29 febrero 2012

Temos a gran sorte de poder contar coa visita do autor :
Silvestre Gómez Xurxo.
Virá a falarnos a cerca do seu libro
 Ti non xogas!
E estará co alumnado do segundo ciclo na biblioteca.


Xa temos moitas preguntas para facerlle!




Mércores 29 de febreiro, 


unhas alumnas de 5º C 


contarannos A viaxe de Olaf.


Será na biblioteca, no recreo. 


Estades todos/as convidados!
Esperemos que vos guste!

24 febrero 2012

Rosalía de Castro

Deixovos aquí dous videos relacionados coa homenaxeada deste día:

- Poesía Negra Sombra cantada por Luz Casal e música de Carlos Núñez. 







- Tamén podedes ver o un vídeo que ilustra poema Adiós ríos, adiós fontes cantado por Amancio Prada








Agardamos os vosos comentarios!
.

24 de febreiro: Día de Rosalía

Hoxe conmemórase o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Estamos preparando diversas actividades para celebralo. Iremosvos dando conta delas pouco a pouco.

Mentres tanto deixámosvos algunhas informacións de interese:

  • O CEIP A Pedra de Bueu (Pontevedra) preparou esta información sobre Rosalía e a súa vida.





Podedes ver no seu   blog  máis actividades que están levando a cabo para conmemorar este día.




  • O concello de Rianxo convoca neste día a todos os rianxeiros e rianxeiras a participar diante da estatua de Rosalía no Paseo da Ribeira nun                                                                                                                                                                                                                                              recital poético ás 7 da tarde                                                                                                                               






                  Busto en homenaxe a Rosalía de Castro feito polo escultor  Camilo Rodríguez Vidal .


(Si picades no seu nome podedes visitar o blog deste artista padronés que tamén elaborou a escultura da Manuela)


  •  Se queredes ver o que algunhas das cousas que se están facendo noutras bibliotecas podedes picar no logo ou ben no enlace que hai no nome:                                                                                BLOG DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA 
                                                                                                                                                    
  • A Asociación de escritoras e escritores de lingua galega (AELG) tamén ten programadas diversas actividades para celebrar este aniversario. Para o día de hoxe suxírenos que nos regalemos                                          UN LIBRO EN GALEGO e  UNHA FLOR
 Se queredes ver que actividades teñen programadas picade na foto para ir á axenda cultural da asociación.


  •  Se queredes máis información podedes visitar á páxina web oficial de Rosalía de Castro si picades na súa foto.


 
.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                        



















31 enero 2012

CANTOS LIBROS PARA APALPAR!

O Apalpador é o personaxe que preside o tríptico de recomendacións de lectura para Nadal que elaboramos, un ano máis, as bibliotecas do CEIP Ana Mª Diéguez, do CEIP A.D.R. Castelao, do CEP Xosé Mª Brea Segade, do IES Félix Muriel e a Biblioteca Pública Municipal de Rianxo.
Xa sabedes, nestas vacacións tedes á vosa disposición unha boa escolma de libros e música para gozar en familia. Non esquezades incluír un libro entre os agasallos destas datas.




Queremos agradecerlle á AMPA do colexio a súa colaboración xa que fixo posible podervos entregar os trípticos a cor.

12 diciembre 2011

Curtas de Nadal

10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)


06 diciembre 2011

XA ME TARDAN ESTES MAGOS


Mamá Cabra
acaba de sacar un novo libro-disco

XA ME TARDAN ESTES MAGOS

ten textos de Antón Cortizas, Antonio García Teijeiro, Gloria Sánchez e Gloria M. Roel convertidos en cancións

Xa está dispoñible na biblioteca.


Hai clases que xa están aprendendo algunhas destas cancións para a semana que vén cantar Cantos de Reis na biblioteca.


Non sabes o que son os Cantos de Reis? ( Leo na entrada de abaixo en "Falando, falando e co galego xogando")
_


FALANDO, FALANDO E CO GALEGO XOGANDO

Como en outras ocasións, o Equipo de Biblioteca e de Normalización Lingüística elaboraron unha recompilación de ditos, refráns, tradicións... relacionadas coas conmemoracións deste trimestre.

Sabedes o que son os Contos e Cantos de Reis?

Ídevos informando xa que se está preparando algo... Manterémosvos informados!

BUBISHER

Un dos nosos escritores favoritos Gonzalo Moure (Palabras de Caramelo) membro de "Escritores por el Sáhara" comentou nalgunha biblioteca do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia, do que nós formamos parte) a súa colaboración co proxecto
BUBISHER
que comezou como un bibliobús que achegaba libros ós nenos dos campamentos Saharauis.

Enlace
Grazas ó esforzo destes escritores e de moitas persoas esta iniciativa medra cada vez máis.
(Para máis información picade na imaxe)

Moitas bibliotecas escolares de Galicia estanse sumando á iniciativa de doar un albúm ilustrado para aumentar os fondos do Bubisher.

E, por suposto, o colexio A.D.R. Castelao de Rianxo tamén se suma.

Eleximos o libro Enamorados de Rebeca Bautremer da editorial Kónikos.



Un fermoso libro ilustrado que dentro de pouco lles enviaremos e estamos seguros lles vai encantar.
.

Día da Constitución

Hoxe, Día da Constitución, quérovos recomentar este libro moi apropiado para esta data.




Espero que vos guste.

