28 noviembre 2015

Deixounos Neira Vilas

Grazas por traballar ao longo de toda a túa vida pola nosa lingua, a nosa cultura, a nosa identidade e a nosa dignidade.
Biblioteca CEIP ADR Castelao.



Aínda temos recente a saída ao teatro para ver a adaptación teatral do Espantallo amigo de Xosé Neira Vilas a cargo de Os Quinquilláns. Foi a primeira lectura colectiva de case todo o cole, que tivemos a sorte de ver representada. Deixade a vosa opinión sobre o libro e sobre a obra de teatro. Neira Vilas seguirá moi presente entre nós.


26 noviembre 2015

Realidade Aumentada

Hoxe algúns dos alumnos/as que se achegaron ata a biblioteca no recreo puideron coñecer unha novidade interesante a  Realidade Aumentada.

E, en que consite?

Pois é unha app que permite LER doutra forma.

Descargas a app no teléfono ou a tablet e mentres les podes acceder a contidos "escondidos" en distintos soportes: carteis, libros...

Neste caso o cartel da campaña de lectura de bibliotecas escolares Biblioteca Escolar, base de exploracións ten escondido...


Pois teredes descubrilo.


                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                        Moitas grazas aos axudantes de biblioteca por explicarnos esta novidade.

Se queredes baixarvos a App ao voso teléfono ou tablet ou saber máis de como funciona picade neste enlace do blog de Bibliotecas Escolares de Galicia.




Poderedes acceder a un manual de como descargar e usar a aplicación (Aurasma), a un vídeo explicativo e a diversas actividades que se fixeron noutros colexios galegos utilizandoa.


25 Novembro . Día contra a Violencia de Xénero.



Nos corredores colocamos estes Superheroes e Superheroínas.
 Eu quero un bo trato. 
Eu quero vivir en igualdade.
Que pouco a pouco fóronse enchendo de palabras que fomentasen a igualdade.


Tamén algunhas titorías elaboraron estes fermosos murais contra a violencia.
Co maltrato non hai trato.

ENTRE TODOS. NON!!!

Novo Mobiliario



Grazas a Consellería de Educación!
Enviounos un par de andeis para reformar os que tiñamos deteriorados. 
Así tivemos a biblioteca esta semana!
Esto impediunos desenrolar actividades como o xoves conto e o préstamo da sección de documentación e de 3º ciclo.
                Xa está todo listo!








18 noviembre 2015

Novembro: Mes da Ciencia en Galego

Por segundo ano consecutivo, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvese a celebración de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Xa temos preparado unha exposición de libros sobre ciencia e experimentos.
Animarse a preparar un experimento na clase e logo expoñelo na biblioteca para o resto de compañeiros .

12 noviembre 2015

Outono. Magosto.

Nace unha nova páxina do cole con recursos sobre o outono: refráns, adiviñas, receitas, poesías,...
Pouco a pouco irémola completando, con creacións do cole e con outros recursos. O outono.

05 noviembre 2015

XOVES CONTO

Comezou o Xoves Conto. Contacontos nos recreos, para aqueles nenos e nenas que lle gusta escoitar contos, ou contalos aos seus compañeiros.
Moi ben nenos e nenas!

03 noviembre 2015

Contos de Medo

O xoves contáronse algúns contos de medo na biblioteca e nas aulas. Aquí temos a Laura e a Lucía contándonos o conto:
A nena da saba branca.
Puxéronsenos os pelos de punta e a pel de galiña do medo que nos fixeron pasar.


Noraboa contadoras!




Os nenos e nenas de 2º A, cos seus títeres contáronlle " Tío Lobo" aos nenos e nenas de catro anos de Infantil. Un conto tradicional italiano, de inesperado final.

01 noviembre 2015

MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR. INAUGURACIÓN.

Outubro é o noso mes especial. A biblioteca acolle as inauguracións, reapertura anual da biblioteca.
As actividades son: 
Recordamos como funciona a biblioteca, normas.
Presentamos a campaña deste curso: 

Soñando Galicia con Manuel María.

Decoramos os marcapáxinas da campaña.

Recitamos o poema o Ourizo de Manuel María. Lemos o conto de "Mouriño".

Deseñamos unha portada relacionada co outono.

Algunhas fotos: