26 febrero 2016

Gañamos!!!!


Acabamos de recibir unha fantástica noticia. O noso cole acaba de gañar por terceira vez o concurso-exposición sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, Manuel María.

Como o Proxecto Disciplinar Integrado da Biblioteca  deste curso xira entorno a Manuel María non podiamos deixar de participar. 

Os 10 carteis e a guía da nosa proposta Soñando Galicia... con Manuel María serán enviados a todos os centros de infantil e primaria de Galicia. 

Todavía non podemos facer público o traballo. En canto poidamos, no mes de maio, expoñerémolo na biblioteca e enlazarémolo aquí.

Pincha aquí para ver a resolución.

23 febrero 2016

Coñecendo a Neira Vilas con Paco Nogueiras


Hoxe o alumnado de infantil coñecerá a obra Cantarolas de Neira Vilas dunha forma moi estimulante e atractiva da man de Paco Nogueiras. 
                       Seguro que o pasarán fenomenal!

12 febrero 2016

Mans arriba! Isto é unha aperta!


Hoxe os Equipos de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega repartiron estas fermosas pegatinas



Non hai nada mellor que mostrar a nosa amizade cunha aperta!