31 diciembre 2012

Modelo para crear un libro:

O mellor agasallo para un neno ou nena.
Non é o máis caro, nin o que sae na tele no Nadal.
O mellor agasallo é...
O que permite xogar e imaxinar.
Un libro é un bo agasallo.
Só tes que imprimilo, colorealo e dobralo.

30 diciembre 2012

VILLANCICOS PARA COLOREAR E CANTAR

Un pouco de información sobre os Cantos de Reis e panxoliñas para imprimir para logo cantar nestas festas.

>

POSTAIS PARA AS FAMILIAS

Os nenos e nenas estiveron preparando postais para felicitar as súas familias por estas festas. Inventaron acrósticos, desexos para o Ano Novo,...
Logo foron enviadas por correo.
Sabemos que moitas destas postais xa chegaron aos seus destinos, algunhas aínda están por chegar.



Algúns modelos de postais enviadas.

O APALPADOR



O Apalpador estivo nos corredores do 1º ciclo. A aula de 1º C escribiulle :"Cartas ao Apalpador".

Imaxe de Leandro Armas

Si queres: saber un pouco máis sobre este personaxe, xogar con el, colorear debuxos...Pincha na palabra O Apalpador 

29 diciembre 2012

OBRA DE TEATRO

Hoxe sábado, ás 20:00, no Auditorio de Rianxo  representarase a obra "O Merlo Branco" baseada nun libro de Candido Pazó.
Será a compañía "Criaturas" a encargada de representala. 
Moitos dos seus integrantes son antiguas alumnas do cole: Andrea, Sara, Aitana, Noemí,....
Facíannos pasar moi bos ratos nos xoves e mércores conto.

24 diciembre 2012

21 diciembre 2012

CURTAS DE NADAL


Cantos de Nadal

Xa comezaron os Cantos de Nadal entre clases na biblioteca. Primeiro A cántalle a Quinto C







20 diciembre 2012

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL 3º CICLO

Animarse a visitala para ver os vosos traballos  e os dos vosos compañeiros.

CONTO PINOCHO E OS PIRATAS

Conto feito polas nenas e nenos de primeiro C.
Anivádevos a ler estas aventuras de Pinocho.
O libro atópase no recuncho literario, por si o queredes ler alí.
Son uns e unhas artistas!

Tempo de acivros, tempo de libros


Un ano máis as bibliotecas do concello de Rianxo colaboramos para elaborar a guía de lecturas recomendadas para este Nadal.
Este curso participamos: CEIP ADR Castelao de Rianxo, CEIP Ana Mª Diéguez de Asados, CEP X Mª Brea Segade de Taragoña, CRA de Rianxo, IES Félix Muriel, Escola Infantil a Galiña Azul de Rianxo,e a Biblioteca Pública Municipal Castelao


Bo Nadal a todos e non vos olvidedes de pedir LIBROS!!!!!

MÁIS CASTAÑEIRAS

Mirade que fermosura de castañeiras feitas polos nenos e nenas de 1ºC

CURTAS DE NADAL


19 diciembre 2012

El Cascanueces y el Rey de los Ratones


Onte celebrouse o 120 aniversario da adaptación dun fermosísimo conto de Nadal ao ballet

"El Príncipe Cascanueces y el Rey de los Ratones"

de Hoffman coa música do famoso compositor Tchaikovsky

Por este motivo os alumnos/as de 1º ciclo desfrutaron deste fermoso libro en  pop-up e dunha das moitísimas películas que versionaron este conto.

Se queredes coñecer máis sobre esta obra picade nos enlaces ou buscade máis información na rede. Por certo, o buscador  Google  fixo o seu particular homenaxe elaborando este "doodle" para a ocasión.



NADAL

CANTOS DE REIS E DE NADAL

Ao longo desta semana celebraremos na biblioteca "Cantos de Reis e de Nadal".
As aulas participantes cantarán unha panxoliña e logo intercambiaranse un aguinaldo. Este aguinaldo pode ser: tarxetas, postais, doces, lambonadas.....
Un pouco de información de en que consistían os Cantos de Reis.


CURTAS NADAL

18 diciembre 2012

CONTOS EN FAMILIA

Andan por algunhas casas unhas bolsas con algún libro para inventar un Gotaconto en familia.




