27 junio 2019

XOGOS DE CINE E ALUCINE


Xa chegou o final de curso e con el o remate do noso PDI que este ano, como ben sabedes, foi sobre o cine: "Lectura e cine, un plan de alucine!"
Durante todo o curso todas as aulas fixeron un montón de actividades relacionadas con esta temática: traballos de investigación, manualidades, lecturas, visionado de películas... 
O producto final do PDI era a creación de xogos sobre cine nos que se traballase de forma máis atractiva diferentes aspectos do currículo co fin de un banco de recursos a disposición de todo o alumnado con materiais de creación propia. 
Con eles ides a aprender moitas cousas pero o mellor de todo é que o pasaredes moi ben!
Poderedes utilizalos no noso Recuncho Maker. 
Aquí tedes unha presentación de todos os xogos que se elaboraron.



20 junio 2019

BIBLIOTECA MUNICIPAL: MARUXAINA

Hoxe os alumnos de 1º de Educación Primaria foron ata a Biblioteca Municipal.
 Leron o libro "Maruxaina" e contaronlles a lenda da serea de Sálvora.
 Despois fixeron "un mar de sereas" para decorar a Biblio municipal e ir a velas coas súas familias
Picade na imaxe para ver mais imaxes.




19 junio 2019

XOGOS DE CINE: PRESENTACIÓN


Hoxe despois do recreo fixemos a presentación dos Xogos de Cine.
Primeiro, todas as aulas xogaron cos xogos que elas mesmas elaboraron e logo fixeron un intercambio de xogos.
Pola tarde fixemos a sesión de portas abertas para as familias de 16:00 a 18:00 horas. Foi todo un éxito.
Aquí podedes ver os diferentes xogos propostos. Picade na foto para ver todas as fotos.



18 junio 2019

XOGOS DE CINE: INVITACIÓN ÁS FAMILIAS

Mañá as familias poderedes vir ao cole e así ver todos os xogos que as diferentes aulas elaboraron durante o curso.
Estades todos convidados!



AGRADECEMENTO COLABORADORES


Hoxe durante o recreo os colaboradores da biblioteca durante este curso recibiron o seu Diploma de colaborador e tamén unha axenda. Ademais puideron desfrutar dunha pequena merenda.




Moitas grazas! O voso traballo na biblioteca é moi importante!

16 junio 2019

GRADUACIÓN INFANTIL E PRIMARIA


Hoxe pola tarde os alumnos e alumnas de 6 de Educación Infantil e de 6 de Educación Primaria celebraron a súa graduación no Auditorio de Rianxo.
Foi unha "Graduación de cine" xa que tiveron en conta o tema do PDI do cole para realizar as diferentes actuacións que formaron parte deste emotivo e divertido acto.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes. Picade na foto.




13 junio 2019

A PROMESA DO CABEZOLO


Aquí podedes ver un vídeo realizado coa técnica de Stop Motion elaborado polos alumnos e alumnas de 1º B. Trátase do libro A promesa do cabezolo.




Esperamos que vos guste tanto coma a nós!






VIDEO SOBRE A RECICLAXE



Aquí tedes unha das charlas que os alumnos e alumnas de 6ºB realizaron na biblioteca sobre a importancia da reciclaxe e do coidado do medio ambiente. 






Durante todo o curso estiveron moi concienciados con este tema, sumándose ás protestas "Friday for future" contra o cambio climático a nivel mundial. Elaboraron diferentes proxectos sobre o medio ambiente.
Tamén realizaron diferentes murais para protestar contra o grave incendio que tivemos en Rianxo e puxeron en marcha o horto escolar coa axuda da súa titora Eva.
Bo traballo rapaces e seguide así!


11 junio 2019

VISITA DE EVA MEJUTO


Hoxe recibimos a visita da escritora Eva Mejuto. Nesta ocasión estivo co alumnado de Educación Infantil. Tivo que realizar varias sesións xa que as aulas de infantil son moi numerosas. Contoulles algúns dos seus contos máis coñecidos como A Casa da Mosca Chosca e Corre Corre Cabaciña.
E contounos un gran secreto... xa está preparando a publicación do seu novo libro. Agardámolo con moita ilusión! 
Picade na foto e veredes unha mostra do ben que o pasamos.





Moitas grazas e volve cando queiras!

10 junio 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS



Aquí vos deixamos unha guía con recomendacións lectoras para o verán. Poderedes atopar tódolos libros na Biblioteca Pública Municipal, así que animádevos a visitala que no verán hai tempo para todo.








  

Recordade que....  Ler no verán, tamén é un bo plan!

06 junio 2019

CLUB DE CIENCIA 2018-2019


Durante este curso levouse a cabo un club de ciencia no colexio: Club de Ciencia "ADR"Castelao.
Tivo moito éxito entre o alumnado polo que se tiveron que organizar varios grupos para que todos puideran participar.
Contamos con uns monitores especializados e os alumnos aprenderon moitísimo sobre temas tan diversos coma o ADN, robótica, o corpo humano, depuración de augas ...

Aquí podedes ver algunhas das actividades realizadas. Picade na fotografía para ver máis imaxes.




Para o ano continuaremos!



05 junio 2019

DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Hoxe, 5 de xuño, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente.
Os alumnos e alumnas de 6ªB repartiron uns dípticos e unhas chapas durante o recreo.

Este é o díptico para o alumnado de primaria





                               












(Parte de atrás do díptico para os máis peques, os de infantil)

Ademais, comezaron a dar charlas aos máis peques do cole para conciencialos da importancia de usar correctamente os contedores, así como o uso dos "3 Rs" (reducir, reutilizar e reciclar).

Moitas grazas rapaces!
(Picade na foto para ver máis imaxes)







04 junio 2019

VIDEO-POEMAS


Aquí podedes ver uns vídeos que realizaron os nenos e nenas de primeiro de Educación Primaria coas súas titoras.

O primeiro é un vídeo sobre Cantarola dos nenos de Xosé Neira Vilas, que foi realizado polos alumnos e alumnas de 1º A.









O segundo vídeo trátase do poema "Non lle digas nada á lúa", de Antonio García Teijeiro, realizado polos alumnos e alumnas de 1º B.

                               



Que ben o fixeron!

03 junio 2019

HOMENAXE A ANTONIO FRAGUAS NO AUDITORIO


Hoxe foron ao Auditorio Municipal 1º, 2º e 4º de E.P. Nesta ocasión, Charo Pita e Xoán Curiel, autores de Canta miña pedra canta homenaxearon a Antonio Fraguas, autor ao que se lle dedicaron as Letras Galegas este ano. Falaron da súa vida e dos seus logros mentres intercalaban cancións do seu libro-disco.



Estivo moi interesante!

23 mayo 2019

ENQUISA ALUMNADO 2018-19


Si estás en 3º, 4º , 5º ou 6º de primaria necesitamos a túa axuda. Cubre este cuestionario e así entre todos poderemos mellorar a biblioteca. 


ENQUISA FAMILIAS 2018-19


Necesitamos a vosa colaboración para seguir mellorando. Por favor, cubride esta enquisa.


ENQUISA PROFESORADO 2018-2019


Necesitamos a túa opinión para seguir mellorando.

18 mayo 2019

SEMANA LIX


Neste álbum podedes ver as diferentes actividades nas que participou o colexio durante esta semana. Picade na foto e xa podedes acceder ás imaxes.











16 mayo 2019

CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019


Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas. Como xa sabedes, o escritor homenaxeado deste ano foi Antón Fraguas. O equipo de DLG preparou unha exposición de traxes típicos galegos e a profe María Jesús nos fixo unha pequena explicación dos diferentes elementos que os compoñen.
Ademáis, os alumnos e alumnas de 6º A prepararon unha exposición sobra a vida e obra deste autor e logo organizaron un "Pasapalabra" onde agasallaron aos acertantes cun orixinal lapis.
Por último, un grupo de alumnas e alumnos tocaron coas pandeiretas varias pezas tradicionais e o grupo do colexio, formado por varios profes e o conserxe,  tamén tocaron varias cancións mentras o resto do colexio bailaba alegremente no patio.




Que ben o pasamos!


15 mayo 2019

O BARCO DO ADR CASTELAO


O barco pirata do ADR Castelao xa está atracado no Auditorio Municipal.
Chegou cargadiño con tódolos traballos feitos polas diferentes aulas, desde cuarto de infantil ata sexto de primaria. 
Non dubidedes en botarlles un ollo porque están moi ben feitos.



Tamén hai unha pequena exposición de poemas ilustrados de Antonio García Teijeiro que fixeron os alumnos de 1º e 2º de E.P.