A Xoubiña

19 noviembre 2011

CONTOS CON ARTISTAS

As aulas de 2º elaboraron un conto colectivo no que o protagonista ou protagonistas son artistas moi coñecidos e queren compartilos con todos vós.

2º A quere que disfrutedes de "As Cores de Leonardo da Vinci"




2º B espera que vos guste "Un Cadro Feito por Amigos"



2º C agasállavos co conto "Una Escuela en el Bosque"


.

Poemiñas e cancións para nos divertir!

O equipo de biblioteca e dinamización da lingua galega elaborou este recompilatorio de poemas e cancións sobre o outono e o Magosto. Moitos de vós xa vos sabedes uns cantos e estádelo pasando fenomenal recitanto, cantando, rapeando...




Coñecedes algún outro que vos gustaría compartir con todos? Pois escribídeo nos comentarios! Si queredes tamén poden ser refráns, adiviñas... incluso as podedes inventar vós.
.

16 noviembre 2011

A maldición do Magosto

Os alumnos/as de 2º C prepararon para todos nós este conto sobre o Magosto con bonecos de plastilina. Presentarano no Xoves Conto. Non vos olvidedes de ir seguro que nos sorprenden coa posta en escena coma sempre.

O Magosto xa está aquí!


Ola a todos e todas

Este venres, día 18, celebraremos o Magosto.

Esperemos que non chova!


Xa estades traendo as castañas, os froitos do outono, decorando os pasillos, recompilando adiviñas, refráns... visitando as exposicións sobre as froitas e froitos do outono...

E, por suposto, como moitos de vós nos comentastedes que vos gustaron as curtas do Samaín...

VENDO CURTAS DO MAGOSTO NOS RECREOS!!!

Non te enterastes? Pois, aínda estás a tempo. Ademais, cada día é unha diferente.

Por certo, mañá xoves 17 haberá un CONTACONTOS MOI ESPECIAL.

NON FALTEDES!!!!!
_

09 noviembre 2011

Exposición sobre Castelao



Estes días estivo na Aula de Video unha exposición sobre un dos veciños ilustres do noso pobo, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao polo que recibe o nome o noso colexio.



Aprendemos moitas cousas sobre él e as cousas importantes que pasaron na súa vida.








Xa que este curso a campaña da biblioteca é sobre Arte centrámonos tamén na súa faceta de artista. Ademais, deixovos aquí un vídeo que atopei en youtube onde podedes ver os seus debuxos, pinturas, caricaturas...

Xa saíron as Mochilas Viaxeiras!


A semana pasada o equipo de biblio, axudado por uns magníficos colaboradores, xa repartiu as Mochilas Viaxeiras a tódalas aulas. Agora só tedes que esperar a que viaxen ás vosas casas. Moitos de vós non facedes máis que preguntar asi que, aquí vos deixo a proba de que xa sairon. Esperamos que poidades disfrutar delas o ante posible.

Este ano por primeira vez incluímos un libro para os papás e mamás. Queremos agradecerlle á Biblioteca Municipal que nos emprestara os libros xa que nós non temos literatura de adultos. MOITAS GRAZAS, SOFÍA!!!

Por certo, PAPÁS e MAMÁS animámosvos a que vaiades á Biblioteca Municipal e, de paso que os "peques" da casa collen libros para eles, lle votedes un vistazo á sección de adultos e desempolvedes os vosos carnés de biblioteca.


Que foi o que máis vos gustou das Mochilas Viaxeiras que tivestedes na casa ata o momento? Que vos gustaría que houbese nelas e non hai? Esperamos os vosos comentarios!!!!
.

24 octubre 2011

UN SAMAÍN DE MEDO


Gústanvos os contos de medo?
E as pelis de medo?

Sodes atrevidos?
Sodes dos que non lle tedes medo a nada...

Non vos perdades esta semana as
curtas que proxectamos durante o recreo na biblioteca.



Cal foi a que máis medo vos deu? Cal foi a que máis vos gustou?
Gustouvos esta actividade? Queredes que a repitamos máis veces? Que tema vos gustaría?


24 de outubro, DÍA DA BIBLIOTECA

.
Hoxe é o Día da Biblioteca e por iso, decidimos comezar neste día tan sinalado a "inauguración oficial" da biblio no curso 2011-2012.

Hoxe foron á biblioteca os máis pequerrechiños do cole, os nenos e nenas de 3 anos. Ao longo desta semana e da que vén iremos todos/as á biblioteca a recordar as normas, ver o novo mural da porta e facer actividades especiais relacionadas coa arte.

Irémosvos contando o que fan os pequenos grandes artístas dos vosos compañeiros/as.

A que xa vos apetece saber que ides facer vós?


Deixovos aquí o cartel que Emma Ríos, artista galega que traballa en Marvel Cómics, diseñou para celebrar este día nas Bibliotecas Galegas. (Si picades no seu nome tedes máis información sobre ela e os cómics que axudou a debuxar)

28 septiembre 2011

Benvidos ó curso 2011-2012



















Ola a todos e todas. Benvidos de novo ó cole!

A música fai que estemos alegres. Por iso, para empezar con moito ánimo este curso escolar, a banda da Escola de Música de Rianxo invitounos o pasado martes día 20 ao Auditorio Municipal a escoitar o concerto "As músicas no cinema infantil".

A verdade é que o pasamos moi ben recordando as nosas pelis favoritas: La Sirenita, Aladdín, La Bella y la Bestia...

Que parte do concerto che gustou máis? Por que?