20 diciembre 2016

Guía "Tempo de acivros, tempo de libros"


Aquí tedes a guía de lecturas que presentamos o pasado venres 16 de decembro no Auditorio. Este ano elaborámola conxuntamente cos colexios CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e o CEP Brea Segade de Taragoña e a Biblioteca Pública Municipal Castelao.



Calquera dos títulos recomendados son moi interesantes tanto para incluír vós nas vosas listas de agasallos para o Nadal como para agasallar a amigos e familiares.
Hoxe xa a poderedes levar para a casa!

               Boas Festas e Boas Lecturas!

23 octubre 2016

Canción para o Samaín

Aquí tendes a letra para descargar. Letra escolar e letra cursiva.

Chega o Samaín!


Encontro con María Solar

Fabuloso o encontro coa escritora!
Unha gran comunicadora!
Os nenos e nenas sorprendérona cunhas moscas que eles prepararon e unhas grandes nubes.

Lema gañador.


10 octubre 2016

Visita de escritores e escritoras a nosa biblioteca

O martes 11, teremos a visita de María Solar.Estará cos grupos de sexto.
María Solar é escritora e periodista da TVG e da Radio Galega.
Estamos desexando ter o encontro e facerlle un montón de preguntas!

Buscamos un Lema para comezar

Comeza un novo curso, e nace con el un novo  proxecto.

Este curso traballaremos sobre a Alimentación e a Robótica. 
Un dos recursos para descubrir cousas novas e aprender serán os Escornabots, uns pequenos robots que temos na biblioteca porque formamos parte dun proxecto da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia para introducir a robótica nas aulas de Infantil e Primaria.

Ao longo deste mes de outubro, mes das bibliotecas, iremos retomando actividades que xa coñecedes e presentando e botando a andar outras novas... Contamos con vós!
A Xoubiña xa pediu axuda por carta:


Este venres elixirase o lema da campaña entre todos os que nos fagades chegar.
Ánimo! Esperamos unha gran participación!

09 octubre 2016

Cartaz PLAMBE 2016-2017

Novo cartaz para as bibliotecas escolares coa Arte como protagonista, nesta ocasión ilustrado por Minia Regos da que podedes visitar a súa obra na seguinte galería.


Feira do libro 2016

Así de bonita luciu a caseta das biblios rianxeiras este ano.











Feira do libro de Rianxo 2016

Na Feira do Libro estivemos as bibliotecas rianxeiras expoñendo unha pequena mostra do noso traballo, nunha das casetas.




Lendo en Rianxo 2016

Este é o vídeo que elaboramos as bibliotecas dos colexios de Infantil e Primaria e a Biblioteca Pública Municipal de Rianxo para a Feira do Libro 2016. Coma vimos facendo nestes últimos anos, quixemos compartir unha pequena mostra do noso traballo a prol da lectura e a cultura ao longo do curso.




20 julio 2016

Feira do Libro de Rianxo 21, 22, 23 e 24 de xullo


Desde mañán Rianxo contará coa Feira do Libro 



Aquí tedes o programa para que vexades a cantidade de actividades interesantes que haberá. Animádevos!!!





Tamén contará, como en edicións anteriores,  cunha exposición elaborada polas bibliotecas dos colexios e a Biblioteca Municipal Castelao. Esta exposición é unha mostra das actividades e do traballo realizado este ano.

17 junio 2016

Libriño de xogos populares e tradicionais galegos.

Os xogos populares, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.
Pincha aquí
De Buzón

XOGANDO A FACER TEATRO. XOVES CONTO.

Soñando Galicia con Manuel María foi o lema desta campaña que chega ao seu fin. 

Os nenos e nenas de 2º A representaron Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo de Manuel María.

 
Moi ben!! 
Sodes uns artistazos e artistazas!! 
Na terra de Castelao hai canteira para o teatro.


Teatro de guiñol.

Teño un teatro xeitoso.

