15 junio 2022

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

 Esta semana os rapaces e rapazas de 2º de Primaria foron ata a Biblioteca Municipal. Alí, entre moitas outras actividades, debuxaron peixes con poemas sobre o coidado dos océanos para logo facer un mar de poemas que irán ver coas súas familias.

Aquí podedes ver un pequeno vídeo desta visita.




"I CONCURSO DE CARTEIS DO ORGHULLO" DO CONCELLO DE RIANXO

 Os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria  participaron no I Concurso de Carteis do Orghullo do Concello de Rianxo.

O cartel gañador foi o elaborado por Miguel, Sabela e Yago de 5º B.



Noraboa aos gañadores e moitas grazas a tódolos rapaces e rapazas pola vosa participación!

OBRADOIROS SOBRE EDUCACIÓN SAUDABLE

 Este ano participamos nun programa sobre Educación Saudable no marco dos Contratos Programa ofertados pola Xunta. Para axudarnos con este proxecto contamos coa colaboración do Concello de Rianxo que nos ofreceu uns obradoiros sobre Educación Saudable. Os alumnos e alumnas foron ata o Auditorio Municipal e tamén tiveron varias sesións no centro.

Aquí podedes ver algunhas destas sesións.











TRÍPTICO SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

 Aquí amosámosvos un tríptico cun resumo do que os alumnos e alumnas do Castelao aprenderon sobre Alimentación Saudable durante este curso no marco dos Contratos Programa no que participou o colexio. Tamén agradecemos ao Concello de Rianxo a súa colaboración.




14 junio 2022

Vexo, Veo Xacobeo

Este curso o alumnado de 5 anos e de 1º de primaria participou no programa da Xunta de Galicia Vexo, Veo, Xacobeo

Fixeron moitas actividades relacionadas co Camiño de Santiago unha delas unha anaco do camiño desde o Monte do Gozo ata a praza do Obradoiro. 


Vídeo do alumnado de 5 anos (20 de abril)


CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao - VEXO VEO XACOBEO 21·22 from Xunta de Galicia on Vimeo.


Vídeo do alumnado de 1º de primaria (11 de maio)


CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao - VEXO VEO XACOBEO 21·22 from Xunta de Galicia on Vimeo.


Nesta excursión conseguiron cuñar a credencial do peregrino do noso cole dúas veces. 

Conseguirían os cuños necesarios para ter a "Compostela" do CEIP ADR Castelao?

Espero que mo digan pronto e, si o conseguiron, compartir con todos esta fantástica noticia. 

Queremos agradecer ao Concello de Rianxo e, en concreto á oficina de Turismo, por imprimirnos a color tanto as credenciais como as Compostelas para estes alumnos e por toda a súa colaboración nos roteiros deste curso que incluiron anacos do camiño de "A Orixe". 

06 junio 2022

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 Como xa sabedes, o 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.

Aquí tedes unha mostra das actividades que fixeron os nenos e nenas de 2º. Nesta ocasión fixeron un debuxo baixo o lema "Unha soa Terra".






04 junio 2022

OS NOSOS PROXECTOS

 Aquí tedes unha pequena mostra dos diferentes proxectos realizados polas diversas aulas ao longo do curso.

Traballos sobre os animais vertebrados (5º  E.P.)



Traballos sobre o Medio Ambiente (4º E.P.)


Proxectos sobre o Camiño de Santiago 


Aulas de 5 anos de E.I.



Aulas de 4º de E.P.

Proxecto sobre as Abellas (aulas de 4 anos E.I.)






Proxectos sobre os volcáns (1º, 2º e 4º de E.P.)






01 junio 2022

ROTEIROS LITERARIOS POR RIANXO

 Durante este curso o alumnado do centro realizou diferentes Roteiros Literarios por Rianxo. Esta actividade foi ofertada polo Concello de Rianxo co propósito de dar a coñecer o anaco do Camiño que pasa por Rianxo e tamén a súa contorna.

Aquí tedes algunhas imaxes dos lugares que visitaron






VISITAS DE AUTORES: EVA MEJUTO

 Este luns tivemos con nós  á fantástica Eva Mejuto. Nesta ocasión estivo cos rapaces e rapazas de 6º para conversar con eles sobre o seu libro A lavandeira de San Simón.





Moitas grazas pola túa visita!






GAÑADORES DUN CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS

 Lembrades  que os nenos e nenas da clase de 5 anos A participaron nun concurso de coloreables dos Bolechas? Pois gañaron un premio. Un disco de "Os Bolechas fan unha banda"


Quedaron contentísimos co seu agasallo!