13 mayo 2019

ACTIVIDADES SEMANA LIX 2019


Como ben sabedes, esta semana celebramos a Semana do Libro Infantil e Xuvenil de Rianxo.
O tema proposto para este ano é a revolución. Estivemos traballando nas aulas e elaboramos diferentes materias tendo este tema como idea principal. Algunhas aulas tamén aproveitaron o tema do proxecto da biblioteca para xuntar cine e revolución. Estes traballos estarán expostos dentro dun gran barco de madeira no Auditorio Municipal.
Ao longo da semana disfrutaremos de diferentes actividades, algunhas no Auditorio Municipal e outras no colexio.
O luns 13 de maio teremos un encontro co grandísimo Antonio García Teijeiro, que estará na biblioteca con 1º e 2º de E.P.




O mércores 15 de maio estaremos no Auditorio Municipal coa magnífica Raquel Queizás que nos sorprenderá cunha historia sobre mulleres, cine e revolución.


E por último, o  xoves 16 de maio estaremos de novo no Auditorio Municipal cos inxeniosos Polo Correo do Vento, que realizarán una versión ilustrada dunha obra de Castelao.





08 mayo 2019

SEMANA LIX RIANXO


Desde o 13 ata o 19 de maio celébrase a "Semana do libro infantil e xuvenil" de Rianxo. Durante esta semana haberá no auditorio diferentes actividades, tanto para os centros educativos, coma para as familias. Todo o alumnado vai levar un programa para a casa, pero aquí tedes unhas capturas por si o perdedes e vos interesa algunha actividade.






OBRA DE TEATRO EN INGLÉS


Hoxe, 8 de maio, os alumnos de segundo a sexto de primaria baixaron ao Auditorio Municipal para desfrutar dunha obra de teatro en inglés. Nesta ocasión a obra representada pola compañía Face2Face foi "Tarzan".


 
Gustounos moitísimo! 

06 mayo 2019

APRENDENDO SOBRE O MEDIO AMBIENTE CON SOGAMA

A semana pasada tivemos unha charla sobre Educación ambiental levada a cabo por Sogama. Nesta ocasión asistiron os cuartos, quintos e sextos de Educación Primaria.




Ente outras cousas, lles explicaron datos curiosos sobre a regra das 5 Erres. Tamén recibiron un agasallo feito con materiais de refugallo.

Aprenderon moitísimo con esta experiencia!


MONICRECES NO AUDITORIO


O venres 3 de maio os alumnos de Infantil, primeiro, segundo e terceiron baixaron ata o auditorio. Disfrutaron dunha actuación de monicreces a cargo do Consorcio Editotial Galego.




Gustoulles moitísimo!

03 mayo 2019

VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE


O martes 9  de abril recibimos a visita do escritor  Héctor Cajaraville. Estivo con quinto de primaria.


26 abril 2019

I INTERCAMBIO DE LIBROS USADOS


Hoxe, 26 de abril, celebramos o " I Intercambio de Libros usados" no colexio.
Esta actividade foi organizado pola aula de sexto A e tivo moi boa acollida entre o alumnado.
Aquí podedes ver unha mostra de como se levou a cabo.




Fixeron un gran traballo. Para o ano repetimos?

23 abril 2019

FELIZ DÍA DO LIBRO

Hoxe, para conmemorar "O día do libro" tódalas aulas recibiron un agasallo moi especial.



Recordamos que "Un neno que le será un adulto que pensa".



08 abril 2019

VISITA DE ADRIÁN MORGADE


Hoxe, 8 de abril,  veu visitarnos o autor de cómics Adrián Morgade. Estivo cos alumnos e alumnas de primeiro e segundo e lles contou moitas cousiñas interesantes sobre a elaboración do seu cómic Xinfu na maldición guauchuky.






Vai facer unha segunda parte de Xinfu!

02 abril 2019

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL






O 2 de abril conmemórase o "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil". Ademais de outras actividades, como máis nos gusta festexalo no noso cole é compartindo con vós o noso conto favorito. 
Aquí podedes ver un vídeo que fixeron os nenos e nenas de 5 anos B con moito cariño.





01 abril 2019

VISITA DE ÁNXELA LOUREIRO


O venres 29 de febreiro recibimos a visita da escritora Ánxela Loureiro para os terceiros. Veu falarnos dalgunhas das súas obras: Viaxe de ida e volta, Ota quere voar e Choiva de rás.






21 marzo 2019

RECICLANDO COS BOLECHAS



A semana pasada recibimos a visita de Os Bolechas. 
Nesta ocasión viñeron para explicarlles aos nenos e nenas de terceiro a reciclaxe dos electrodomésticos. 




Aprenderon moitísimo!