Máis xeitoso non o hai! 

Teño un teatro pequeno

agasallo de meu pai. 


É un teatro sinxelo,

un teatriño moi bon

e tan práctico que cabe 

no máis pequeno rincón.


Teño bonecos de goma,

de cartón e de papel. 

Chámanse Barriga Verde,

Bululú e Tía Isabel…! 


E teño unha cachiporra 

que mete unhos estacazos

tan feroces e potentes 

que semellan canonazos! 


O meu teatro é un mundo.

Os personaxes que invento 

teñen vida, fantasía 

e doulles coñecemento…!



Eu represento comedias, 

dramiñas, dramas, dramóns c

os meus bonecos que rin, 

cos meus bonecos choróns…!

Manuel María.

13 mayo 2016

Musicando Os Soños na Gaiola


Non vos podedes perder esta interesante actividade



04 mayo 2016

Enquisa alumnado


Si estás en 3º, 4º, 5º ou 6º cubre esta enquisa, por favor. Axúdanos a mellorar  ;-)


Enquisa Familias


Contamos con vós para mellorar! 
En 5 minutiños cubride esta enquisa e facédenos chegar todas as suxerencias para mellorar que consideredes imortantes. Terémolas en conta! 


Enquisa Profesorado


Por favor, cubride a seguinte enquisa. Con só 5 minutiños do teu tempo obteremos datos que son necesarios para a avaliación.  Grazas!


26 abril 2016

"Soñando Galicia... con Manuel María"


Xa está chegando a todos os colexios de Infantil e Primaria de Galicia e outros lugares sinalados a nosa exposición
                        "Soñando Galicia... con Manuel María" 
gañadora do Concurso-Exposición sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016, Manuel María.

E, como vos prometemos, aquí a tedes a guía e os carteis. (Picade nos enlaces anteriores)



Se o preferides, podedes acceder ao Portal da Lingua Galega onde está colgado o traballo.(Picade na imaxe)



18 abril 2016

Os libros son para VALENTES


Como en cursos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou un díptico con motivo da celebración do Día Mundial do Libro.
Nesta ocasión foi Pedro Feijoo quen nos agasallou co seu texto
 "Os libros son para valentes"

 
Picade na imaxe para ver o díptico completo.

Recompilación de contos en Power Point e Slideshare


No blog Leyendo, leyendo, disfruto y aprendo hai un montón de recursos relacionados coa lectura. 
Nesta ocasión queremos recomendarvos a recompilación de contos en Power Point e Slideshare que podedes atopar nel. 

Pica encima da seguinte imaxe e irás directamente a dita sección




       Queres ser un Contacontos na nosa biblioteca? 

Só tes que seguir estes tres pasos ben sinxelos:

1.- Elixe un dos contos do enlace anterior ou calquera que a ti che guste.
2.- Preparao un pouquiño (Practica lendoo varias veces, tamén en voz alta)
3.- Fala con algún dos profes de garda da biblioteca para elexir un día de Xoves Conto para contalo

                               Anímate e Participa!!!!

Máis recursos Día do Libro


O  Ratiño Comeniño, mascota da biblioteca do CEIP Comeniño elaborou esta recompilación de recursos sobre esta celebración. 

Enlazámola aquí para que a poidades usar



Moitas Grazas Ratiño Comeniño polo teu esforzo!

Presentación Día do Libro e dos Dereitos de Autor

Para saber máis sobre esta conmemoración

Lim Día do Libro


Que se celebra o 23 de abril?

Por que se escolleu esa data?

Picache a curiosidade?

Pica na imaxe e aprende mentres xogas 

Día do Libro


Queres coñecer a Don Quixote?



Neste libro interactivo atoparás dúas aventuras de Don Quixote e Breogán. 
Pincha na imaxe e comeza coa aventura


Don Quixote e Breogán e o exército de ovellas
Don Quixote e Breogán e a pousada encantada 

Na exposición da biblioteca atoparás estas e outras aventuras de Don Quixote e Breogán e outros libros relacionados con esta celebración.


