08 noviembre 2009

CLUBE DE LECTURA



¿GUSTACHE A LECTURA?

¿ESTAS FARTO DE LEER SO?

¿LES EN CALQUERA SITIO?

¿QUERES FALAR DE LIBROS?


  • SE ERES ALUMNO/A DE 5º OU 6º
  • SE ESTAS DISPOSTO/A A VIR AS REUNIONS
  • SE QUERES DISFRUTAR COS LIBROS
  • SE DESEXAS FORMAR PARTE DO 1º CLUBE DE LECTURA DO NOSO COLE

¡ANOTATE XA! ¡QUEDAN POUCAS PRAZAS!


(os axudantes de biblioteca anotaranche e daranche a informacion necesaria)

Data limite inscripcion: mercores 11 de novembro

-

28 octubre 2009

"Rato Pincho"


¡ Estade atentos !
"Rato Pincho" vainos visitar.


Nos próximos días Rato Pincho vainos visitar para contarnos a súa historia e inaugurar "oficialmente" a biblioteca este curso.

Non vos olvidedes de traer os vosos ratiños e ratiñas convosco para adornar a biblioteca.
.

30 septiembre 2009

"O mundo en galego"


Aínda estades a tempo!

Apuntádevos xa!

Moitos dos vosos compañeir@s, papás, mamás... xa desfrutaron das actividades que comezaron hoxe na Biblioteca Municipal e foron de viaxe por... mellor que o conten eles (esperamos os vosos comentarios)

Se queredes saber máis sobre as actividades premede na foto.

.

10 septiembre 2009

Benvid@s ao curso 2009-2010 !


Ola a tod@s|

Despois dun verán un tanto pasado por auga esperamos que teñades ganas de volver ao cole.

Esperámosvos a tod@s na biblio pero...
TEDE MOITO COIDADO!
este verán, de tanto que chovía, os ratiños e ratiñas de Rianxo invadiron a biblioteca do noso cole. Están empapándose de historias divertidas, intrigantes, sorprendentes...

¿Atrevédesvos a facerlles compañía?
.

29 mayo 2009

OS NOSOS DESEXOS

Grazas a todos os alumnos, alumnas, pais, nais... que participastedes nesta fermosa iniciativa. De entre todos os desexos, os elexidos foron estes oito:

DESEXAMOS:

1) Que todos os nenos e nenas do mundo sexan ricos lectores e poidan disfrutar dos libros e imaxinar historias fermosas.
2) Poder facer maxia para resolver a todo o mundo os seus problemas.
3) Que as mascosas de tódalas bibliotecas cobren vida.
4) Non ver NUNCA montes queimados, sen cores....
5) Encontrar a vacina para erradicar a violencia.
6) Un mar limpo para os nosos peixes.
7) Ver o mundo cun sorriso pintado.
8) Seguir imaxinando mundos fantásticos coa axuda dos libros.

Agora, queremos convidar a un cole amigo o C.E.I.P. Quintela de Moaña xa que nos gusta moito o seu blog, "biblioteca do cole" que temos en favoritos.

27 mayo 2009

Ana Mª Fernández cos "peques" do cole

Fai pouco visitounos Ana Mª Fernández para falar cos nenos e nenas de infantil e 1º ciclo da súa obra. Entre todos axudaron a decorar a biblioteca (vinde a visitala) e quixéronlle dar unha sorpresa á autora recitándolle e incluso rapeándolle algúns dos seus poemas.

Temos uns videos moi pequerrechiños para compartir convosco.

Perdoade a calidade ¡Aínda estamos aprendendo! Dentro de pouco poñerémosvos imaxes da actividade.
video video

17 mayo 2009

Ana Mª Fernández visitará o cole o 18 de Maio

Os alumnos de infantil e 1º ciclo estiveron traballando
este fermoso libro de Ana Mª onde nos conta contos dun
xeito totalmente distinto ao que estamos acostumados.

Ademáis, todos colaboraron para sorprender á autora e
aos demáis alumnos/as e profesores/as do colexio coa
decoración da biblioteca.

Vinde ver a biblioteca e levade unha das moitas obras
que temos desta autora. Non volas podedes perder!

"Imos inventar un conto, un conto de fantasía;
se non fora polos contos que triste todo sería!"
(Ana Mª Fernández)