28 septiembre 2012


    Xa chegou o outono e na seguinte ligazón aportada polo blog O recanto de MIK atoparedes unha morea de recursos arredor desta estación para traballar co alumnado de Infantil e Primaria:
             OUTUBRO MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR.
Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro).
Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide, que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008,Miguelanxo Prado/2009Marina Seoane/2010Emma Ríos/2011)(recollido en BEGA)
SEGURO QUE O TEREMOS RÁPIDO NO NOSO COLE!

25 septiembre 2012

Sodes "NIÑOS PERVERSOS" ?

Durante o mes de setembro celébrase "O MES DE ROALD DAHL
 polo que nos gustaría recomendarvos a lectura dun libro divertidísimo cun nome bastante curioso  
Cuentos en verso para niños perversos.
Tamén atopamos en youtube este fantástico vídeo:



Moitas grazas ás autoras:

María del Mar Rodríguez Criado............como EL PÁJARO NARRADOR
Asunción Rayos Marco........................como LOS TRES CERDITOS
M. Ángeles Hernández Guillén..............como EL LOBO
Estefanía Sánchez Sánchez.................como CAPERUCITA

POR TAN ESTUPENDO TRABALLO!!!!! 

13 septiembre 2012

DÍA DE ROALD DAHL !!!!

 
Tal día como hoxe, 13 de setembro, en 1916 naceu este magnífico escritor británico.

Escribiu moitísimos libros entre eles algúns tan coñecidos como:
  •  James e o Melocotón Xigante
  • Charlie e a Fábrica de Chocolate
  • O Dedo Máxico
  • O Superzorro
  • Matilda       
  • As bruxas           
                                                                   (tarta elaborada por Cake Doctor)      
Así que hoxe é un bo día de ler ou reler un dos seus libros ou ver algunha das películas basadas nos seus libros.

Recordade unha das súas frases máis célebres:

"Si piensas llegar a alguna parte en la vida tienes que leer muchos libros"


06 septiembre 2012

04 septiembre 2012

Ola de novo!


Eu, a Xoubiña Castelao, e os meus axudantes, estamos a preparar o proxecto para este curso e tamén  ordenando un pouco a biblioteca.

Desexamos vervos axiña pola biblioteca! 

Ah! e si alguén se esqueceu de devolver algún libro, por favor, devolvédeo canto antes.

 Un saúdo.