17 marzo 2016

Unha muller traballadora na nosa biblioteca


O 16 de marzo visitounos unha muller traballadora: Vanesa, auxiliar de odontoloxía, que traballa con outras dúas compañeiras máis.

Os alumnos de 3º recibiron unha charla de saúde dental, destacando a importancia de lavar os sobre todo antes de ir durmir e de facelo en círculos.




O que máis lles gustou foi un xogo no que acabaron todos cos dentes e a lingua tinguida de azul. 


Ademáis, déronlles "pegatas" e cepillos de dentes!






Moitísimas grazas Vanesa polo teu tempo e esforzo!!!

09 marzo 2016

Falando de mulleres traballadoras

Aquí tedes unhas plantillas que podedes usar para elaborar contos, facer descripcións, inventar biografías... sobre mulleres traballadoras.


                    O límite só é a vosa imaxinación!

Sen mulleres non hai Galicia



Vídeo elaborado pola Xunta de Galicia para conmemorar o 8 de marzo.

Collage mulleres rianxeiras




Con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, queremos montar un collage con fotografías de mulleres da nosa vila polo que, nesta ocasión, pedimos a vosa colaboración para que nos fagades chegar fotografías tamaño carné de mulleres da vosa familia (nais, avoas, tías, etc.).  

                 Gracias por colaborar!

Recordade que en canto o teñamos publicarémolo no blogue.

Mulleres na Historia

E, tamén en Pinterest, da man da Biblioteca Rosalía de Castro do IES Pazo da Mercé podedes ver este tableiro sobre mulleres na historia





Mulleres no Mundo, pinterest da USC

A biblioteca da USC acaba de facer esta recompilación en Pinterest de Mulleres no Mundo que vos pode ser moi útil para os traballos de investigación e presentacións que estades facendo na clase estes días.



Esperamos que vos sexa útil!

08 marzo 2016

Doodle para o 8 de marzo


Nesta ocasión o "Doodle" que Google elabourou para conmemorar o Día Internacional da Muller inclúe un fermoso vídeo no que mulleres de todo o mundo expresan o que desexan conseguir algún día.

Picade na imaxe para velo.

Que desexarías facer ti algún día?

Deixa os teus comentarios.

04 marzo 2016

O colexio ten nova páxina web!


Queremos informarvos a tod@s que o noso colexio ten nova páxina web

Pinchade na imaxe para poder visitala. 



Pouco a pouco iranse subindo máis contidos pero xa podedes ver, entre outras cousas,  a revista escolar "Ondiñas Veñen" dos últimos anos, imaxes de diversas celebracións deste curso como a do Día da Paz e os vídeos do Festival de Nadal.

Contacontos na Biblioteca Pública Municipal Castelao



Recomendado para nenos e nenas entre 4 e 9 anos.


26 febrero 2016

Gañamos!!!!


Acabamos de recibir unha fantástica noticia. O noso cole acaba de gañar por terceira vez o concurso-exposición sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, Manuel María.

Como o Proxecto Disciplinar Integrado da Biblioteca  deste curso xira entorno a Manuel María non podiamos deixar de participar. 

Os 10 carteis e a guía da nosa proposta Soñando Galicia... con Manuel María serán enviados a todos os centros de infantil e primaria de Galicia. 

Todavía non podemos facer público o traballo. En canto poidamos, no mes de maio, expoñerémolo na biblioteca e enlazarémolo aquí.

Pincha aquí para ver a resolución.

23 febrero 2016

Coñecendo a Neira Vilas con Paco Nogueiras


Hoxe o alumnado de infantil coñecerá a obra Cantarolas de Neira Vilas dunha forma moi estimulante e atractiva da man de Paco Nogueiras. 
                       Seguro que o pasarán fenomenal!