Esta semana estivo chea de actividades relacionadas co Día do Libro. Que ben o pasamos!
Retomamos a actividade "Booktubers: recomendacións lectoras" que realizáramos fai varios anos. Enlace : BOOKTUBERS
Durante os recreos tivemos na biblioteca obradoiros de marcapáxinas para os diferentes ciclos e contacontos a cargo de Sara e Nazaret, dúas alumnas que están facendo as prácticas coas compañeiras de Educación Infantil.
A Xouba Castelao agasallou un libro a cada aula para conmemorar o Día do Libro.
Fixemos o Amigo invisible entre o profesorado no que se podían empregar libros novos ou usados.
Algunhas aulas fixeron Lecturas ao sol aproveitando o bo tempo.
As familias animáronse a vir ata o cole a contarlles un conto ás aulas dos seus fillos, participando no actividade "As familias contan".
Rebeca, nai de Raúl de 2° B, contoulles o conto Las llaves de los sueños.
Realizamos a actividade Padriños e madriñas lectores entre a rapazada de 5° e 6° e os pequerrechos de Educación Infantil.
Tódalas aulas realizaron diferentes actividades relacionadas con esta data: marcapáxinas, portadas de libros, investigación de vida e obra de diferentes escritores, contacontos, traballos sobre os seus libros favoritos, etc.
Hoxe a rapazada de 5° de Educación Primaria foi ata a Praza de Padrón á inauguración dunha exposición itinerante sobre o autismo organizada polos nosos amigos da Asociación Amicos.
Xa están empezando a chegar os vosos vídeos. Mirade o que nos mandou Nico, da aula de 4 anos B.
Moitas grazas Nico, fantástica recomendación!
E agora tamén podedes ver as recomendacións de Úrsula de 1° A, Mencía Macarena de 4°B e Mateo de 5° A.
Moitas grazas rapaces! Estamos tomando nota!
Seguimos con máis recomendacións. Aquí podedes ver a Diego, de 5 anos A, Mauro, de 2° A e Sara de 3°B.
Magníficas recomendacións!
Xa recibimos máis recomendacións. Nesta ocasión podedes ver os vídeos de Andrea de 1° A, Estela de 3°B, Uxía Bastos de 3° B, Ángel de 1° A e Pedro de 6° B.
Libros ben interesantes!
Seguimos con Blanca da aula de 4 anos A, Alba de 2° A, Telmo de 3° B e Xiana de 4°B.
E agora temos a Raúl, de 4 anos A, súa irmá Sara de 1° A, Adhara de 2° A, Paio de 2°B e Alexia de 2° B.
Seguimos con Gael, de 5 anos B, súa irmá Daniela, de 2° B, Álex, de 4° B, Xoel de 4° B e Lucía de 3° B.
Xa temos máis vídeos!
Neste vídeo podedes ver as fantásticas recomendacións de Antón, de 5 anos A, Lucía de 1° B, Inés de 2° A, Mateo Buig de 2° A, Héctor de 2° B e Eloi de 5°B
E nesta ocasión temos a Noa, Efrén, Sabela, Daniel e Helena, de 5° B
E agora temos a Alejandra e Teo de 2° A, Vera de 3° B, Uxía de 4° A, Mariña e Xiana de 5° A e Iván de 6°B.
Debido ao mal tempo previsto para o 8 de marzo pola mañá decidimos non asistir ao acto organizado polo concello xa que era ao aire libre. Pero iso non impediu que fixésemos un pequeno acto reivindicativo no cole despois do recreo.
Xuntámonos todos no porche cos nosos mandís e escoitamos un pequeno manifesto elaborado pola rapazada de 6 ° de Educación Primaria. Démoslle a volta ao mandil e cantamos a canción " Nais e avoas" da cantante Pauliña.
Aquí podedes ver como nos quedaron os murais que fixemos entre tódalas aulas para o 8 M.
Aquí tedes as últimas novidades que xa temos na biblio. Podedes atopar, entre outras historias, as novas aventuras de Perrock Holmes ou da señorita Bubblé. Tamén tedes moitas lecturas en lingua galega e varios cómics.
Este ano imos facer un acto en colaboración cos rapaces e rapazas do instituto para conmemorar o Día da muller trabaladora. Para iso reunirémonos todos na praza Castelao o venres 8 de marzo.
Levaremos un mandil que colocaremos a xeito de capa e cantaremos "Nais e avoas" da cantante Pauliña.
Aquí abaixo tedes o enlace á canción e a letra para que vaiades practicando
Se vos gustan os contos, as manualidades, aprender cousas novas... pasa unha tarde diferente en familia.
O vindeiro 2 de febreiro de 16 a 18 horas, dentro do programa Lectura e Familias e en colaboración coa ANPA Os Gudiños, haberá o seguinte obradoiro na biblioteca escolar
Plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia
DEREITOS DE AUTOR
As diversas actividades que aparecen neste blog están destinadas a fins educativos. Se por calquera motivo: dereitos de autor, imaxe...consideras que algunha delas é inadecuada, fáinolo saber para retirala. Grazas