30 noviembre 2014

Matriarcas

 É un adianto do que será o segundo disco de Guadi Galego, titulado “LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO“. É a homenaxe que Guadi Galego fai as mulleres. Ás de verdade,. Ás nais, ás irmás, ás avóas, ás noivas, ás amigas.

Novembro. Mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares.

Durante este mes tivemos tres actividades relacionadas coa ciencia:

Exposición da Bolboreta Monarca. Unha gran viaxeira.
Viaxe da bolboreta Monarca. Exposición que estivo na biblioteca e na que os alumnos debían buscar datos sobre a bolboreta, as súas migracións,...e completar unhas fichas coa información que ían recollendo nos distintos paneis. 
Esta exposición completábase cun fabuloso e curioso vídeo sobre as migracións dos animais.




Fichas elaboradas para a busca de información.




Exposición sobre o Sistema Solar:

Esta exposición foi elaborada polas titoras de cuarto e os seus alumnos e alumnas. Aproveitando o estudo na clase do Sistema Solar, os nenos e nenas, tiveron que elaborar nas súas casas as súas maquetas. Para completar a exposición escribiron unhas tarxetas explicativas sobre os planetas,estrelas, satélites,..Elaboraron un fermoso mural e completando isto, unha exposición de libros informativos que manexaron nas aulas e unha ficha de busca de información.
Un éxito a exposición!






Durante varios anos todos os alumnos do colexio veñen participando en actividades de divulgación científica sobre o mundo mariño a través de varios programas: Rianxo Divulga e Ecomar. Estes celebráronse sempre na biblioteca: charlas, proxeccións,experimentos,xogos.. este curso comezamos co programa Horizonte 20 30. Un programa promovido pola Asociación Mexilloeira Rianxeira e o Grupo de Acción Costeira ‘Ría de Arousa’.
Aproveitando a celebración da Semana da Ciencia, realizáronse uns obradoiros científicos no auditorio rianxeiro. 
Estes obradoiros pretendían que os nenos e nenas: coñeceran o labor que desenvolven os científicos, puideran ver ou tocar diversas mostras reais da flora e da fauna mariña, saber máis en profundidade sobre o mexillón, 


Contou con 4  obradoiros:

1º Relacionado co cultivo do mexillón:viron nun mexillón diseccionado as partes das que este se compón, puideron mirar por unha lupa diversas mostras de especies de plancton.
2º Distintas especies de animais mariños 
3º Experimentos:

  •  Como a contaminación afectaba ás distintas especies. Descomposición dunha cunha. 
  • Ás distintas densidades dos materiais. (aceite,..).
  • Reaccións químicas co almidón da pataca.



As próximas sesións xa serán no colexio.

Carteis do 25 de Novembro nos corredores de Educación Infantil

Así quedaron algúns dos carteis onde Mafalda  e os seus amigos nos aconsellan que con Tolerancia e Respecto obtemos a Igualdade.

27 noviembre 2014

O DÍA DE ACCIÓN DE GRAZAS.


Unhas nenas de 2º C,Noa e Sara,  contáronnos unha tradición americana que se celebra por estas datas o Thanksgiving Day.
Entre os nenos e nenas da súa clase elaboraron este cartel informativo.

Fixeron un gran esforzo porque o contaron a todas as clases de primaria, algunhas aulas e outras na biblioteca.

Si queredes saber algo sobre esta data mirade o vídeo.


25 noviembre 2014

SAMAÍN EN EXIPTO

Conto elaborado polos nenos e nenas de 1º B polo Samaín. Xa está na biblioteca nas nosas creacións, para que o poidades levar en préstamo as vosas casa.

Conto Samaín En Exipto 1ºb

25 de novembro

      Sabedes que, nalgúns países, a muller é un ser desprovisto de dereitos...?
 En Paquistán, as mulleres están obrigadas a levar burka, unha prenda de roupa que tapa completamente o seu corpo e a súa cara. 
Neste país, ser muller e mestra é moi perigoso: 
Shahnaz Nazli  foi asasinada este ano por dar clase a nenas. 
Noticia.

Por contar nun blog (baixo pseudónimo) os problemas que teñen as nenas paquistaníes para recibir unha educación, a nena Malala Yousafzai foi tiroteada. Afortunadamente, tras quedar nun estado moi grave, conseguiu recuperarse das feridas recibidas. Malala recibiu o Premio Sajarov á liberdade de conciencia que outorga o Parlamento Europeo por defender o Dereito á Educación das nenas paquistaníes e recibiu o Premio Nobel da Paz 2014.Malala loita contra o maltrato e a favor da Educación das Mulleres. 

Cartel que repartimos nas aulas para decorar con: palabras, poesías, cartas,...

24 noviembre 2014

25 Novembro Día Internacional Contra a Violencia de Xénero


Este ano escollemos a Mafalda para o noso cartel por varios motivos:
  • Mafalda é unha nena preocupada pola paz e os dereitos humanos unha das cousas que odia é a violencia.Este ano cúmprense o seu 50 aniversario.
 

Outra para que coñezan ao seu ilustrador e escritor Quino que conseguiu o Príncipe de Asturias en outubro deste ano.


Na biblioteca está montada unha exposición cunha selección de libros que tratan o tema da igualdade de xénero.
Durante estes días só serán para uso do profesorado.


Achegámosvos unha selección de libros e enlaces 

Díptico Lecturas 25 Nov 142

23 noviembre 2014

25 de Novembro

O próximo día 25 de novembro, é o Día Internacional contra a Violencia hacia as Mulleres, pero non nos imos centrar na violencia senon que imos facer fincapé no Bo trato e na igualdade entre xéneros. Defendendo a prevención para evitar a intervención. 
Para que no futuro non exista ese maltrato a nosa responsabilidade é educar ás novas xeracións no Bo trato , o respecto e coidado entre os individuos independentemente do seu sexo.

Esperamos que vos sexan de utilidade na clase ou na casa, independientemente de que sexa o non o día 25... a coeducación e o bo trato son tarefas para todos os días do ano.
Si queredes coñecer o motivo polo que se celebra este día. Pincha aquí.
Na biblioteca xa vos están esperando unha boa selección de contos ao longo destes días iremos engadindo enlaces e contos.

Este curso incorporamos aos nosos fondos da biblioteca outro conto de Adela Turín e Nella Bosnia  editado por Kalandraka:

A catástrofe pono todo patas arriba: déixaos sen fogar e altera por completo as súas vidas. Pero é a señora Rato a que atopa a solución. Dunha vida monótona, ás aventuras e os novos roles na familia.
Podedes ver o video do conto pinchando aquí.
Tamén as imaxes e texto en castelán do conto.



Outros libros que van estar na exposición:

Eles comían,viaxaban e modernizabanse mentres elas recolectaban comida e criaban aos bonobiños. Pero os Bonobos non aceptaban que as Bonobas tamén puideran aprender e evolucionar. 
Vídeo do conto en castelán. Pincha aquí.
Vídeo do conto contado en galego. Pincha aquí.
Imaxes e texto do conto en galego. Pincha aquí.

Aillada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin poderá descubrir o significado da liberdade e abrirlle o camiño da igualdade ás súas compañeiras. Imaxes e conto en galego. Pincha aquí.Webquest de Rosa Caramelo.


Unha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. 
Fichas para escribir sobre o conto.

Bule co almorzo, muller», «Bule co almorzo, mamá», dicíanlle o seu home e os seus fillos. Ata que a señora Porcón se fartou e marchou.
Video do conto para ler.
Imaxes e letras do conto.

12 noviembre 2014

FERMÍN E AS CASTAÑAS

No Samaín contáronse contos de medo e non tan de medo entre as clases e na bibioteca.Un deles foi este que os nenos e nenas de 3º B lles contaron aos seus compañeiros de nivel e aos de 2º.



Fíxéronno moi ben!

Algunhas imaxes do Samaín no cole: decoración, postres, e sobre todo moitos contos entre as clases.

Xoves conto

Comezamos  co Xoves Conto. Daniela de 1º B contounos un conto creado na súa clase: Samaín en Exipto.Fálanos de mostros, normas, esfinxes, samaín e de Exipto que foi o país que lles tocou investigar.


11 noviembre 2014

Contos do mundo da man das nosas madriñas e padriños lectores

O pasado 4 de novembro as madriñas e padriños lectores dos alumnos de 1º a 4º de primaria viñeron de visita. 
Estábamolos esperando con impaciencia!
Nesta ocasión os alumnos/as do I.E.S. Félix Muriel de Rianxo contáronnos Contos do Mundo, xa que a xoubiña lles dixera que este ano estamos percorrendo o mundo a través da lectura.




Tamén nos deixaron en cada aula o fermoso conto que nos contaron. 

Moitas grazas a tod@s polo esforzo e ilusión coa que facedes esta actividade!

09 noviembre 2014

Coñecendo Kenia

Os nenos e nenas de 3 anos A e B están coñecendo diferentes aspectos de KENIA, un país do continente africano moi lonxano de Rianxo.

Xa coñecen algúns dos seus elementos máis representativos fundamentalmente a súa bandeira (aproveitaron a ocasión para aprender a recoñecer colores e formas) e os animais que alí habitan.

Sen lugar a dúbidas, quedoulles unha bandeira chulísima!!!

Poderedes vela no Recuncho Literario na entrada da biblioteca. Pouco a pouco as aulas irán colocando información de diferentes países do mundo para que poidades viaxar polo mundo sen ter que movervos do cole.

04 noviembre 2014

OPERACIÓN MONARCA


Está montada nosa biblioteca unha exposición dunha gran viaxeira, a bolboreta Monarca.


Un dos fenómenos mais abraiantes que nos ofrece a natureza galega, é unha visitante de alén do Atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña.
A chegada a Galicia desta bolboreta, espertou unha interesante iniciativa por parte do seu descubridor, o lepidopterólogo galego Eliseo H. Fernández Vidal, para poder obter máis datos sobre o arribo desta especie ás nosas costas: a Operación Monarca.

Este proxecto ten como obxectivo que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Ademáis, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo e a súa conservación.



Recursos para completar a exposición.
Vídeo sobre a metamorfose e a migración desta bolboreta.Pincha aquí.

Si queres coñecer a esta bolboreta. Pincha aquí.

Xogo :Colorea a túa bolboreta Monarca. Pincha aquí.
           Colorea a túa bolboreta 2. Pincha aquí.
Puzles Online: puzle 1, puzle 2 e puzle 3.
Xogo interactivo: O vó da bolboreta Monarca.