29 junio 2013

Recurso para ALFIN

Poñevos a vosa disposición un documento para imprimir  ou consultar cando teñades que facer un traballo de búsqueda de información. Ensínavos os pasos que debedes seguir para buscar datos, pequenos trucos, que elementos debedes incluir nun traballo ....e moitos elementos de grande utilidade.

Recurso elaborado por Mª Olga Rodríguez Díaz do CEIP Milladoiro de Malpica



Pincha aquí para acceder ao documento: búsqueda de información.

28 junio 2013

Graduación de Educación Infantil

A biblioteca acolleu a graduación dos nenos e nenas de Educación Infantil. Este acto estivo organizado polos seus titores e especialistas. Os nenos/as viñeron vestidos con birrete e banda.Cantaron unha canción de graduación e recibiron cadansúa orla.
 Foi un acto sinxelo e emotivo.
 A biblioteca fíxosenos moi pequena para acoller a pais, nais, avós, amigos,...que acudiron a presenciar a graduación.
 Noraboa! Xa estades en primaria!

27 junio 2013

Voces Rianxeiras

Polo mes de marzo, fixemos este xornal entre todos e todas as nenas e nenos do colexio. Xa estivo exposto para que o poidésedes ver.Agora aquí o tendes máis a man, por si o queredes volver a ollar ou ensinarllo as vosas familias.

25 junio 2013

Graduación dos alumnos de 6º


Os maiores do cole xa se despediron de nós para ser os máis "peques" do Instituto.
Boa sorte a todos/as e demostrade todo o que valedes.






 Non vos olvidedes da vosa singladura polo Castelao e volvede a visitarnos!

18 junio 2013

Encontro con Paula Carballeira

O xoves 13 os nenos e nenas de cuarto tiveron un encontro coa escritora e actriz: Paula Carballeira. 
Con anterioridade, nas clases estiveran lendo varios libros da autora. Un destes libros foi Casas. Así construíron, debuxaron e inventaron distintos modelos de casas. Estaban desexando coñecela!
Paula contoulles que para facer este libro inspiroulle o feito de que ela viaxara por moitos lugares e que viveu en moitos tipos de casas das que aparecen no libro; aínda que moitas casas eran imaxinarias. Suxeríulle que por darlle a imaxinación non pasaba nada!
Tamén houbo un anaco para as historias de medo. Todos botáronse para atrás asustados ao rematar a historia.
Ninguén se quería marchar estaban moi a gusto escoitando a esta narradora fabulosa. A final houbo un intre para asinar os libros dos nenos e nenas.




17 junio 2013

GRAZAS POR COLABORAR

Este venres xuntamos aos colaboradores e colaboradoras de biblioteca para darlle as grazas por axudar na biblioteca. Quixemos agasallalos cun pequeno presente.  
Algúns xa marchan do cole rumbo ao instituto. Acordarémonos de todos vós.
Sin estes colaboradores a biblioteca non funcionaría tan ben!
Moitas gracias a todos e todas!



16 junio 2013

Compartindo Auga Enfeitizada

A exposición Auga Enfeitizada elaborada pola clase de 2º A despois de estar na nosa Biblioteca logo viaxou á Biblioteca Municipal agora xa leva estas dúas últimas semanas no CEIP Cespón . O noso proxecto da Biblioteca xirou este curso en torno a auga, e esta clase realizou uns fermosos e orixinais carteis de seres mitolóxicos que viven nas augas e unha ficha de busqueda de información. O centro de Cespón tivo como Proxecto Anual :"Tempo de Lendas. Lendas no tempo". Estiveron realizando diversos traballos sobre seres mitolóxicos, polo que a nosa exposición sirveulle para afianzar as informacións que xa coñecian dalgúns seres e coñecer outros novos.

Si queredes ver visitade o blog da súa biblioteca.







15 junio 2013

Amigos dos libros.

Conto inventado e ilustrado, na clase, polos nenos e nenas de 1º A no mes de abril. Libros Mil. Empregaron para ilustralo unha técnica que lles gústou moito. Pintaron con ceras brandas de moitas cores o fondo, logo déronlle unha capa de negro e finalmente rascando apareceron os personaxes. 
O resultado precioso!