O venres 21 de setembro teremos a visita da traballadora social Elsa Dimande, que traballa como técnica na Asociación Nacional de Municipios de Mozambique e participa no programa de colaboración Vacacións con traballo en Galicia.
Esta asociación traballa en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
O concello de Rianxo é socio deste Fondo Galego, creado no ano 1997 e formado por 95 concellos das catro provincias galegas. A través del lévanse a cabo diferentes proxectos e actividades de cooperación ao desenvolvemento nos países do Sur.
Elsa falaranos de temas tan importantes como son a igualdade de xénero, o traballo social con nenos e nenas, o urbanismo para o benestar da infancia e o asociacionismo feminista, sen esquecerse da solidariedade internacional.
Esperamos que disfrutedes coa súa visita!
No hay comentarios:
Publicar un comentario