25 enero 2026

OBRADOIRO DE BICHOS "TOCA, TOCA"

 Hoxe o alumnado de 3º e 34º de E.P. desfrutou dun obradoiro de bichos levado a cabo polo entomólogo Miguel Santamaría. Puideron ver e tocar diferentes bichos e coñecer aspectos da súa vida.





22 enero 2026

LIÑA DA VIDA DE CASTELAO

 Aquí podedes ver unha liña de vida de Castelao que elaboramos coa información dos cartaces que cada aula creou o ano pasado.

Botádelle unha ollada!

26 noviembre 2025

CONMEMORACIÓN 25 N: XUNTAS

 Este ano, para conmemorar o 25 N, realizamos un mural colectivo co lema "Xuntxs". Cada aula decorou un cartaz e escribiu unha reivindicación do que podemos lograr se traballamos xunt@s.

Tamén creamos unhas pegatinas para colorear.





28 octubre 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS 2025-2026: ARRANCAMOS!

 Outro ano máis xa temos preparadas  as Mochilas viaxeiras que axiña viaxarán ata as vosas casas.

Este ano a Xoubiña Castelao, a mascota da biblio, proponvos que lle "enviedes"  unha postal sobre algún lugar que visitastes ou que vos gustaría visitar.

 Na mochila vai incluída unha postal en branco, para que a decoredes como máis vos guste (collage, debuxo, diferentes texturas...).

 Cando a traiades de volta,  colgarémola por diferentes lugares do cole para que a Xoubiña Castelao a poida ler. 










Deixade viaxar a vosa imaxinación!

27 octubre 2025

ACTIVIDADES SEMANA DO SAMAÍN

 Aquí podedes ver as actividades que realizaremos durante esta semana.



Estade atentos porque teremos curtas de medo nos recreos!



25 octubre 2025

PREPARACIÓN DAS MOCHILAS VIAXEIRAS 2025-2026

 Outro ano máis estamos preparando as "Mochilas viaxeiras" deste novo curso. 





Que actividade nos propoñerá facer a Xoubiña Castelao?

Como vedes, ela xa está lista para viaxar polo mundo.



17 octubre 2025

OBRADOIRO TECENDO O OUTONO

 Hoxe tivo lugar a actividade "Tecendo o outono coas nosas familias".

Aquí tedes unha mostra do que fixeron.




14 octubre 2025

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA CURSO 2025-2026

 Aquí tedes un cartaz cunha proposta de  actividades que realizaremos para a inauguración da biblioteca este curso. Pero, coma sempre, vós podedes facer as actividades que máis vos gusten.








ROSCO DE PALABRAS E CUESTIONARIO SOBRE XULIO VERNE E "A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS" (3º CICLO)




CUESTIONARIO SOBRE A CDU (2º CICLO)

Explore more at Wayground.

ROSCO DE PREGUNTAS

INICIANDO O NOVO PDI PARA ESTE CURSO...

 Observade ben o mural da biblioteca. 

A ver se sodes capaces de adiviñar sobre  que imos investigar este curso...






TECENDO O OUTONO COAS NOSAS FAMILIAS


 Animádevos a vir ata a biblio e compartir un momento en familia!

10 octubre 2025

NOVIDADES

 Aquí vos amosamos algúns dos novos libros que xa están á vosa disposición na biblioteca.





28 septiembre 2025

COMEZAMOS NOVO CURSO ESCOLAR!

Boas tardes a todos!

A partir do 1 de outubro xa poderedes facer empréstitos na biblioteca xa que contaremos co apoio dos nosos biblioaxudantes.

Recordade tamén que a partir dese día a biblio estará aberta polas tardes, das 16:00 ás  18:00 horas.

Aquí tedes un cartaz coas normas da biblio.





16 junio 2025

LECTURA E FAMILIAS: CABEZUDOS E TEATRILLOS

 Aquí podedes ver os cabezudos que elaboraron os grupos de 1° e 2° coas súas familias. Quedaron chulísimos, verdade?



13 junio 2025

12 junio 2025

VISITA DOS BOMBEIROS

 


Hoxe recibimos a visita dos bombeiros. Nesta ocasión estiveron cos pequerrechos de E.Infantil e cos de 1º de E. P. 


06 junio 2025

GRACIÑAS POR COLABORAR!

 


Esperamos contar con todos os nen@s colaboradores de 5° para o próximo curso e os que xa vos ides para o institución desexámosvos moita sorte. 

Non vos olvidedes de pasar pola Biblio Muriel, alí tamén fan moitas actividades!

05 junio 2025

TEATRO INFANTIL:

 Hoxe os alumnos de E.I. e 1° e 2° de E.P. foron ata o auditorio ver a obra "Bibopalula". Nesta ocasión foron todos os centros educativos de Rianxo.


Pasárono xenial!