A protagonista debe ser unha gota de auga.
Esperamos publicar algúns deses contos!

CURTAS DE NADAL

17 diciembre 2012

CURTAS DE NADAL



VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL

Hoxe visitamos a biblioteca Municipal os alumnos e alumnas de cuarto e terceiro A e C.
Sofía ensinounos a biblioteca e logo contounos o conto
" A boneca e a Castañeira".
Os nenos e nenas decoraron cadansúa castañeira co seu libro preferido e logo escribiron unha mensaxe:
- Que chegue un día en que.......
Apareceron moitos mensaxes solidarios.





14 diciembre 2012

EXPOSICIÓN NADAL

Na biblioteca tendes unha pequena exposición de libros relacionados co nadal,
e o panel para contar o conto " O Príncipe Feliz".

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Os nenos e as nenas de 3 e catro anos tamén estiveron na Biblioteca Municipal esta semana.
Cando Martiño... Sofía cóntoulles o conto:
"Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis".
Martiño escribiu a súa carta aos Reis Magos pedíndolles unha locomotora con tres vagóns de cores. Na Noite de Reis, logo de deixarlles noces e leite para eles e auga para os camelos, deitouse; gustaríalle velos, pero seu pai advertiulle que os reis non entran na casa dos nenos que non están durmidos. ........

Alí estiveron mirando, curioseando, facendo voar a súa imaxinación entre moitos libros.

Os nenos e nenas levaron un tren de libros para deixar na biblioteca.

Animádevos a visitar a Biblioteca Muicipal!

Está moi bonita cos vosos traballos!

VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL

Ao longo deste mes, todos os nenos e nenas do colexio, visitarán a Biblioteca Municipal para facer distintas  actividades nela. Pero cun obxectivo común, que é o de colaborar as dúas bibliotecas no fomento da lectura e escritura.
Os nenos e nenas de primeiro e segundo baixaron a longo desta semana onde Sofía (a bibliotecaria):
Lles ensinou a biblioteca, para aqueles que non a coñecían.
Explicoulles o seu funcionamento e animounos a facer o carnet da Biblioteca Municipal a aqueles nenos e nenas que todavía non o tiñan.
Logo contoulles un conto do nadal: "O Abeto".
E para rematar, os nenos e nenas, elaboraron cadansúa tarxeta onde escribiron o tema do libro que lles gustaría recibir de agasallo e o seu motivo.
Aparecen todo tipo de libros: animais, coches, dinosaurios, etc.
Todas estas tarxetas están colocadas na Biblioteca Municipal para que as poidades ver coas vosas familias.
Animádevos a visitala! Está moi bonita con todas as vosas tarxetas!




CONTACONTOS: O SEGREDO DO REI CURRO

Este xoves tivemos a sorte de que tres nenas de sexto C nos contasen o conto:  " O segredo do rei Curro".
A biblioteca estaba chea, e soou un forte aplauso polo ben que o fixeron.
Animádevos a preparar un conto e contalo na nosa biblioteca.
Animamos aos nenos, nenas, rapaces, rapaces, pais, nais, avós, avoas....
Por unha biblioteca aberta a todos e todas!

13 diciembre 2012

TEATRO NO AUDITORIO

Aínda que con moito retraso, felicitar aos pequenos e pequenas actores e actrices que participaron na divertida obra.

" O extraño caso da morte de Lady Saraiba".

Noraboa!!!

12 diciembre 2012

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO

Hoxe 12 do 12 do 2012, de once e media a doce xuntámonos no porche para recitar poemas de Celso Emilio Ferrreiro.
Recitáronse: O Neno, Irmaus, Deitado Frente ao Mar... e cantouse María Soliña.
E xa as doce, para rematar, cantamos, rapeamos e bailamos o poema Deitado Frente ao Mar.
Esta foi a nosa pequena homenaxe a este gran escritor.



04 diciembre 2012

RecitandoCelsoEmiliO

O vindeiro mércores día 12 de decembro ás 12, é dicir o 12-12-12, levarase a cabo un recital poético no colexio para sumarnos á inciativa  

RecitandoCelsoEmilio

Este é  o díptico que elaboramos:



Aquí tedes o vídeo elaborado polo alumnado do 3º  ciclo do CEIP da Barqueira no que ilustran e rapean o poema Deitado frente ao mar, que rapearemos ese día



Si queredes coñecer más cousas sobre Celso Emilio Ferreiro podedes facelo XOGANDO!!!

