Mañá é 11F. Día Internacional da Muller e da Nena da Ciencia 2021.
Dende o Club de Ciencia este ano propoñemos apoiar e facer visible o movemento #NoMoreMatildas.
Esta campaña denuncia o fenómeno coñecido como "Efecto Matilda", onde moitas científicas foron relegadas ao esquecemento, xa que os seus méritos foron desfrutados por homes do seu círculo (compañeiros ou familiares), simplemente polo feito de seren mulleres. Ao mesmo tempo, esta campaña intenta recuperar o protagonismo desas científicas que nunca deberon ser invisibles.
É unha campaña iniciada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), co fin de fomentar a vocación científica en nenas e adolescentes, así como aumentar a presenza de mulleres científicas obviadas nos textos escolares.
Aquí podedes ver o vídeo da campaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario