Paulo elixiu Diario de Greg.
28 abril 2015
NÓS LEMOS. E TI? EU LEO. E TI?
Agueda está tumbada sobre un feixe de libros e o seu elexido é o de Pepa Pig ¡Qué sorpresa!
Grazas por enviarnos a foto!
24 abril 2015
O venres 24 os nenos e nenas terán o encontro coa escritora Alicia Borrás Sanjurjo. Estiveron lendo Nata y chocolate e ¡Nata y Chocolate invencibles!
Se queres coñecer un pouco mellor a esta escritora.
Etiquetas:
Alicia Borrás,
dípticos,
escritores,
visita autores,
visita autores.
23 abril 2015
23 de abril. Día do Libro.
Etiquetas:
abril,
día internacional do libro
Obradoiro para familias.
Quedan prazas libres neste obradoiro. Si alguén máis se anima que veña o este venres 24 de abril ás 16 horas na biblioteca do colexio. Recordade é unha actividade para facer en familia. Polo que os nenos e nenas teñen que vir cun adulto.
Monster´s Madness.
Os mestres e mestras de inglés organizaron esta actividade no mes dos libros para achegarnos un pouco a lingua de Shakespeare. Fixéronos pasar un rato divertido aos nenos e nenas!
Etiquetas:
día internacional do libro,
teatro
Encontro co escritor Pere Tobaruela
O mércores 22, os cuartos tiveron o encontro co escritor Pere Tobaruela. Leran os libros: Formig4s Misión París, Formig4s Misión en Nova York e O Códice do Santo Lugar. Tamén elaboraran numerosos debuxos o que dou pé a que Pere nos contara moitas curiosidades:
Xa cun ano a súa nai lle deixaba pintar nas paredes,
Na escola presentábase a todo concurso canto había.
O seu perxonaxe preferido na saga dos Formi4as é o doutor Paomau!!
Durante dúas horas os nosos nomes mudaron. Todos e todas pasamos a chamarnos FormiMaría, FormiNoa, FormiPaula, ForJuan, FormIván...Descubriunos que tamén escribía co seudonimo de Lea Tobery.
Etiquetas:
Pere Tobaruela,
visita autores,
visita autores.
22 abril 2015
Falamos e coñecemos Brasil
Esta actividade desenvolveuse a semana pasada, xa o levabamos intentando dende hai tempo e por unhas ou outras non o dabamos conseguido pero e o luns tivo ese fantástico encontro. Susi veu a falarnos da súa terra, Brasil.
Estivo cos nenos e nenas de segundo e de cuarto. Faloulles do país, das praias, do entroido, das comidas,da xente ...
Moitos nenos, nenas e profes xa tiñan ganas de viaxar ata Brasil!
Moitas grazas Susi por colaborar no noso proxecto!

familias,
lendo... o mundo percorrendo.
21 abril 2015
Presentación 23 de abril Día do Libro.
23 de abril Día do Libro
More presentations from Biblio Castelao
Como ben sabedes, o 23 de abril, celébrase o Día do Libro. No cole, adicaremos a semana a facer diversas actividades relacionadas con esta data. Por se queredes saber máis deste día ou descubrir recursos relacionados con contar e escribir historias, aquí vos deixamos unha pequena compilación de recursos:
Como ben sabedes, o 23 de abril, celébrase o Día do Libro. No cole, adicaremos a semana a facer diversas actividades relacionadas con esta data. Por se queredes saber máis deste día ou descubrir recursos relacionados con contar e escribir historias, aquí vos deixamos unha pequena compilación de recursos:
Etiquetas:
abril,
día internacional do libro
Encontro con Pere Torabuela
O mércores 22, despois do recreo, os alumnos e alumnas de cuarto terán un encontro co escritor Pere Tobaruela. Estiveron lendo os seus libros Formig4s Misión París e Formig4s Misión Nova York.
Si queres coñecer algo máis sobre o autor e a súa obra:
Si queres coñecer algo máis sobre o autor e a súa obra:
20 abril 2015
Abril é un mes moi especial para as BIBLIOTECAS ESCOLARES por ser o mes dos libros e da lectura.
Ademais, o día 23 é o sinalado pola UNESCO como o DÍA MUNDIAL DOS LIBROS E DOS DEREITOS DE AUTOR.
Ademais, o día 23 é o sinalado pola UNESCO como o DÍA MUNDIAL DOS LIBROS E DOS DEREITOS DE AUTOR.