29 noviembre 2012

Seres mitolóxicos

Algunhas aulas están investigando sobre seres mitolóxicos ou máxicos relacionados coa auga, este fermoso vídeo da biblioteca de Cespón vainos ser de gran axuda

As actividades relacionadas coa campaña e enlaces de interes irán aparecendo todos xuntos nesta páxina. Animádevos a usala!


Palabras que vas ler non as deixes correr.

26 noviembre 2012

NOVAS TABOÍÑAS

Os nenos e nenas de primeiro, e os de comezaron este curso no colexio, xa teñen as súas taboíñas para usalas na nosa biblioteca.

25 noviembre 2012

25 DE NOVEMBRO, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Algunhas clases elaboraron uns broches con motivo do 25 de novembro "Día contra a violencia de xénero"

TEN POUCA DIFERENÇA e unha canción do libro-disco "María Fumaça"  para empregar nas aulas de cara ao 25 de novembro:
Escoitaa!!


ARTUR E CLEMENTINA

Este ano  a editorial Kalandraka publicou este libro en galego. 
Nesta ocasión Adela Turín reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. 
Este conto axúdanos a traballar os valores .


View more presentations or Upload your own.

24 noviembre 2012

CASTAÑEIRAS NO RECUNCHO LITERARIO

Este venres apareceron no noso Recuncho Literario unhas fermosas castañeiras acompañadas da súa descrición e por detrás a unha canción popular do magosto:
Non chas quero,non chas quero,
castañas do teu magosto.

Non chas quero ,non chas quero,
que me cheiran ao chamosco.

E as señoras castañas escondían uns refráns do outono.

Animarse a expoñer as vosas creacións escritas!



21 noviembre 2012

Nova revista na nosa biblioteca


A partir deste mes na nosa biblioteca  NATIONAL GEOGRAPHIC KIDS




















NON VOS OLVIDEDES DE BUSCALA NO RECUNCHO DE "COMICS E REVISTAS"


Día Internacional contra a Violencia de Xénero


20 noviembre 2012

MES DA TRADICIÓN ORAL

Non é a fonte da lenda.
LENDA

Conta a lenda, que nunha zona de Isorna que se chama Sestelo, hai unha fonte preto dun río. Chámase a Fonte das Meigas. Na noite de San Xoán, as meigas acércanse a esa fonte e reparten piollos á xente que lle queren mal.
Esta fonte sigue existindo hoxe en día con ese nome.

Lenda recollida por Maura 3º C. A ela contoulla a señora Juana (unha anciá da aldea).

18 noviembre 2012

MAGOSTO NA ESCOLA

O venres 16, celebramos o magosto.
O tempo acompañounos e así puidemos facer tódalas actividades programadas.
Queimamos os medos que escribíramos polo Samaín.
Xogamos ao crebacabezas, ao pano, carreiras de sacos,saltamos a corda e tamén turramos dela, a roubar castañas e apañalas e ao tragacastañas....
Conseguimos castañas de ouro, prata, bronce e diploma.
Logo para repoñer forzas comemos castañas a fartar.

PALABRAS QUE VAS LER NON AS DEIXES CORRER

O ciclo da auga estivo connosco nos xogos do magosto, así os nenos/as nunha das probas tiveron que construir este quebracabezas.

16 noviembre 2012

MAGOSTO

Pincha na imaxe e poderás ver un videoconto . Planeta Verde. Capítulo 9º. O magosto.Ver

CURTAS DE OUTONO

15 noviembre 2012

EXPOSICIÓN LIBROS DE OUTONO

Unhas imaxes das curtas de outono na biblioteca e
 unha pequena mostra de nenos/as deseñando: porco espiños, froitos do outono, castañas, mazás, duendes ...... para decorar a nosa exposición de libros de outono da biblioteca.

Moitas grazas por axudarnos a levar a cabo estas actividades.


