25 febrero 2014

Coñece o Entroido en Galicia


O Entroido de Cobres no Castelao


Recordamos a actuación de ex-alumnos/as e alumnos/as da asociación de baile tradicional Vai de Roda do noso colexio para presentarnos a vestimenta e os bailes típicos do Entroido de Cobres, Pontevedra.

Moitas grazas outra vez a Vai de Roda, a todos os alumnos/as e ás súas familias pola vosa colaboración!

22 febrero 2014

O verme Mouriño

Polo mes de novembro, contounos Maira este conto. 

Rosalía de Castro


Vida e algúns poemas de Rosalía.

Pará Seguir coñecendo e Recordando a Rosalía. Estámonos datos achegando un do seu nacemento.
Elaborado polo EDL de Cadreche.

Poema ALBORADA de Cantares Gallegos.

18 febrero 2014

16 febrero 2014

12 febrero 2014

Poema musicado. Unha pomba dourada.

.

Crocodilo namorado

Os nenos e nenas de 3 anos do CPI de Mondariz cóntannos esta fermosa histora dun crocodilo que se namorou...  
de quen? 
Mira o vídeo para descubrilo!


 

24 de febreiro: Día de Rosalía

Aquí tedes unha selección dos libros que podedes atopar na exposición da nosa biblioteca

Día de Rosalía


More PowerPoint presentations from Biblio Castelao

11 febrero 2014

FEBREIRO MES DO AMOR E ROSALÍA




 Selección de Cadros de Leandro Lamas relacionados co amor para que escribades fermosas historias.

Mes do amor e Rosalía




Lúa con trenzas de prata
e ollos encantados
deixa caer uns biquiños 
no meu rostro namorado.

Honorato o rato namorado.
Antonio García Teijeiro.

«Quíxente tanto, meniña,

tívenche tan grande amor,

que para min eras lúa,

branca aurora e craro sol;

augua limpa en fresca fonte,

rosa do xardín de Dios,

alentiño do meu peito, vida do meu corazón». 

                      
                                      Cantares Gallegos.

10 febrero 2014

FORMACIÓN DE USUARIOS

Elaborado por Bibliototem do IES A Xunqueira 2. Recórdanos o funcionamento da biblioteca.

Festival de Nadal do 3º ciclo.

Perdoade pola tardanza, pero houbo problemas co audio.

08 febrero 2014

CANDELORIA


A Candeloria en Galicia é o día do casamento dos paxaros. Representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera. Ademais, para os mariñeiros era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal. Estivo montada esta exposición con libros de paxaros e coas tarxetas das clases de 2º.

06 febrero 2014

Escribindo con Castelao.

O 30 de xaneiro coincidindo co nacemento de Castelao e o Día da Ilustración, comenzouse con esta actividade de escritura.A partires de cadros de Castelao os nenos e as nenas fixeron voar a súa imaxinación inventando historias de eses cadros:  de nenos, de paisaxes, de demos, bailarinas, ...

05 febrero 2014

Entrevista a un premio Nobel

Por fin nos visitou o personaxe misterioso e os cuartos puideron facerlle a entrevista.
Don Camilo foi respostando as numerosas preguntas. Tamén ensinou os cromos de fútbol que coleccionaba, a medalla do Nobel, ...
Logo tocou escribir en  LOSPAPELESDEIRIAFLAVIA.


Contos de Nadal coas Familias.

Contos Clásicos adaptados ao tempo de Nadal polas familias.

Tren cos dereitos dos nenos e nenas.

No acto da Paz que celebramos o xoves recordamos os dereitos dos nenos e vimos os trens elaborados polas clases.