Coma en anos anteriores, as Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar, sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de aventuras e viaxes. A súa recomendación para este día:Ás veces o destino está no libro que tes ao lado.Só tes que abrilo e gozar".
Nós elaboramos este díptico para coñecer un pouco mellor por que se celebra esta data e tamén a autores como William Shakespeare, Garcilaso da Vega e Miguel de Cervantes.
Nós elaboramos este díptico para coñecer un pouco mellor por que se celebra esta data e tamén a autores como William Shakespeare, Garcilaso da Vega e Miguel de Cervantes.
Etiquetas:
abril,
día internacional do libro,
dípticos
OBRADOIRO DE TEATRO EN FAMILIA
Na biblioteca estamos de noraboa! Esther F. Carrodeguas estará na nosa biblio impartindo un obradoiro de contos dramatizados para nenos/as e adultos/as. Todo un luxo!
Lembrade, tedes ata o martes 21 para anotarvos nesta actividade. Non esquezades convencer a un adult@ para que se anote con vós. Non deixedes pasar esta oportunidade de pasalo ben xogando cos contos.Animarse a participar!

competencia artística,
familias,
teatro
19 abril 2015
EDITORIAL WEEBLE. LIBROS GRATUÍTOS PARA LER NA PANTALLA
A editorial Weeble preséntase como un pequeno grupo de nais e pais que deron paso a unha rede de persoas comprometidas coa educación e dispostas a investir o seu tempo na creación de libros infantís para ler pantalla ou descargalos. Escriben, ilustran e traducen.
Xa hai algúns libros escritos en galego. Así, podemos acceder a Viaxe ás estrelas, A miña primeira viaxe ao sistema solar,... e varios máis que verán a luz nas próximas semanas.
Alguén máis se anima a traducir? Ou a ilustrar?
A iso chámaselle voluntariado lingüístico!
Porque hai xente que pon estes recursos a disposición de todos e todas, gratuitamente. Para que contemos con maís recursos informativos en formato dixital, e na nosa lingua.

14 abril 2015
08 abril 2015
Nós lemos. E ti?. Eu leo. E ti?
Co novo trimestre comezamos as actividades de Abril, Mes dos Libros. Con algunhas delas queremos implicar ás familias e convidalas a participar con nós.
Queremos pedir a vosa colaboración para a seguinte:
Enderezo: bibliocastelao @gmail.com
Se non vos animades cos selfies, podedes debuxar a portada do libro e un pequeno texto explicando por que vos gusta.
Nós lemos e ti? Eu leo, e ti?
Queremos organizar unha exposición sobre a lectura, os libros e a súa importancia nas nosas vidas, sumándonos á campaña da Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (pero adaptada).
A actividade consiste en escoller un dos nosos libros favoritos e realizar un selfie acompañado de amigos ou familiares mostrando a portada do libro. Acompañaremos a foto dun pequeno texto explicando por que nos gusta. Enviamos plantilla para pegar nela a foto.
Os selfies podedes enviárnolos tamén ao correo da biblioteca é serán subidos ao blogue.Enderezo: bibliocastelao @gmail.com
Se non vos animades cos selfies, podedes debuxar a portada do libro e un pequeno texto explicando por que vos gusta.
Etiquetas:
día internacional do libro,
familias
07 abril 2015
Novo libro
A mamá que perdeu as cóxegas. de Clara do Roxo con ilustracións de Ana Francisco de Jorge Vázquez.
Velaquí unha historia sobre unha familia na que unha nai, experta en rir e rir e rir gozando das cóxegas, xa non o fai. Que será o que lle pasa?, por que non dorme polas noites?, que é o que lle preocupa? Como en tantas ocasións, serán os pequenos da casa os que inicien unha investigación que consiga aclarar como é que mamá perdeu as cóxegas. E, sobre todo, por que.
Unha historia pensada para nenos e nenas a partires de 10 anos.
Etiquetas:
Novidades editoriais,
Rede lectura
01 abril 2015
Novo libro

Bieito Dubidoso, o mago de Tui, xa chegara a nós nun formato dirixido aos pequenos, pero faino agora en forma de novela xuvenil para mostrarnos o horror medieval da man do bispo Xoán, dono e señor da vila con poder absoluto e malas artes. O fermoso e cruel bispo está disposto a mil estratexias para acabar cos de Bieito. Un neno e unha moza chegada do lonxano Norte, Bieito e Destreza, que maduran mentres descubren o amor e a perda das persoas queridas. Rede lectura. Asesoría Bibliotecas Escolares.
Etiquetas:
Novidades editoriais,
Rede lectura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)