CARTEIS DO MAGOSTO


Unha canción para o magosto

MES DA TRADICIÓN ORAL

ADIVIÑA


Alto me vexo
no meu lugarexo;
non hai home nado nin por nacer
que de alí me poida mover.
Quen son?
MENTIRAS

Na miña vida tal vin
nesa aldea de Abuín,
unha cadela con pitos,
unha galiña con cans.


CURTAS DE OUTONO


KAMSHOUT Y EL OTOÑO

                                

O SAMAÍN DE PINOCHO

Os nenos e nenas de 1º B elaboraron este bonito conto colectivo.

14 noviembre 2012

MES DA TRADICIÓN ORAL

ADIVIÑA

Unha saba branca
sen algodón
que cobre a terra toda
e o río non.
Que son?

PARA SABER QUEN PANDA
Lata, Lata,
á redonda,
o que lle toque
que se esconda.

TRABALINGUAS

A criada do cura
cando vai á misa
cos pés pisa pallas,
cos pés pallas pisa.


CURTAS DE OUTONO

13 noviembre 2012

TRADICIÓN ORAL

ADIVIÑA

Alto pimpím,
ruín cabaleiro;
rómpelle a bolsa
e caélle o diñeiro.

REFRÁN

Se o mes de agosto vén
claro, bo magosto e bo nabo, 
se vén nubrado, pouca
castaña e nabo furado.

PARA SABER QUEN PANDA
Periquito moño
metido nun saco, 
sae para fóra,
cara de macaco
Os corredores están cheos de froitos do outono: noces, abelás, freixoas, granadas.... e de información sobre eles.

CURTAS OUTONO

CURTAS DE OUTONO

12 noviembre 2012

MES DA TRADICIÓN ORAL

ADIVIÑA
Ten pelexo coma a xente 
e é moi boa para comer;
Chega polo mes de Santos
e todo o ano a tes.

Que é? Que é?

REFRÁNS

O día de San Martiño, asa as castañas e proba o teu viño.

Castañas, noces e viño fan as delicias do San Martiño.

08 noviembre 2012

LER NA CASA

Si queres que na túa casa ninguén te moleste cando estás lendo.
Imprímeo, decorao e listo para usar.

MES DA TRADICIÓN ORAL

ADIVIÑA
Á medianoite
erguése o francés
Sabe da hora
e non sabe do mes.
Ten esporas
 e non é cabaleiro,
ten un fouce
 e non é labrego; 
toca a alborada 
e non é corneteiro; 
pica na pedra
 e non é pedreiro;
 cava na terra 
 e non gaña diñeiro.
Quen é?

Si sabes a resposta escríbenos.


Refrán:

O mes de novembro comeza con tódolos Santos e remata por San Andrés.

XOVES CONTO

Hoxe comezamos "O xoves Conto", os nenos e nenas de 1º A contáronnos " As aventuras de Pinocho".
A BIBLIOTECA ESTIVO ABARROTADA  E SAÍULLES MOI BEN!
De Buzón

DRÁCULA





Hai 100 anos que morreu o autor da novela Drácula, Abraham Stoker que foi levada ao cine moitas veces, na Voz de Galicia saíu unha nocia moi interesante si a queredes ver facede clic aquí.
Abraham "Bram" Stoker naceu o 8 de novembro de 1847 en Clontarf e morreu o 20 de abril de 1912 en  Londres foi un novelista e escritor irlandés, coñecido  pola súa novela DRÁCULA(1897).

07 noviembre 2012

MES DA TRADICIÓN ORAL

Ao longo deste mes irán aparecendo:
Xogos, arrolos, adiviñas, fórmulas para botar a sortes e saber quen panda, trabalinguas, cantigas de roda,......
que se ían transmitindo de boca en boca, de pais a fillos, de fillos a netos....

Comezamos cunha adiviña:

Para que eu baile
póñenme a capa
porque sen capa
non podo bailar;
a para que eu baile
tíranme da capa
porque con capa
non podo bailar.
Que é?

Si sabes a resposta escríbenos.

04 noviembre 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS

As nosas 26 mochilas viaxeiras xa comezaron as súas viaxes hai 20 días.
Unhas imaxes do día que se foron repartindo polas aulas.
Esperamos que vos guste o seu contido e animávosvos a escribir nos cadernos de viaxe.

Este é o seu contido:

Unidade Didáctica Magosto e Outono

03 noviembre 2012

CREANDO MONSTROS

Houbo aulas que inventaron monstros e logo describíronnos.

CONCURSO DE CABAZAS NO COLEXIO

 Houbo un  concurso de cabazas entre as distintas aulas. O único requisito para participar era que a cabaza de cada grupo fora feita na súa aula.
Houbo un premio para Infantil e outro para Primaria. Todos os grupos participantes obtiveron un diploma acreditando a súa participación e un pequeno sobre con caramelos.
Para a entrega de premios reunímonos todos/as o mércores 31 antes do recreo no porche grande. 
Moitos viñeron disfrazados!!

Gañaron  as cabazas de Trancas e Barrancas e a cabaza do Pallaso.

02 noviembre 2012

EXPOSICIÓN LIBROS DE MEDO



Nesta pequena exposición atoparedes algunhas novidades que mercamos.
Estará na biblioteca parte do mes de novembro,xunto co panel de "Corre Corre Cabaciña" para traballar este conto e facerlle cambios.


Árbores dos medos

Ao longo destes tres días, os nenos e nenas foron escribindo en cadansúa tarxeta os seus medos. Logo colgáronnas nas "Árbores dos medos".

 Estas tarxetas queimarémolas no Magosto.
A ver si se van os medos co lume!!

Os nosos corredores

Colocáronse nos corredores dos distintos ciclos, tramos de papel continuo negro para que os nenos e nenas decorasen con distintos motivos relacionados co Samaín.

Mirade unha pequena mostra!!

TARXETAS SORPRESA


 O día 31 outubro apareceron estas fermosas tarxetas en tódalas aulas do colexio.
Un misterio do Samaín!!! 
Noraboa aos seus autores e autoras!!

RECURSOS PARA O SAMAÍN

Proporcionados por o CEIP Victor Sáenz de Mazaricos.
Máis recursos dende a biblioteca de Cespón.


Open epublication - Free publishing - More actividades

E máis recursos dende o CEIP Mestres Goldar o Recanto de Mik

31 octubre 2012

Inauguración 2º de primaria

Ao noso "Recuncho Literario" viñeron: 
Carapuchillas vermellas, sereíñas, Néptuno e .....
moitos personaxes máis.

Baile dos esqueletes

Anivádevos a bailar!

A mascota de Drácula


30 octubre 2012

Inauguración 5 anos Infantil

Os nenos e nenas de 5 anos viñeron cheos de pinguiñas que decoraron nas súas clases, e de outras pingas non tan pequenas.......
Houbo un debate nas súas aulas para elexir os personaxes. Trouxéronnos a:
Campaíña, 
ao Lobo
a algún personaxe máis......

BRUXA

27 octubre 2012

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA


Os maiores do colexio trouxéronnos aos Megatoxos.
Un curso de quinto a Gerónimo Stilton e outro a Harry Potter.
Os de catro anos a Peppa Pig e ao Gato con Botas
 para o noso "Recuncho Literario".
                  
                            Conseguimos encher a biblio de pinguiñas!!

INAUGURACION NENOS NENAS DE 3 ANOS


Os máis pequenos do noso cole tamén visitaron a nosa biblioteca. Trouxéronnos a Pinocho, á Ratiña Presumida e á televisiva Dora a Exploradora para o "Recuncho Literario".

Os nenos e nenas de 1º A contáronlle o conto " As Aventuras de Pinocho", que eles mesmos fixeran na clase.

Logo viron o video de Pocoyó e a Regadeira Máxica.


Mirade que guapos e guapas viñan!!




24 octubre 2012

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR


O mes de outubro é o mes da Biblioteca escolar e, como xa sabedes, hoxe 24 de outubro é o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Para celebralo esta semana estamos inaugurando "oficialmente" a singladura da biblioteca este curso baixo o lema:
 Palabras que vas ler...  
non as deixes correr.
  

 Gústavos o novo mural da porta da biblio
Representa o ciclo da auga, xa que o PDI deste curso xirará entorno á auga. 
As pinguiñas das que beberemos este curso son moi especiais...  Que vos parecen?