITOS
M. Ángeles Hernández Guillén..............como EL LOBO
Estefanía Sánchez Sánchez.................como CAPERUCITA
polo que nos gustaría recomendarvos a lectura dun libro divertidísimo cun nome bastante curioso
Cuentos en verso para niños perversos.
Tamén atopamos en youtube este fantástico vídeo:
Moitas grazas ás autoras:
María del Mar Rodríguez Criado............como EL PÁJARO NARRADOR
Asunción Rayos Marco........................como LOS TRES CERDITOS
M. Ángeles Hernández Guillén..............como EL LOBO
Estefanía Sánchez Sánchez.................como CAPERUCITA
POR TAN ESTUPENDO TRABALLO!!!!!
13 septiembre 2012
DÍA DE ROALD DAHL !!!!
Tal día como hoxe, 13 de setembro, en 1916 naceu este magnífico escritor británico.Escribiu moitísimos libros entre eles algúns tan coñecidos como:
- James e o Melocotón Xigante
- Charlie e a Fábrica de Chocolate
- O Dedo Máxico
- O Superzorro
- Matilda
- As bruxas
(tarta elaborada por Cake Doctor)
Así que hoxe é un bo día de ler ou reler un dos seus libros ou ver algunha das películas basadas nos seus libros.Recordade unha das súas frases máis célebres:
"Si piensas llegar a alguna parte en la vida tienes que leer muchos libros"
04 septiembre 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)




