28 noviembre 2019

BOLBORETAS POLA IGUALDADE


Esta semana enchemos o colexio con bolboretas violetas de diferentes formas e tamaños.




27 noviembre 2019

OBRADOIROS DE CIENCIA DO 25 AO 29 DE NOVEMBRO


Xa temos preparados os diferentes obradoiros sobre ciencia na biblioteca. Como vedes, temos diferentes actividades.
Xa sabedes que tedes que  vir cos vosos titores/as na vosa hora de biblioteca.
Algunhas aulas xa viñeron ata a biblio e pasárono moi ben. Picade na imaxe e buscádevos.



Esperamos que desfrutedes con esta experiencia e aprendades moito!

22 noviembre 2019

EXPOSICIÓN 25N


Este ano a exposición sobre o 25N está dentro da biblioteca. 



Estas son suxerencias de títulos para traballar esta semana (Dispoñibles na exposición, entre outros).





Recordade que fóra, na entrada da biblioteca, temos un panel onde colocaremos os "Contos sobre igualdade" que estades elaborando nas vosas aulas.




16 noviembre 2019

PRESENTACIÓNS MES DA CIENCIA


Nesta presentación podedes atopar información sobre a reciclaxe do refugallo que creamos no día a día.



                        
Reciclaxe1 castelao de bibliocastelao


Nesta outra tedes información sobre as fontes de enerxía.

                           

14 noviembre 2019

XOVES CONTO


Este xoves volvemos ter contacontos na biblioteca. Hoxe as protagonistas foron Daniela e María, de 4º C. O conto escollido foi O rabaño.






Moitísimas grazas rapazas!

13 noviembre 2019

VISITA A CORREOS


Hoxe os alumnos de terceiro de primaria visitaron a oficina de Correos da nosa vila. Aproveitando que están traballando a carta na aula que mellor xeito de meterse no tema que coñecer a onde van parar todas aquelas cartas que enviamos e recibimos. Coñeceron a labor de Correos e os seus empregados, como clasifican a paquetería e o correo e tamén curiosidades da filatelia.




Moitas grazas aos traballadores de correos por recibirnos cos brazos abertos!



07 noviembre 2019

XOVES DE CONTO


Esta semana tivemos o noso primeiro Xoves de Conto na biblioteca. Nesta ocasión as nosas contacontos foron Marta e Nayara, de 4º A. Quixeron contarnos o conto de Corre, corre cabaciña.





Moitas grazas rapazas, gustounos moito!





05 noviembre 2019

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO



Como ben sabedes, no mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia en Galego. Aquí tedes a exposición de libros que podedes ver na biblioteca. 
Este ano puxémoslle o título de "Ciencia en igualdade" para resaltar a figura da muller no campo da ciencia.




Esperamos que vos guste.

Estamos preparando varios obradoiros sobre ciencia que se levarán a cabo entre o 25 e o 29 de novembro. Haberá experimentos, xogos con escornabots, puzles...Poderedes vir cos vosos titores/as na vosa sesión de biblioteca.

04 noviembre 2019

REUTILIZANDO NO SAMAÍN


Os rapaces e rapazas de segundo fixeron unhas fermosísimas lámpada- cabazas con botes de vidro.



                                     
                                      Samain de bibliocastelao

03 noviembre 2019

CALENDARIO MOCHILAS VIAXEIRAS


Como xa sabedes, as mochilas viaxeiras xa botaron a andar. 
Este é o calendario para que os titores vaian levando a conta ao longo do curso.


Esperamos que desfrutedes en familia coa lectura.