28 octubre 2022

BIBLIOTECA CREATIVA: CAIXAS PARA E. I.

 Esta semana os nenos e nenas de infantil recibiron a súa caixa de xogos do Espazo Fedelleiro. (Biblioteca Creativa).Con xogos de lóxica, experimentación, matemáticas,...Grazas á paticipación en Contratos Programa. Esperamos que desfruten e aprendan moito!








CONTOS DE MEDO E OBRADOIROS ALUCINANTES NO SAMAÍN

 Durante esta semana desfrutamos duns contacontos realizados pola rapazada de 5° e 6° e tamén duns obradoiros organizados polos compañeiros de Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o fixeron.


Rapazada de 5° A contando A min non me comas!


Nenos e nenas de 6°A contando Leotolda.



Rapaces e rapazas de 5° B representando A figueira de Pelostortos. 

E aquí tedes unha mostra dos diferentes obradoiros que fixeron: luz negra, maquillaxe e pintura fluorescente...Pasámolo xenial!







21 octubre 2022

11 octubre 2022

Comezamos!

Vistedes que chulo está quedando o mural da porta da biblio?

Pero... aínda lle falta bastante. 

Apetécevos axudar a rematalo? 

Pois esta é unha das actividades que poderedes facer cando veñades á inauguración da biblio deste curso.

Aquí tedes dous vídeos de contos relacionados coas cores, as emocións e a creatividade. Temas que traballaremos ao longo deste curso no noso PDI 


                            "UN MAR DE CORES"



Seguro que entre todos o mural queda xenial!


Os blogs aliméntanse dos teus comentarios! Non te olvides de deixar un!  (faino xusto aquí debaixo)