10 octubre 2010

Benvidos de novo á biblio !!!!!








Gústavos o novo mural da entrada da biblioteca?
Que buscarán estes nenos e nenas no mural?
Que lles esperará dentro da biblio?
Por que están vestidos de mariñeiros e mariñeiras?
Terá a vestimenta algo que ver coa campaña deste trimestre?

Estate atento! Estamos inaugurando a biblioteca!
Cando che toca?



Non te olvides de deixar os teus comentarios no blog!
.

18 mayo 2010

UXÍO NOVONEYRA

.
Este ano o autor homenaxeado nas letras galegas é Uxío Novoneyra. O vindeiro venres 21, despois do recreo, celebraremos o acto comunitario do Día das Letras Galegas onde recitaremos parte da súa obra e se fará a entrega dos premios do 3º Concurso de Contos do noso cole.

Estade moi atentos!


Se queredes aprender máis sobre Uxío premede na súa imaxe e atoparedes unha escolma de materiais feitos pola Biblioteca Milladoiro de Malpica.



23 abril 2010

O Galo Quirico no Auditorio Municipal

Co gallo da celebración "Abril Mes dos Libros" a compañía Seisdedos vai representar este sábado día 24 de abril no Auditorio Municipal de Rianxo

O Galo Quirico


NON VOS OLVIDEDES DE IR!

Por certo, o blog ALIMÉNTASE DOS VOSOS COMENTARIOS, asi que contádenos o que máis vos gustou, o que máis vos sorprendeu...

23 de abril, Día do Libro.

Neste día tan especial, o Día do Libro e dos Dereitos de Autor, apareceron no cole uns carteis coa resposta de persoeiros que moitos de nós coñecemos moi ben: Fina Casalderrey, Anxo Fariña, Concha Blanco, Anxo Moure... a moitos deles incluso os coñecemos en persoa!
Foi toda unha sorpresa xa que os profes levaban uns días dándonos "a tabarra" con que lles responderamos á pregunta:
Para que les?

Esta iniciativa partiu do blog da ONG "Implicadas para o desenvolvemento" á que se sumaron máis de cen colexios e institutos de toda Galicia entre os que nos atopamos NÓS.

Os carteis foron diseñados por Jaime Eizaguirre Santillán, arquitecto e ilustrador, que quixo colaborar coas bibliotecas escolares de Galicia nesta fermosa iniciativa.

Podedes ver máis respostas de persoeiros coñecidos nesta presentación que fixo o CEP Milladoiro de Malpica.

¿A cantos coñecedes? ¿Cal foi a que máis vos sorprendeu?

Non vos olvidedes que TOD@S PODEDES PARTICIPAR CON NÓS NESTA INICIATIVA DEIXANDO AQUÍ AS VOSAS RESPOSTAS!

Basta con que fagades un comentario nesta entrada.

Moitas Grazas a tod@s os que colaboraron nesta iniciativa.


18 marzo 2010

Lume!



Hoxe, no Auditorio Municipal, os alumnos/as de Infantil a 4º de Primaria verán representada unha adaptación da obra Lume! de Alberto Varela Ferreiro. Moitos tivemos a sorte de coñecer ao autor fai dous anos cando veu á Biblioteca a falarnos da súa obra.
Por certo, xa temos na biblioteca 2ª entrega da mesma colección Dona Landra no Río Revolto que pronto estará en Novidades.

Será capaz Dona Landra de vencer a Dona Lapa?

21 febrero 2010

Recomendacións



Acabas de ler algo interesante?
Compárteo con tod@s nós.


Hai contos, novelas, poesías, cómics, revistas... un MUNDO enteiro de cousas por ler. Tanto que se nos poden escapar lecturas magníficas. Non permitas que iso suceda!
Fai un comentario e fálanos brevemente sobre o que che gustou e por que.

Non esquezas citar o título e o autor!

Seguro que moitos compañeiros e compañeiras agradécenche as túas suxestións.


20 febrero 2010

SONRISAS Y MANDILONES


Grazas aos comentarios de tod@s. Vós sodes os que facedes que o blog da biblio e todo o traballo que pasan os que colaboran nela vala a pena.

Os blogs son unha forma de contarvos o que facemos e de enriquecernos todos aprendendo e compartindo. Por iso, quero darlle as Grazas en especial a Dylan 4ºC que nun dos seus comentarios nos informou de que a aula de 4 anos B ten o seu propio blog onde nos contan o que van facendo.
Chámase "SONRISAS Y MANDILONES" podedes visitalo premendo no enlace que ten o nome do blog nesta entrada ou directamente en "Mi lista de blogs" (xa está enlazado)

NORABOA E BENVIDOS!!!!

07 febrero 2010

Estamos de Noraboa!

O Centro Virtual do Ministerio de Educación para a mellora da lectura en todas as áreas e en todos os formatos Leer.es acaba de incluír unha entrada no seu blog recoñecendo a importancia dos blogs das bibliotecas escolares de Galicia. Noraboa a todos!



Eso inclúenos!!!!
Se non me creedes lede a entrada do blog leer.es "Las bibliotecas escolares 2.0 en Galicia" (tedes un hipervínculo na palabra blog) e buscádenos na lista de blogs de Primaria.

E o máis importante, ademais de sentirnos orgullos@s debemos seguir contribuíndo a esta enorme tarefa facendo comentarios.
_

DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Este ano celebramos o Día Escolar pola PAZ e a NON VIOLENCIA o venres 29 de Xaneiro despois do recreo (Imaxes na páxina web do cole). Ademais, coñecemos algúns dos persoeiros e as institucións que recibiron o Premio Nobel da Paz. Visitamos a exposición, que axudaron a elaborar alumnos de 6º, e que se completou coas mensaxes que non puideron voar no globo.

03 enero 2010

Bo Nadal ao Calor dos Libros

A guía de lecturas deste Nadal fíxose conxuntamene cos colexios C.E.I.P. Ana Mª Diéguez (Asados) e C.E.P. Brea Segade (Taragoña). Esperamos que esteades pasando un BO NADAL AO CALOR DOS LIBROS.