Aquí vos presentamos unha pequena mostra das actividades que realizaron as diferentes aulas para conmemorar este día tan especial, o Día de Rosalía de Castro.
As aulas de cuarto de primaria escribiron anacos de poemiñas en cadros de metacrilato que logo se colgaron no pavillón principal. Tamén fixeron un flip-book sobre Rosalía de Castro, un monicreque articulado e están elaborando un títere de Rosalía.
As aulas de segundo fixeron as flores a Rosalía, prepararon un broche e investigaron sobre a obra de Rosalía de Castro.
As aulas de 3 e 4 anos elaboraron un collage sobre a figura de Rosalía.
As aulas de 5 anos fixeron unha ficha sobre Rosalía e escoitaron varios dos seus poemas
As aulas de primeiro realizaron tamén diversas fichas sobre a obra de Rosalía e aprenderon algúns dos seus poemas.
Tamén fixeron uns títeres de Rosalía xa que participan, xunto con outras aulas do cole, nuns obradoiros do Proxecto Barriga Verde sobre o títere tradicional. Tedes a información no seguinte enlace:
https://www.facebook.com/371478046277214/posts/3740445199380465/
As aulas de terceiro fixeron as flores a Rosalía cunha poesía, diferentes fichas sobre a súa vida e obra e están elaborando un títere que rematarán nos próximos días.
As aulas de quinto elaboraron as flores a Rosalía e fixeron diferentes actividades propostas no blogue da biblioteca.
As aulas de sexto realizaron tamén diferentes actividades sobre a vida e obra da autora.
Ao longo desta semana intentaremos subir máis fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario