18 enero 2019

SEGUIMOS CON CONTACONTOS NA BIBLIOTECA


Esta semana dúas nenas de 6ºA, Sara e Marta, contaron durante o recreo "A noite das mudanzas".
Como podedes ver tiveron moito público e fixérono moi ben.




Moitas grazas e volvede cando queirades!


EXPOSICIÓN DE LIBROS SOBRE A PAZ


Como ben sabedes o día 30 conmemórase o Día da Paz. 
Desde a biblioteca fixemos unha escolla de diferentes títulos para traballar na clase.
Esta é a exposición que podedes ver na biblioteca.