27 septiembre 2018

CONTACONTOS INFANTIL ILUSTRADO


Este sábado 29 de setembro ás 12:00 na biblioteca pública os nenos entre 3 e 7 anos poderán ver

Gliz o pastor de nubes e o pintor de flores























Non faltedes!

24 septiembre 2018

VISITA DE ELSA DIMANDE




Xa recibimos a visita de Elsa Dimande. Aquí vos deixamos algunhas imaxes que nos recordarán o seu paso polo colexio.





CONCERTO DIDÁCTICO



O mércores 19 de setembro todo o colexio fomos ao Auditorio escoitar un concerto didáctico realizado polo Cuarteto Tuberías. 

Nos ofreceron un concerto de bandas sonoras que nos gustou moitísimo.



18 septiembre 2018

RIANXO E MOZAMBIQUE

                             


O venres 21 de setembro teremos a visita da traballadora social Elsa  Dimande, que traballa como técnica na Asociación Nacional de Municipios de Mozambique e participa no programa de colaboración Vacacións con traballo en Galicia.


Esta asociación traballa en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
O concello de Rianxo é socio deste Fondo Galego, creado no ano 1997 e formado por 95 concellos das catro provincias galegas. A través del lévanse a cabo diferentes proxectos e actividades de cooperación ao desenvolvemento nos países do Sur.

Elsa falaranos de temas tan importantes como son a igualdade de xénero, o traballo social con nenos e nenas, o urbanismo para o benestar da infancia e o asociacionismo feminista, sen esquecerse da solidariedade internacional.




Esperamos que disfrutedes coa súa visita!