12 agosto 2013

Liberespazo

Recordade que podedes seguir cubrindo os pases ao liberespazo na Biblioteca Municipal.


Aínda que estes na praia le un libro na toalla!

Ánimo!

09 agosto 2013

Revista Escolar "Ondiñas Veñen"

Agora tamén a revista en formato dixital.

05 agosto 2013

Exposicións Letras Galegas no Auditorio Municipal.

Dende o 15 de xullo ata o 4 de agosto estiveron no Auditorio Municipal as exposicións:
 Valentín Paz Andrade: Galego de Corazón.
 Roberto Vidal Bolaño: Autor, Actor  e Público do Aquí. 
 Esta semana toca recollelas!
 

03 agosto 2013

Lendo en Rianxo

Na Feira do Libro de Rianxo.
As bibliotecas de Rianxo estivemos presentes na Feira do Libro cunha pequena mostra do traballo que realizamos. Quixemos sacar as nosas bibliotecas á rúa e compartir a nosa experiencia común con tod@s os que paseron pola Feira ao longo deses días. "Lendo en Rianxo" foi o nome que escollemos para o noso espazo nunha das casetas da feira e o título do vídeo que elaboramos para proxectar na feira e mostrar algunhas das actividades que se desenvolven no día a día das bibliotecas de Rianxo.
Aquí o tedes: Lendo en Rianxo.


Programa da Feira do Libro.

Este foi o noso recuncho.